Internet

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Vista de varias rutas por Internet. Cada liña representa a ligazón de dúas direccións IP. A lonxitude das liñas é proporcional ao retraso entre eses dous nodos. Este gráfico representa menos dun 30% das redes Clase C accesibles por programas de recolleita de datos a comezos do 2005
Vista de varias rutas por Internet. Cada liña representa a ligazón de dúas direccións IP. A lonxitude das liñas é proporcional ao retraso entre eses dous nodos. Este gráfico representa menos dun 30% das redes Clase C accesibles por programas de recolleita de datos a comezos do 2005

A Internet é uha rede informática de ámbito planetario, formada con ordenadores dispostos en subredes e que posibilita o intercambio de información. É a evolución da ARPANET, que pretendía poñer en comunicación ordenadores do exército norteamericano implementado dende xaneiro de 1983 sobre o protocolo TCP/IP, e en 1984 as redes militares separáronse para formar o MILNET, o que posibilitou que aumentase o número de redes locais de axencias gobernamentais e de universidades conectadas a Internet e que se permitira o acceso á rede aos particulares, aínda que o primeiro só con fins académicos ou de investigación.

Como medio de comunicación, comezouse a xeralizar nos países desenvolvidos a comezos dos anos 90, en 1991 o Centro Europeo de Investigación Nuclear desenvolveu a World Wide Web e en 1993 creou as primeiras páxinas web e en 1995 a rede abriuse aos intereses comerciais. Nese primeiro momento, foron os propios internautas os que fixeron evolucionar Internet, a través da creación de múltiples servizos maioritariamente gratuitos. De tódolos xeitos, desde finais dos anos 90, os servizos de pago e o comercio electrónico teñen unha presenza cada vez maior.

Internet permítenos moitos servizos diferentes. Destacan:

  • FTP (descarregar/baixar e enviar documentos, servizo para crear as páxinas web, intercambiar programas de distribución libre,...)
  • Webcams (que permeten as videoconferencias, mostrar en directo rúas, eventos...)
  • Redes de igual a igual, tamén chamadas P2P ou Peer to peer (permeten o intercambio de ficheiros entre usuarios)
  • Grupos de noticias ou de discusións
Ferramentas persoais
Outras linguas