Terrassa
| Terrassa | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Barcelona |
| Comarca: | Vallès Occidental |
| Xeografía | |
| Altitude: | 277 msnm |
| Superficie: | 70,1 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 212.724 hab. |
| Densidade de poboación: | 3.034,58 hab/km² |
| Xentilicio: | Terrassenc, terrassenca Egarenc, egarenca |
| Información | |
| Código postal: | 08221-08229 |
| Alcalde: | Pere Navarro i Morera (PSC) |
| Sitio na web: | www.terrassa.cat |
Terrassa é un municipio e cidade española da provincia de Barcelona, en Cataluña. É, xunto con Sabadell, a capital da comarca do Vallès Occidental, ademais de ser a cuarta cidade en poboación de Cataluña.
Índice |
[editar] Xeografía
Terrassa sitúase aos pés da Serralada Prelitoral Catalana (Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac) a 286 metros sobre o nivel do mar e 41º33'40" latitude norte, e a 2º0'29" de lonxitude leste. A 28 km de Barcelona e 20 de Montserrat.
[editar] Historia
Os vestixios atopados indican que a zona na que se asenta Terrassa estivo habitada desde a prehistoria. En 2005, durante os traballos de soterramento dunha das liñas do ferrocarril da cidade, atopouse un xacemento con ferramentas de pedra e fósiles de animais desfefitos de entre 700000 e 900000 anos de antigüidade que o converten nun dos poucos con restos dos primeiros poboadores de Europa [Cómpre referencia].
Herdeira da antiga Ègara romana, sé episcopal no século V, conserva un importante patrimonio medieval no que destaca o conxunto monumental das igrexasx románico-visigóticas de Sant Pere, Sant Miquel e Santa Maria. Outros vestixios mediavais importantes son o castelo-cartuxa de Vallparadís (hoxe museo municipal) e a torre do Palau. No século XIX a cidade foi protagonista da revolución industrial con especial dedicación aos tecidos de la, da importancia que chegou a conseguir son froito edificios modernistas como a Masia Freixa (actual conservatorio de música), o vapor Aymerich Amat i Jover (actual museo da ciencia e a técnica), o Teatro Principal, o Mercado da Independencia, o concello, a casa museo Alegre de Sagrera, ... etc.
[editar] Demografía
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 20.360 | 39.975 | 58.880 | 138.697 | 155.360 | 171.794 | 206.245 |
[editar] Distritos e barrios
Distrito 1
- Plaça de Catalunya i Escola Industrial, Cementiri Vell, Centre, Vallparadís e Antic Poble de Sant Pere.
Distrito 2
- Montserrat, Vilardell, Torre-sana e Ca n'Anglada.
Distrito 3
- Can Parellada, Les Fonts (parte do barrio está dentro do termo municipal de Sant Quirze del Vallès), Can Jofresa, Guadalhorce i Guadiana, Can Palet II, Xúquer, Segle XX e Can Palet.
Distrito 4
- Ca n'Aurell, La Maurina, La Cogullada, Roc Blanc, Les Carbonelles e Can Palet de Vista Alegre.
Distrito 5
- Sant Pere, Pla del Bon Aire, Can Roca, Poble Nou i Zona Esportiva, Torrent d'en Pere Parres, Can Boada del Pi, Can Gonteres, Pla del Bon Aire i el Garrot.
Distrito 6
- Les Arenes, La Grípia, Can Montllor, Sant Llorenç, Sant Pere Nord, Ègara, Can Tusell.
[editar] Cidadáns ilustres
- Pere Alegre (1909-1986), músico e compositor.
- Antoni Argilés (1931-1990), xogador e adestrador de fútbol.
- Josep Maria Domènech i Fargas (1925), xeógrafo.
- Concha García Campoy (1958), periodista.
- Xavier Hernández (1980), futbolista.
- Albert Luque (1978), futbolista.
- Albert Oliver (1978), xogador de baloncesto.
- Guillem Rubio (1982), xogador de baloncesto.
[editar] Galería de imaxes
-
Homenatge a Malèvitx de Jorge Oteiza, no Parc del Nord
-
Biblioteca Universitaria da UPC
-
Sede central de Caixa Terrassa