Serra de Atapuerca
Coordenadas: 42°21′0″N 3°31′10″W / 42.35°N 3.51944°W
A Serra de Atapuerca é un pequeno conxunto montañoso da provincia de Burgos, en Castela e León, situado entre a Cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico, e que recibe o seu nome da pequena localidade e concello de Atapuerca. Cunha anchura de 5000 metros e unha lonxitude de 1300 metros, o seu punto de maior altitude está a 1085 metros sobre o nivel do mar.
A Serra de Atapuerca foi declarada Espazo de Interese Natural, Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade por mor dos sitios arqueolóxicos e paleontolóxicos que acolle no seu interior, nos que se atoparon os restos fósiles de catro especies de homínidos e dunha nova especie de oso das cavernas, así como múltiples ferramentas de pedra das culturas olduvaiense, acheulense e musteriense, correspondentes cos períodos do paleolítico inferior e paleolítico medio.