Consello Xeral do Poder Xudicial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Consello Xeral do Poder Xudicial de España, consonte o artigo 122 da Constitución Española, é o órgano de goberno dese poder do Estado, que exerce as súas competencias en todo o territorio español. A súa función principal é velar pola independencia de xuíces e maxistrados fronte ao resto dos poderes estatais.

Composición[editar | editar a fonte]

Está presidido polo Presidente do Tribunal Supremo de España e composto por vinte vocais, nomeados pola Súa Maxestade el Rei a proposta do Senado e do Congreso dos Deputados. Cada Cámara propón catro xuristas de recoñecida competencia e ademais selecciona seis Xuíces ou Maxistrados propostos en lista triple polos membros da Carreira Xudicial, en eleizóns internas.

Competencias[editar | editar a fonte]

O Consello Xeral do Poder Judicial é competente naa selección e nomeamento dos xuíces, na proposta ao Rei para o nomeamento dos Presidentes e Maxistrados de todos os Tribunais de todo o territorio estatal e, en materia administrativa, posúe atribucións de inspección e disciplinarias.

Con subordinación ao Consello Xeral do Poder Judicial, as Salas de Goberno do Tribunal Supremo, da Audiencia Nacional e dos Tribunais Superiores de Xustiza exercen funcións gubernativas e administrativas, tales como a solicitude e reparto de recursos e medios materiais e o estabelecemento de normas de reparto de asuntos, de substitución e de control das respectivas oficinas.