La Vanguardia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Vanguardia
Portada La Vanguardia num1.jpg
Primeiro número de La Vanguardia.

La Vanguardia é un diario matinal de información xeral editado en Barcelona para toda España. É publicado en dúas edicións paralelas: castelán e catalán.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Publicou a súa primeira edición o 1 de febreiro de 1881, feito que o converte nun dos xornais máis antigos de España.

Segundo os datos do estudo da Oficina de Xustificación da Difusión (OXD), entre xullo de 2007 e xuño de 2008 tivo unha tirada media de de 246.170 exemplares diarios, e unha difusión media de 205.504 exemplares diarios.

Pertence ao Grupo Godó e ideoloxicamente está considerado un xornal de centro político catalanista e monárquico. Conta con correspondentes propios nas principais cidades de todo o mundo.

No ano 2010 ten un prezo de 1,20 euros de luns a sábado, e de 2,20 euros os domingos, día en que inclúe diversos suplementos temáticos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]