Príncipe
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |
Un príncipe, que no feminino pasa a princesa, é un membro dunha aristocracia gobernante ou nobreza. Adoita ser un título asociado á realeza, sendo usado polos fillos do rei. Tipicamente, na maioría das dinastías europeas, ten o título de príncipe o fillo home e herdeiro dun monarca. Tamén é o título dalgúns soberanos, cuxos países non teñen a consideración de seren reinos. Nalgúns países é tamén un dos máis altos títulos de nobreza (aínda que adoita ser reservado para familias con sangue real). O título de príncipe tamén se usa para referirse ao esposo dunha raíña.