Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Repubblica Italiana
República Italiana
Bandeira de Italia Escudo de Italia
Bandeira Escudo
Lema: Libertà, Uguaglianza, Umanità
(Italiano: Liberdade, igualdade, humanidade)
Himno nacional: Il Canto degli Italiani
 
EU-Italy.svg
 
Capital
 • Poboación
Roma
2.865.151 (2014)
Cidade máis poboada Roma
Linguas oficiais
Italiano 1
Forma de goberno República
Giorgio Napolitano
Matteo Renzi
Unificación

17 de marzo de 1861
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 72º
301.270 km²
2,4
1.932,2 km
7.600 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 23º
60.782.668 (2014)[1]
201,7 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2014)
 • PIB per cápita
Posto 8º
$2.129.000 mill.[2]
US$ $35.512 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2014)
 • PIB per cápita
Posto 12º
US$ $2.066.000 mill.[2]
US$ $34.455 (2014)[2]
IDH n/d
Moeda Euro2 (€, EUR)
Xentilicio Italiano, italiana
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+1)
CEST (UTC+2)
Dominio de Internet .it
Prefixo telefónico +39
Prefixo radiofónico IAA-IZZ
Código ISO 380 / ITA / IT
Membro de: UE, OTAN, ONU, OCDE, OSCE, G-8

1 O francés é cooficial no Val de Aosta, e o alemán no Tirol do Sur
2 Antes de 1999, a lira italiana

Tódolos países do mundo

Italia é un país europeo, que ocupa case a totalidade da Península Itálica, máis as illas de Sardeña e Sicilia. Limitada ao norte por Suíza e Austria, ao leste por Eslovenia, o Mar Adriático (a través do cal contacta tamén con Croacia e Montenegro (antiga Iugoslavia) e con Albania) e o Mar Xónico, que a separa de Grecia, ao sur polo Mar Mediterráneo (incluíndo a Canle de Malta que separa Sicilia de Malta), polo Mar Tirreno e polo Mar de Liguria (ambos os dous separando o territorio peninsular das illas da Sicilia e Sardeña e da illa francesa de Córsega) e ao oeste por Francia. Italia inclúe tamén dous enclaves independentes: a República de San Marino e o Vaticano. A súa capital é Roma.

A fundación do moderno Estado italiano data da Unificación, completada no 1870.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Italia.

O nome Italia vén da Roma antiga. Os romanos chamaban ao sur da península italiana de Italia, que significa "terra de bois" ou "terra de pastos".

Italia influenciou bastante o desenvolvemento cultural e social de toda a Europa mediterránea, e sobre toda a cultura europea. Importantes culturas e civilizacións existiron desde tempos prehistóricos, tales como a civilización etrusca, que dominaron esta parte do mundo durante séculos, e especialmente o Imperio Romano, que estendeu os seus limites sobre a maior parte do continente europeo, o norte da África e o Oriente Medio.

Despois da caída do Imperio Romano do Occidente en 476, a provincia italiana foi gobernada por unha serie de reis bárbaros, ata o século VI, cando os Estados Papais foron creados, coa capital en Roma, baixo o comando da Igrexa Católica En 776, a Lombardía foi conquistada por Carlos Magno, que foi coroado emperador da Lombardía e do Sacro Imperio Romano Xermánico en 800, polo Papa León III.

A partir do século X, as cidades do norte da actual Italia pasaron a ficar máis independentes entre si, tornándose centros económicos e políticos importantes. Elas tornaríanse cidades-estado, ao longo da Idade Media e do Renacemento, e exercerían grande influencia sobre o panorama cultural e económico do continente europeo. San Marino é un vestixio desas cidades-estado.

A Italia tornouse unha nación unida o 17 de marzo de 1861, cando a maior parte das cidades-estado foron unidas sobre o comando do Rei Vítor Emanuel II, do Piemonte. Os arquitectos da Unificación italiana foron o Conde de Cavour, o ministro-xefe de Vitor Emanuel, e Giuseppe Garibaldi, un xeneral e heroe italiano. Roma ficaría baixo o control do Papado por máis unha década ata o 20 de setembro de 1870. O Vaticano é un país independente, un enclave totalmente cercado pola cidade de Roma, e un vestixio dos antigos Estados Papais.

O goberno ditatorial de Benito Mussolini, en 1922, culminou cunha alianza coa Alemaña e mailo Xapón, e a consecuente formación do Eixo, que levaría á derrota italiana na Segunda Guerra Mundial. O 2 de xuño de 1946, un referendo resultou na abolición da monarquía, e a instalación dunha república, que culminou coa adopción dunha nova constitución en 1 de xaneiro de 1948.

A Italia foi un membro fundador da OTAN, fundada en 4 de abril de 1949, e da Unión Europea, creada entre 1952 e 1958. En 14 de decembro de 1955, Italia tornouse un membro da Organización das Nacións Unidas. O país, desde entón, xuntouse á crecente unificación económica e política da Europa Occidental. Un exemplo disto foi a introdución do Euro como moeda oficial do país, en 1999, substituíndo a antiga Lira italiana.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Italia.

A Constitución italiana de 1948 estableceu un Parlamento bicameral, que consiste nunha Cámara dos Deputados (Camera dei Deputati) e dun Senado (Senato della Repubblica) ben como un sistema xudiciario; e un sistema executivo composto dun Consello de Ministros (Consiglio dei ministri), liderado polo primeiro-ministro (Presidente del consiglio dei ministri). O presidente da república (Presidente della Repubblica) é elixido para mandatos de 7 anos de duración polo Parlamento, xuntamente cun certo número de delegados rexionais. O presidente escolle o primeiro ministro, e este propón os outros ministros, que son aprobados polo presidente. O Consello de Ministros precisan ter apoio (Fiducia - confianza) de ambas as casas do parlamento.

Os deputados son elixidos directamente pola poboación. De acordo coa lexislación italiana de 1993, Italia ten membros únicos de cada distrito do país, para 75% dos postos no parlamento. Os outros 25% dos postos parlamentares son distribuídos regularmente. A Cámara dos Deputados posúe oficialmente 630 membros (mais, de feito, son apenas 619 despois das eleccións italianas de 2001). O Senado é composto por 315 senadores, electos polo voto popular, ben como ex-presidentes e outras persoas (non máis que cinco), indicadas polo presidente da república, de acordo con provisións constitucionais especiais. Ambas as Cámaras de deputados e o Senado son electos para un mandato de no máximo cinco anos de duración, mais poden ser disolvidas antes ao termo do mandato. As leis poden ser creadas na Cámara de deputados ou no Senado, e para seren aprobadas, precisan da maioría en ambas as Cámaras.

O sistema xudicial italiano está baseado nas leis romanas, modificadas polo Código Napoleónico e outros estatutos engadidos posteriormente. Hai tamén unha corte constitucional (Corte Costituzionale), unha innovación despois da Segunda Guerra Mundial.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Mapa de Italia.
Artigo principal: Subdivisións de Italia.

Italia está dividida en rexións, provincias e cidades. As rexións son as maiores divisións, cada rexión posúe unha capital rexional. Por exemplo: Toscana é unha rexión e a súa capital é Florencia. Cada rexión está dividida tamén en pequenas provincias, cada unha delas tamén cunha capital.

Rexións de Italia: Italia está dividida en 20 rexións. Segue abaixo (do norte ó sur) as rexións e as súas respectivas capitais:

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Italia.

A maior parte de Italia está localizada na Península Itálica, no continente europeo, e onde dous enclaves independentes están localizados: a República de San Marino e mailo Vaticano. As illas de Sicilia e Sardeña tamén fan parte de Italia.

Italia limita ao norte con Suíza e con Austria, ó leste coa Eslovenia, co Mar Adriático (a través do cal contacta tamén coa Croacia, Serbia e Montenegro (antiga Iugoslavia), Albania, e co Mar Xónico, que a separa da Grecia. Italia limita a sur co Mar Mediterráneo (incluíndo a Canle de Malta que separa a Sicilia de Malta), co Mar Tirreno e co Mar da Liguria (ambos separando o territorio peninsular das illas da Sicilia e Sardeña e da illa francesa da Córsega). Finalmente, Italia limita ao oeste coa Francia.

O terreo italiano é bastante accidentado, cos Apeninos formando o esqueleto central da península. O punto máis alto de Italia é o Mont Blanc, cos seus 4,810 metros, mais dous volcáns están máis asociados co país: o Monte Etna, na Sicilia, e o Monte Vesuvio, preto de Nápoles.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Italia.

Italia ten unha economía industrial diversificada cunha renda total e per-capita máis ou menos igual ao da Francia ou do Reino Unido. Esta economía capitalista permanece dividida entre un norte industrialmente desenvolvido, dominado por empresas privadas, e un sur agrícola e menos desenvolvido, cunha taxa de desemprego do 20%. Por comparación cos veciños da Europa Occidental, ten un grande número de Pequenas e Medias Empresas PMEs. A maior parte das materias primas necesarias á industria e máis do 75% da enerxía son importadas.

Durante a última década, Italia seguiu unha política fiscal apertada a fin de cumprir os criterios da Unión Económica e Monetaria e beneficiouse de taxas de xuros e de inflación máis baixas, levando á adhesión ao Euro desde o inicio, en 1999.

O desenvolvemento económico de Italia ten vindo a atrasarse en relación aos seus socios da UE, e o actual goberno puxo en práctica numerosas reformas de curto prazo destinadas a aumentar a competitividade e o crecemento a longo prazo da economía. A pesar diso, ten andado devagar na implementación de reformas estruturais consideradas necesarias polos economistas neoliberais, como a diminución dos impostos, a flexibilización das leis que rexen o mercado de traballo e a reforma do sistema de pensións por causa do abrandamento económico en curso e da oposición dos sindicatos.

Demografía[editar | editar a fonte]

Italia é un país altamente urbanizado. As maiores cidades do país son Roma, Milán e Nápoles, cada unha con máis dun millón de habitantes. A densidade de poboación italiana é unha das máis altas da Europa, con 197 hab./km².

Italia posúe unha taxa moi baixa de crecemento poboacional anual, unha das máis baixas do continente, unha consecuencia de menos fillos por familia. A rexión de Trentino-Alto Adige (norte)[3] posúe a maior taxa de fertilidade, por outro lado as rexións do Sul ten unha taxa de fertilidade inferior que as rexións do norte. [4]

Cerca de 98 % da poboación italiana son descendentes de italianos. Minorías inclúen alemáns que viven na rexión de Trentino-Alto Adige, e eslovenos, que viven na rexión de Trieste, ben como descendentes de franceses, que viven na rexión de Val de Aosta.

Cidades máis poboadas[editar | editar a fonte]

Listaxe Cidade Rexión Pob. Listaxe Cidade Rexión Listaxe
Roma dall'aereo.JPG
Roma
Milano Duomo 1.jpg
Milán
Napoli and Vesuvius.jpg
Nápoles
Torino-panoramadaicappuccini.jpg
Turín
1 Roma Lazio 2.722.907 11 Venecia Véneto 270.055
2 Milán Lombardia 1.294.797 12 Verona Véneto 265.795
3 Nápoles Campania 963.522 13 Mesina Sicilia 243.315
4 Turín Piemonte 909.193 14 Padua Véneto 211.632
5 Palermo Sicilia 659.623 15 Trieste Friuli-Venezia Giulia 205.466
6 Xénova Liguria 611.556 16 Taranto Puglia 194.042
7 Boloña Emilia-Romaña 374.561 17 Brescia Lombardia 190.809
8 Florencia Toscana 365.744 18 Reggio Calabria Calabria 185.602
9 Bari Puglia 320.676 19 Prato Toscana 185.193
10 Catania Sicilia 296.816 20 Parma Emilia-Romaña 182.194
Censo 2007

Deporte[editar | editar a fonte]

Italia ten unha gran tradición deportiva. En diversos deportes, tanto individuais e en equipo, Italia ten unha boa representación e moitos éxitos. O deporte máis popular é o fútbol. Baloncesto e voleibol son tamén moito populares, cunha rica tradición en ambos. Italia gañou o Mundial de Fútbol Alemaña 2006, e actualmente é a segunda selección de fútbol de maior éxito do mundo, despois do Brasil, vencendo catro Copas do Mundo. Italia tamén ten forte tradición no ciclismo, tenis, atletismo, esgrima, deportes de inverno e rugby.

Festividades[editar | editar a fonte]

Data Nome en galego Nome local Observacións
1 de xaneiro Ano novo Capodanno
6 de xaneiro Epifanía Epifania
Variable Pascua Pasqua
25 de abril Dia da Liberación Festa della Liberazione Conmemora a liberación de Italia do réxime fascista de Mussolini e do réxime nazi de Hitler.
1 de maio Día do traballador Festa del Lavoro
2 de xuño Dia da República Festa della Repubblica Conmemora a implantación da República
15 de agosto Asunción da Virxe Asunzione della B.V. Maria
1 de novembro Tódolos Santos Ognisanti
8 de decembro Inmaculada Concepción Immacolata Concezione
25 de decembro Nadal Natale
26 de decembro Santo Estevo Santo Stefano Primeiro mártir cristián

Lingua[editar | editar a fonte]

O italiano é unha lingua pertencente ao grupo das linguas romances orientais, da familia das linguas indoeuropeas. En Italia existe un grande número de dialectos, cada un dos cales, desde o punto de vista histórico, é mesmo unha lingua romance, representando unha evolución autónoma da variedade de latín falada en cada rexión. A multitude de dialectos italianos constitúe un grande, aínda que ás veces descoñecido e denigrado, patrimonio cultural.

O italiano moderno é un dialecto que conseguiu facer carreira, impóndose como lingua oficial dunha área moito máis ampla que a orixinaria. Neste caso foi o dialecto florentino, falado en Florencia, o que prevaleceu, non tanto por razóns políticas, como por prestixio cultural. O toscano, e o florentino ilustre en particular (enriquecido con préstamos do siciliano, do francés e do latín), foi a lingua na que escribiron Dante Alighieri, Francesco Petrarca e Giovanni Boccaccio, considerados tres dos mellores escritores italianos. Naturalmente, era tamén a lingua culta da cidade de Florencia, admirada pola súa prosperidade cultural ao longo dos séculos e pola súa espléndida arquitectura.

Son cooficiais co italiano, que é a lingua oficial do Estado, o alemán e o ladino na Provincia Autónoma de Bolzano e o francés na rexión do Val de Aosta. Tamén son recoñecidas e protexidas polo Estado e as relativas rexións as minorías lingüísticas, entre as que cabe destacar o esloveno, o sardo, o friulano e o francoprovenzal. Na illa de Sardeña tamén se fala un dialecto do catalán na localidade de Alghero (en catalán Alguer).

A lingua de signos italiana (en italiano Lingua dei Segni Italiana; LIS) é a lingua visual dos italiano xordos, cunha poboación de usuarios estimada entre 80 e 120.000 persoas. Italia non recoñece a lingua de signos como lingua nacional dos xordos, nin como lingua minoritaria: só na rexión do Val de Aosta foi aprobada por unanimidade o recoñecemento da lingua de signos en 2006.

Moitas linguas rexionais de Italia, veñen sendo consideradas erroneamente dialectos do italiano, sendo linguas por si propias. Particularmente nomearemos o piemontés, o lígur ou xenovés, o lombardo, o veneciano, o emiliano-romañolo, o napolitano e o siciliano.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Italia