Parc Güell
O Parc Güell, en galego Parque Güell, é un parque situado na parte superior da cidade de Barcelona, en Cataluña. É o resultado actual dunha fallida operación urbanística que tentaba crear unha cidade xardín ao estilo inglés de acordo coas tendencias do momento que procuraban o contacto coa natureza.
Índice |
Historia [editar]
O proceso iniciouse no 1899 coa compra dos terreos de Can Montaner por parte do financeiro Eusebi Güell, e un ano máis tarde coa encarga do estudo desta iniciativa a Antoni Gaudí, seguindo no 1902 coa compra dunha segunda parcela, propiedade de Ramón Coll i Pujol.
A construción do parque tivo lugar entre os anos 1901 e 1904, ocupando unha superficie dunhas 15 hectáreas de terreo aproximadamente e nun emprazamento situado entre 150 m. e 200 m. de altitude cunha topografía moi accidentada. Adquirido polo Concello de Barcelona foi convertido en parque público o 1922, declarado de interese artístico no 1969 e patrimonio mundial por parte da UNESCO o ano 1984.
Características [editar]
O parque Güell é o proxecto de zona residencial impulsado polo mecenas e grande amigo de Gaudí, Eusebi Güell. Seguindo o modelo das cidades-xardín, de moda en Gran Bretaña, constrúen os equipamentos e zonas verdes de sesenta vivendas que nunca se levaron a cabo.
En honor á paixón de Güell pola mitoloxía, Gaudí deseñou aquel contorno como unha nova Delfos grega. Así, a gran praza descuberta, destinada a ser o centro da vida social emula un teatro grego. A súa forma vén definida por unha baranda-banco que se curva en innumerables lugares e que permite, segundo a persoa, sentar na zona cóncava ou convexa, estando só ou en grupo.
Gaudí, no seu profundo respecto pola natureza, negouse a aplanar o terreo daquela leira árida e pedregosa, e someteu a súa arquitectura ós ditados da paisaxe para trazar tres quilómetros de paseos e viadutos.
A meticulosidade de Gaudí en tódolos detalles era tal que tivo en conta a acústica: os viadutos recubertos de materiais irregulares, situados xunto á zona residencial, absorberían o ruído das carruaxes; en cambio, a sala hipóstila, foco de vida social, está revestida de materiais duros, como o trencadís, onde se reflicte o son e produce un efecto de eco.
Galería de imaxes [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Localización en Google Maps
- Vista virtual en 360º presentada polo Concello de Barcelona (en castelán)
- El Parc Güell o la especificidad de Gaudí (en castelán)