Teléfono móbil

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Teléfonos móbiles de varios anos, desde finais dos 80 até os pequenos do ano 2000.

Un teléfono móbil ou simplemente móbil é un dispositivo de comunicación electrónico con iguais capacidades básicas dun teléfono de liña telefónica convencional. Ademais de ser portátil é inalámbrico ao non requirir cables condutores para a súa conexión á rede telefónica.

A maioría dos teléfonos móbiles actuais conectan coa rede usando unha tecnoloxía sen fíos da transmisión da onda de radio (a excepción de teléfonos baseados nos satélites). Estes teléfonos móbiles comunícanse por medio dunha rede celular de estacións base, que á vez enlaza coa rede de teléfono convencional. Apareceu a mediados dos anos 80 (xeración 1G). Os teléfonos móbiles anteriores que funcionaban sen unha rede celular (a denominada xeración 0G), como o MTS, datan de 1946. Ata os últimos anos 80, a maioría dos teléfonos móbiles eran tran grandes que a miúdo foron instalados permanentemente en vehículos como teléfonos do coche. Co avance da miniaturización, a gran maioría de teléfonos móbiles son de man.

Na actualidade o país cun maior número de usuarios de teléfonos móbiles é China con 539,4 millóns de usuarios[1].

Porcentaxe de utilización de móbiles no planeta.

[editar] Notas

  1. China convértese no país con máis internautas do mundo. vieiros.com (18-01-2008). Consultado o 23-07-2009.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais