Palmeiral de Elx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Palmeiral de Elx
Elche - parque municipal1.jpg
Conxunto de palmeiras no parque municipal de Elx
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 2000
País: España España
Localización: 38°16′10″N 0°41′54″W / 38.26944°N 0.69833°W / 38.26944; -0.69833Coordenadas: 38°16′10″N 0°41′54″W / 38.26944°N 0.69833°W / 38.26944; -0.69833
Rexión: Europa
Tipo: Cultural
Criterios: (ii) (v)
Descrición UNESCO: fr en

O Palmeiral de Elx (Palmerar d'Elx en valenciano), situado en Elx (Alacant), é unha gran extensión de palmeiras dentro do centro urbano da cidade. É o palmeiral máis grande de Europa, e no mundo só lle superan algúns palmeirais árabes.[1] O principal tipo de palmeira que se atopa é a chamada Phoenix dactylifera que foi levado alí polos musulmáns cando ocuparon a península Ibérica. A palmeira ou palma cotízase moi ben no mercado español e tamén nas exportacións clandestinas; é moi importante a industria datilera e a confección de palmas, que son as súas ramas levadas a un proceso especial de secado.

En 2005 detectouse que había exemplares de palmeiras infectados por larvas de picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus). Este insecto, é un escaravello, pon os seus ovos no interior da palmeira, e cando eclosionan os ovos, as larvas aliméntanse do talo da palmeira.

Orixe[editar | editar a fonte]

Mapa das hortas de palmeiras declaradas Patrimonio da Humanidade.

O Palmeiral de Elx sería creado polos primeiros habitantes musulmáns que fundaron Elx.[2] Os árabes seguiron a mesma táctica de protección e aumentaron a plantación; con Abd-al-Rahman fíxose a gran rede de acequias. Máis tarde, na Idade Media fóronse ditando unha serie de leis para protexelo e desde entón non se deixou de vixiar e coidar nunca.

O primeiro precedente de interese das autoridades pola protección do Palmeral prodúcese xa en 1265 coa conquista de Xaime I, que ao parecer evitou que fosen arrasadas ao ser asociadas como elemento identificativo da cultura islámica.

Composición[editar | editar a fonte]

A Palmeira Imperial na Horta del Cura.
Panorámica de Elx co Palmeiral en primeiro termo.

Os conxuntos máis coñecidos do Palmeiral son o Parque Municipal, a Horta d'Avall, a Horta del Cura e a Horta del Xocolater. De entre todos, os mellores e máis antigos exemplares están no chamado Horta del Cura, dentro do gran Palmeiral. O nome vénlle dado do seu propietario no ano 1918. Algúns exemplares teñen máis de 300 anos. Hai que ter en conta que a palmeira ten unha vida media de 250 a 300 anos. Estas palmeiras son da mesma especie que as de Irán. Son datileras e é en decembro cando dan o seu froito. Ademais hai algunhas outras especies tropicais.

A Palmeira Imperial[editar | editar a fonte]

No conxunto sobresae a chamada Palmeira Imperial que recibiu ese nome en homenaxe á emperatriz Isabel de Austria-Hungría, que visitou o Horto en 1894. Ten esta palmeira 7 vástagos enormes en forma de candelabro e dela dixo Sissi que era digna dun Imperio.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palmeiral de Elx