Dodro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Dodro | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio 1: | Dodrense |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia da Coruña |
| Comarca: | Sar |
| Área: | 36,1 km² |
| Entidades de poboación: | Dodro, Tallós, Laíño, S. Xoán de Laíño- |
| Capital do concello: | Tallós |
| Latitude e lonxitude: | |
| Altitude máxima: | Lomba da Poza - 567 m. |
| Altitude mínima: | m. |
| Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
| Demografía (2007) | |
| Poboación: | 3.053 hab. |
| Densidade: | 84,57 hab./km² |
| Uso do galego 3 (2001) | |
| Galegofalantes sobre o total da poboación: | 98,97 % |
| Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
| Sempre: | 96,59 % |
| Ás veces: | 1,75 % |
| Nunca: | 1,66 % |
| Política (2007) | |
| Concelleiros 4: | PPdeG 5 (988 votos - 43,28 %) BNG 3 (574 votos - 25,14 %) PSdeG-PSOE 3 (705 votos - 30,88 %) Outros: - (- %) |
| Alcalde: | Arturo Díaz Díaz (PSdeG-PSOE) |
| Eleccións municipais en: Dodro {{{eleccións}}} |
|
| Censo electoral (2007) | |
| Total electores: | 3.131 - 100 % |
| Votantes: | 2.293 - 73,24 % |
| Abstencións: | 838 - 26,76 % |
| Votos en branco: | 16 - 0,70 % |
| Votos nulos: | 10 - 0,44 % |
| Orzamentos (2007) | |
| Total ingresos: | 2.282.207,00 € |
| Total gastos: | 2.282.207,00 € |
| Enderezos | |
| Enderezo físico: | Tallós, 32 |
| Teléfono: | 981 802 062 |
| Fax: | 981 802 142 |
| Código postal: | 15.981 |
| Correo electrónico: | alcaldia@dodro.dicoruna.es |
| www.dicoruna.es/municipios/Dodro | |
|
|
|
|
Notas: |
|
Concello da Provincia da Coruña en Galicia, pertencente á Comarca do Sar.
Poboación no 2007: 3.053 habitantes segundo o INE (3.087 no 2006, 3.122 no 2005, 3.162 no 2004, 3.209 en 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Dodrense
| Evolución da poboación de: Dodro - desde 1900 ata 2004 - | ||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
| 3.181 | 3.213 | 3.262 | 3.542 | 3.162 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||
Índice |
[editar] Xeografía
Non hai núcleos poboacionais importantes, á beira da estrada C-550 atópase a maioría das casas. No interior atópanse a Lomba da Poza (monte cunha cota de 567 metros), o monte Morouzas (316 m), o monte Caldebarcas (312 m) e o monte Vilar (227 m). Todas estas cotas descenden ata o nivel do mar, protexendo toda a bisbarra e os seus importantes cultivos.
Os bois de Laíño tiveron xustificada fama e vanse exportar a diversos puntos de España e Portugal[Cómpre referencia]. Ademais destas explotacións agrícolas e ganadeiras, existe unha granxa avícola, industrias derivadas da agricultura e da pesca e unha granxa cinexética.
[editar] Patrimonio histórico
Os monumentos máis importantes do concello de Dodro son os Pazos de Lestrove e de Hermida, aínda que o seu estado de conservación non é bo. As igrexas das tres parroquias, Dodro, Xulián de Laíño e Xoán de Laíño, son de boa construción barroca do XVIII. Hai interesantes cruceiros en diversos lugares, algúns con capeliña no fuste.
- Pazo de Lestrove (onde se celebrou o pacto de Lestrove)
- Pazo de Hermida
- Pazo de Laíño
[editar] Festas e celebracións
- Festa do Carneiro
[editar] Personaxes de Dodro
- Luís Aguirre del Río (1840 - 1866), escritor e poeta, autor do primeiro dicionario galego coñecido, publicado en Madrid en 1858 baixo o título de Diccionario del dialecto gallego.
[editar] Lugares de Dodro
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Dodro vexa: Lugares de Dodro.
[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dodro | |
|---|---|
|
Dodro (Santa María) | Laíño (San Xián) | San Xoán de Laíño (San Xoán) |
[editar] Dodro na cultura popular
- Como chove miudiño,/ como miudiño chove,/ pola banda de Laíño,/ pola banda de Lestrobe.
[editar] Véxase tamén
|
Referencias relacionadas con Galicia |
||

