Provincia de Cuenca
| Capital | Cuenca |
| Área | 17.141 km² |
| Poboación | 217.716 hab. (2010) |
| Densidade | 12,70 hab./km² |
| Concellos | 238 |
| Xentilicio | Conquense |
A provincia de Cuenca é unha provincia de Castela-A Mancha, sita na súa parte oriental.
Limita polo Sur coas provincias de Albacete e Cidade Real; polo Norte con a provincia de Guadalaxara e máis a Comunidade Autónoma de Aragón; polo Leste coa Comunidade Valenciana, e polo Oeste coa provincia de Toledo e a Comunidade de Madrid.
No ano 2006 estaban censadas na provincia 208.616 persoas, nunha área de 17.061 km², repartida entre 238 municipios. Unha cuarta parte da poboación residía na capital.
Índice |
Comarcas [editar]
Municipios [editar]
Economía [editar]
Cuenca, cunha economía algo deprimida debido principalmente á emigración continuada, parece renacer agora co turismo e o progresivo coñecemento das súas excelentes paisaxes e recursos. A economía estivo tradicionalmente centrada nas actividades agrarias e forestais: cereais, vide, oliveira, azafrán, allos, garavanzos, lentellas, cultivo de fungos (Villanueva de la Jara, Altarejos, Las Pedroñeras, Los Hinojosos, Mota del Cuervo, Poboa de Almenara). A industria céntrase sobre todo no sector derivado da riqueza forestal conquense: serradoiros (Conca, Almodóvar del Pinar) e resinas (Conca, Arcos de la Sierra). Os seus mananciais de augas minerais de gran calidade, principalmente ao norte da provincia, dan lugar a unha industria embotelladora de importancia crecente (por exemplo, as augas de Beteta e de Huerta del Marquesado). Ten no seu territorio os encoros de Buendía, La Toba, Alarcón e Contreras que hoxe día están nunha situación moi deficitaria.
Os seus produtos máis característicos son os derivados cárnicos, sobremesas como o alajú, bebidas como o resolí, o viño e a augardente de Ribatajada, o queixo, o allo morado de Las Pedroñeras, os cogomelos e o champiñón da Manchuela e o mel da Alcarria.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||