Enerxía hidráulica
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Enerxías renovables |
|---|
| Biodiésel Biomasa Enerxía xeotérmica Enerxía hidráulica Enerxía solar Enerxía maremotriz Enerxía undimotriz Enerxía eólica |
A enerxía hidráulica é un tipo de enerxía obtida a partir da enerxía potencial dunha masa de auga. Esta enerxía maniféstase en estado natural nos fluxos de auga, como nos ríos e lagos e pode ser aproveitada por medio dun desnivel ou encoro. Pode ser convertida en enerxía mecánica a través de turbinas hidráulicas ou muíños de auga. As turbinas á súa vez poden ser usadas como accionamento dun mecanismo industrial, coma un compresor ou un xerador eléctrico, coa finalidade de prover enerxía eléctrica para unha rede de enerxía.
A potencia máxima que pode ser obtida a través dun desnivel pode ser calculada polo produto
.
En unidades do Sistema Internacional de Unidades (SI)
- Potencia(P): Watt(W)
- Queda(H): m
- Densidade(ρ):

- Volume(Q):

- Aceleración da gravidade(g):



