Mauregato
Mauregato ( ? — Pravia, 789) foi princeps (título similar ao de rei ou gobernante) de parte da Galicia altomedieval entre os anos 783 e 789.
Índice |
Orixe [editar]
Pola etimoloxía do seu nome, algún autores cren que era fillo bastardo do rei Afonso I e dunha muller de crenzas musulmás.
Biografía e eventos do reinado [editar]
Logo da morte do rei Silo, no 783, foi electo sucesor o aínda mozo Afonso (o futuro Afonso II), que protexía a raíña Adosinda, viúva de Silo. Mais Mauregato, apoiado por unha parte da nobreza, organizou unha forte oposición que callou no retiro de Afonso para Álava.
Mauregato tomou posesión do trono, sendo coroado novo rei. O seu enfrontamento co rei Afonso II levou a unha posterior difamación sobre el e o seu reinado:
O Adopcionismo [editar]
As fontes históricas apenas informan sobre o seu reinado. O acontecemento máis salientábel estivo constituído polas disputas orixinadas polo espallamento da doutrina adopcionista, que sostiña nesta altura o bispo de Toledo, Elipando. A ortodoxia foi defendida polo monxe Beato, residente nun mosteiro do val de Liébana, na actual Cantabria. O problema levaría á intervención do clero carolinxio, en anos posteriores xa ao reinado de Mauregato.
O tributo das cen doncelas [editar]
Segundo algunhas fontes Mauregato, vencelladas con Afonso III e tería conseguido o trono mercé o apoio que recibiu do emir do Al-Andalus, Abd ar-Rahman I, a cambio dun tributo anual, a render en Córdoba e consistente en 100 mozas. Este feito, lendario, é coñecido como o "tributo das cen doncelas"), e cuxo pago se tería conservado até o ano 844. Neste ano a suposta batalla de Clavijo, tamén lendaria, gañada polo rei Ramiro I, sobre o emir Abd ar-Rahman II, na que mesmo sería decisiva a milagreira intervención do apóstolo Santiago, liberaría o reino de tan vergonzosa carga.
Consonte as mesmas fontes (nas cales Mauregato é presentado como unha personalidade negativa), a aristocracia palatina, desconforme con este ignominioso tributo, acabaría por asasinar o monarca.
Mauregato morreu (talvez de morte natural) no ano 789, sucedéndoo Bermudo o Monxe.
Descendencia [editar]
Mauregato, no que se coñece, non tivo descendencia.
| Reino de Asturias | ||
|---|---|---|
Segue a: Silo |
Mauregato | Precede a: Vermudo I |
| Astur-Leonesa | ||
Notas [editar]
- ↑ López Carreira, A. O reino medieval de Galicia. Promoción culturais Galegas, 2005, páxina 178
Bibliografía [editar]
- Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
- Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
- Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
- Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.