Provincia de Córdoba, España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Córdoba
Provincia de Córdoba - Bandera.svg Provincia de Córdoba - Escudo.svg
Provincia Córdoba.png
Capital Córdoba
Área 13.550 km²
Poboación 803.038 hab. (2010)
Densidade 59,26 hab./km²
Concellos 75
Xentilicio Cordobés/esa

Córdoba é unha provincia española pertencente a Andalucía, sita na súa parte occidental. A súa capital é a homónima cidade de Córdoba. En 2005 tiña 784.376 habitantes. O 40 % da poboación vive na capital, sendo a densidade demográfica de 57,16 hab./km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

A provincia ocupa unha superficie de 13.769 km². Limita ao norte con Estremadura (provincia de Badaxoz) e Castela-A Mancha (provincia de Cidade Real), ao oeste coa provincia de Sevilla, ao sur coa provincia de Málaga e Granada, e ao leste coa provincia de Xaén.

O clima é mediterráneo continental con temperaturas que na capital oscilan, de media, entre os 9,2 °C en xaneiro e os 27,2 °C en xullo. Tanto neste mes como en agosto, as máximas poden superar en ocasións os 40 °C (46,6 °C o 23 de xullo de 1995, 46,2 °C o 1 de agosto de 2003). As precipitacións na capital son de 536 mm anuais, concentrándose entre outubro e abril.

Comarcas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Comarcas de Córdoba.
Comarca Superficie Poboación Densidade Concellos
Alto Guadalquivir 1.299 km² 44.127 hab. 745,1 hab/km² 8
Campiña Este - Guadajoz 725 km² 39.260 hab. 311,9 hab/km² 5
Campiña Sur Cordobesa 1.101,8 km² 104.062 hab. 120 hab/km² 11
Subbética 1.597 km² 123.651 hab. 87,48 hab/km² 14
Valle de los Pedroches km² hab. hab/km² 17
Valle del Guadiato km² hab. hab/km² 11
Vega del Guadalquivir 1.691 km² 65.554 hab. 38,76 hab/km² 8

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Córdoba, España Modificar a ligazón no Wikidata
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Provincia de Córdoba, España