Avilés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avilés
Aviles coat of arms.svg Aviles flag.svg
Situación xeográfica
Aviles Asturies map.svg
Estado: España
Comunidade autónoma: Asturias
Provincia: Asturias
Xeografía
Altitude: 0 - 139 msnm
Superficie: 26,81 km²
Poboación
Poboación total: 84.242 hab. (INE 2009)
Densidade de poboación: 3.115,14 hab/km²
Xentilicio: avilesino
Información
Código postal: 33401 - 33403
Alcalde: Pilar Varela (PSOE)
Sitio na web: www.aviles.es

Avilés é unha cidade e concello do norte de España, situada na costa do Principado de Asturias, nas marxes da Ría de Avilés, a 25 km de Xixón e 27 km de Oviedo.

Cunha poboación de 84.242 habitantes en 2009, é a terceira cidade da comunidade en poboación e forma parte do gran área metropolitana do centro de Asturias.

Foto panorámica de Avilés dende a hermida da luz

Índice

[editar] Historia

Avilés, Concello
Avilés, Praza de abastos (Hermanos Orbón)

En 1085, Alfonso VI otorgou un fuero a Avilés, onde xa existía unha poboación dende tempos romanos. O fuero de Avilés deulle categoría de vila de realego e ó longo da idade media apoiaría sempre a coroa. Avilés non foi nunca feudo nin tivo outro tribunal competente que os reais. Mantívose como unha cidade pequena cun forte carácter mariñeiro e campesiño ata a industrialización dos séculos XIX e XX.

A industrialización iniciouse no século XIX co asentamento, entre outras, da Real Compañía Asturiana de Minas no veciño municipio de Castrillón, cuxos produtos comercialízanse dende o porto de Avilés.

A partir de 1950 a industrialización fíxose máis forte. A construción dunha xigantesca empresa siderúrxica que crea miles de postos de traballo, trouxo consigo que viñeran miles de inmigrantes de toda España, producíndose un crecemento desmesurado da poboación. A terceira etapa comeza coa aparición da famosa reconversión industrial.

Hoxe en día a cidade, coa recuperación medioambiental da ría e do casco histórico, trata de recuperar a súa vocación mariñeira tradicional.

[editar] Xeografía

Avilés é un concello pequeno, supón só o 0,239% de extensión do Principado, situado no centro da costa asturiana. Linda ó norte co mar Cantábrico, ó leste con Gozón, ó sur con Corvera e ó oeste con Castrillón e Illas. As súas principais poboacións son a propia Avilés, Miranda, Heros, Caliero, Tabiella e Sablera.

No concello atópase o segundo porto comercial e o primeiro pesqueiro en importancia da rexión.

[editar] Avilesinos ilustres

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas