Tratado de Utrecht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dous tratados historicamente coñecidos como Tratados de Utrecht, ou Paz de Utrecht, foron asinados, en 1579 e 1713 na provincia máis pequena do actual Reino dos Países Baixos na súa capital homónima. Esta provincia limita coas de Holanda Meridional, Holanda Setentrional e Güeldres.

Os Tratados de Utrecht[editar | editar a fonte]

Utrecht, 23 de xaneiro de 1579[editar | editar a fonte]

Unión das sete provincias do norte dos Países Baixos coas cidades protestantes de Flandres e Brabante (Gante, Ypres, Bruxas e Antuerpen).

Os católicos crean o 6 de xaneiro a Unión de Arrás para preparar unha reconciliación con Filipe II, rei de España. Contra esta unión, os protestantes dos Países Baixos declaran á súa vez a Unión de Utrecht, grazas á iniciativa de Xoán de Nassau, fillo de Guillerme I de Oranxe; varias provincias do norte, un gran número das cidades flamengas e brabanzoas comprométense de formar un Estado federativo para resistir mellor á vontade española.

Guillerme non se adhire a esta reunión ata logo de terse forzado, durante varios meses, en reconstituír unha confederación de todos os Países Baixos, liberada de toda opinión relixiosa.

Utrecht, 11 de abril de 1713[editar | editar a fonte]

Tratado asinado entre Francia e España por unha banda e as Provincias Unidas pola outra para terminar a Guerra de sucesión española. O rei de España, Carlos II, non tendo herdeiro directo e temendo que logo da súa morte os seus Estados sexan compartidos entre as grandes potencias, fixo un testamento en favor de Filipe de Anjou, futuro Filipe V e neto de Luís XIV. Tras este acto, Inglaterra, Austria, Prusia e Hannover asinan esta Grande Alianza de 1701, esta firma abre a guerra de sucesión de España. Este conflito é o máis longo e o máis custoso do tempo; os combates desenvólvense en Italia, Alemaña, España e nos Países Baixos. Estas hostilidades cesan co Tratado de Utrecht, con Inglaterra, e coa Rastatt en 1714 co emperador Carlos VI, segundo fillo de Leopoldo I.

Francia asina en abril de 1713 con Inglaterra, Holanda, Portugal e o duque de Savoia. En canto a España, firma á súa vez o 10 de xullo con Inglaterra logo co duque de Savoia o 13 de agosto.

Estes Tratados constitúen unha das normas fundamentais do dereito europeo; vese a separación perpetua das dúas monarquías de Francia e España, sancionando importantes desprazamentos de territorio.

As disposicións do Tratado de Utrecht son as seguintes:

  • España perde todas as súas posesións europeas en Bélxica así como en Italia.
  • Os Países Baixos, o reino de Nápoles, os portos de Toscana e o ducado de Milán garanten ao emperador Carlos VI a hexemonía en Italia.
  • A Sardeña concederase ao elector de Baviera, en prezo da indemnización dos seus propios Estados.
  • A Sicilia entrégase ao duque de Savoia.
  • Holanda obtén a famosa barreira que así ardentemente buscara; Luís XIV cede coa liberdade de comercio: Menin, Tournai, o forte de Knokke, Loo, Dixmude, Ypres e as súas dependencias.
  • Francia non perde nada en Europa, contrariamente ó esperado, senón que cede a Inglaterra: Terranova, a baía de Hudson, o Acadia (Nova Escocia), San Cristobal (as Antillas) e a liberdade de comercio coa trata de negros, cuxo privilexio coñecido baixo o nome de asento volve de novo a España.
  • España entrega aos ingleses en toda soberanía a illa de Menorca; polo Artigo 10, «o rei católico Filipe V abandona a Gran Bretaña, no seu nome e en nome dos seus sucesores, a propiedade sen división da cidade e a cidadela de Xibraltar, incluídos o seu porto e as súas construcións militares».
  • Os Ingleses, que non queren permitir a reconstitución do imperio de Carlos Quinto, prefiren recoñecer a Filipe V como rei de España, especificando que as dúas coroas de Francia e España non poderán reunirse nunca máis.

Logo dos grandes desastres dos anos anteriores, esta paz é inesperada; é tamén o principio da preponderancia inglesa. España e as Provincias Unidas son as dúas grandes perdedoras. Estes Tratados deixan en suspenso, con respecto á sucesión de España, algúns litixios dubidosos que avivan a guerra entre o rei de España e o emperador Carlos VI; estes desacordos soluciónanse nos Tratados de Viena, en 1731 e 1738.

Os Tratados de Utrecht e Westfalia en 1648 permanecerían durante medio século, a carta política e territorial de Europa.