Xosé I de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Bonaparte
A súa filla Julie Clary, infante de España na compaña dos seus dous fillos Charlotte e Zénaide Bonaparte. Pintura sobre tela (1808-09) - National Gallery of Ireland, Dublín, Irlanda

Xosé Bonaparte (Corte, Córsega; 7 de xaneiro de 1768 - Florencia, 28 de xullo de 1844), irmán maior do emperador Napoleón Bonaparte de Francia e rei de Nápoles e Sicilia (1806-1808) e de España (1808-1813) como Xosé I.

Estudou leis en Pisa (Italia). En 1796 tomou parte na campaña de Napoleón en Italia. Ó ano seguinte, durante a I República francesa, actuou coma diplomático, primeiro na corte de Parma e despois en Roma. Foi membro do Consello dos Cincocentos, o órgano lexislativo inferior na época do Directorio, en 1798. Durante as Guerras Napoleónicas actuou coma enviado do seu irmán e firmou tratados con Estados Unidos, Austria, Gran Bretaña e o Vaticano. Dende 1806 ata 1808, Xosé Bonaparte gobernou o reino de Nápoles por nomeamento do seu irmán.

Reinado en España[editar | editar a fonte]

O 6 de xullo de 1808, o seu irmán nomeouno rei de España tras as abdicacións de Baiona do 5 de maio de 1808. A súa chegada a Madrid ocorreu en plena Guerra da Independencia, tras a sublevanción popular do 2 de maio contra as tropas napoleónicas.

Promulgou a Constitución de Baiona nun intento de gañarse o apoio dos ilustrados españois (os chamados afrancesados), sen lograr facer triunfar o seu programa reformista do seu goberno. O feito de que fora imposto polo invasor, así como a súas medidas liberais e ilustradas, toparon coa hostilidade popular e lle enaxenaron o apoio do pobo español, incluso de moitos dos propios ilustrados.

Derrota[editar | editar a fonte]

Xosé tivo que fuxir ante a derrota das tropas francesas na batalla de Bailén. A intervención do propio emperador Bonaparte, xunto co groso do seu exército, conseguiu que puidera establecer o seu goberno na capital.

Tras a derrota na batalla de Arapiles, o 22 de xullo de 1812, abandonou Madrid para ir ata Francia; ó seu paso por Vitoria, foi alcanzado polas tropas do duque de Wellington que derrotaron ó seu exército. Saíu de España definitivamente o 13 de xuño de 1813 sen o seu valioso "equipaxe", que consistía nas xoias da coroa española e obras de arte, para refuxiarse en Francia, onde permaneceu ata a caída de Napoleón Bonaparte.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Trasladouse entón a Estados Unidos, onde se construíu unha mansión en Point Breeze, Filadelfia, luxosamente amoblada e cuha impresionante colección de libros raros e obras de arte; residíu alí, sen a compaña da súa muller, que coidaba dos seus fillos en Europa, pero cunha amante estadounidense, co título de conde de Survilliers, entregado a obras de beficencia e a protexer ós bonapartistas emigrados por medio da Masonería ata 1841, cando recibíu autorización para instalarse en Florencia. Morreu nesa cidade en 1844 pero o seu corpo foi soterrado en París.

Reino de España

Segue a:
Carlos IV
Xosé I de España
Precede a:
Fernando VII
Bonaparte
Reino de Nápoles

Segue a:
Fernando IV
Xosé I de España
Precede a:
Xoaquín
Bonaparte