Constitución Europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Constitución Europea é un tratado internacional que pretende a creación dunha constitución para a Unión Europea. Foi asinado no 2004 por representantes dos estados membros da Unión pero estaba suxeito a ratificación por tódolos estados membros, o cal aínda non sucedeu. As súas principais direccións eran: substituír ó gran grupo de tratados existentes que forman a actual "constitución" da Unión, uniformar os dereitos humanos ó longo da Unión Europea, e racionalizar a toma de decisións no que é hoxe unha organización de 25 membros.

A Constitución Europea foi asinada polos representantes dos estados membros o 29 de outubro do 2004, e estaba en proceso de ratificación polos estados membros até que, no 2005, os votantes de Francia (29 de maio) e Holanda (1 de xuño) rexeitaron o tratado en referendo. A falta de apoio popular da constitución neses estados fixo que outros países pospoñesen ou detesen os seus procesos de ratificación, e a Constitución ten hoxe un futuro francamente incerto. Téndoo ratificado, o tratado comezaria a aplicarse o 1 de novembro do 2006. A maio do 2006, Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo e Malta retificaron o tratado constitucional.

Índice

Ratificación [editar]

Estado da ratificación nos países membros e candidatos

O Tratado da Constitución Europea (TCE) foi asinado nunha cerimonia celebrada en Roma o 29 de outubro do 2004. Antes de comezar coa súa aplicación, porén, debe ser ratificado por cada estado membro. O proceso de ratificación fíxose de diferentes formas en cada país, dependendo das súas tradicións, disposiciós constitucionais e procesos políticos. Nalgús estados membros, a aprobación do xefe de estado é tamén requirida para aprobar o TCE unha vez sexa aprobado polo parlamento ou por referendo. O Presidente de Alemaña non o ten feito aínda, debido a unha batalla legal por que o modo de ratificación non foi o referendo. O Presidente de Eslovaquia tampouco ten aprobada aínda a Constitución.

Lituania, Hungría, Eslovenia, Italia, Grecia, Eslovaquia, Austria, Alemaña, Letonia, Chipre, Malta, Bélxica e Estonia xa completaron a ratificación parlamentaria da Constitución Europea. Ademais, o Parlamento Europeo tamén aprobou o tratado (nun voto simbólico).

Dez dos 25 membros teñen anunciado a súa intención de convocar un referendo sobre a constitución. Nalgúns casos, o resultado será vinculante legalmente; noutros será consultivo (como foi o caso dos Países Baixos). Catro referendos xa tiveron lugar, resultando en España e Luxemburgo ratificada o TCE, e sendo rexeitado en Francia e os Países Baixos. Aínda que o referendo nos Países Baixos foi unicamente consultivo, o goberno neerlandés prometeu que non será ratificada.

Dende o voto francés, algúns dos membros da UE confirmaron a súa intención de abandonar ou pospor the referendo da ratificación, incluíndo o Reino Unido, onde o secretario de exteriores Jack Straw ten dito que non ten ningún sentido planear un referendo tralas decisións de Francia e Holanda [1]. Outros países continuaron cos procesos de ratificación, incluíndo Luxemburgo, que aprobou o tratado nun referendo o 10 de xullo do 2005 [2].

O 15 de setembro de 2005, o membro do Parlamento Europeo Johannes Voggenhuber do Partido Verde Austríaco e Andrew Duff de Democracia Liberal suxeriron o seguinte plano de acción:

  • Antes da fin do 2006, redactar un tratado moi reducido contendo só os puntos sobre os que non hai controversia.
  • Denantes da fin do 2009, unha nova convención constitucional debería decidir sobre unha nova constitución, prestando especial atención ó sistema social e as Política Común Exterior e Política de Seguridade.
  • Xunto ás eleccións ó Parlamento Europeo no 2009, debería ser convocado un referendo europeo sobre o Tratado Constitucional.

Esta proposta foi votada no Parlamento Europeo o 19 de xaneiro do 2006 con 385 votos a favor e 125 en contra.

Ratificación en España [editar]

Edición publicada polo Goberno Español YesVoteSpainReferendum.png Resultados

Participación: 42,33 %

  • Si: 76,72%
  • Non: 17,25%
  • En branco: 6,03%

Abstención: 57,67%


Ratificación por referendo [editar]

Estado Membro Data Resultado: % votos a favor (% votantes)
España España 20 de febreiro do 2005 Sí: 76.7% (do 42.3%)[1]
Flag of France.svg Francia 29 de maio do 2005 Non: 54.7% (do 69.3%)[2]
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 1 de xuño do 2005 Non: 61.6% (do 62.8%)
Flag of the Czech Republic.svg República Checa Cancelado Falta a ratificación do Parlamento
Flag of Luxembourg.svg Luxemburgo 10 de xullo do 2005 Sí: 56.5% (do 87.77%)
Flag of Ireland.svg República de Irlanda Posposto indefinidamente  
Flag of Denmark.svg Dinamarca Posposto indefinidamente  
Flag of Poland.svg Polonia Posposto indefinidamente  
Flag of Portugal.svg Portugal Posposto indefinidamente  
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido Posposto indefinidamente  

Aprobación parlamentaria da Constitución [editar]

Parlamento Data Resultado Asinatura do Xefe de Estado
Flag of Lithuania.svg Lituania 11 de novembro do 2004 Sí: 84 a 4[3]
Flag of Hungary.svg Hungría 20 de decembro do 2004 Sí: 322 a 12
European Union Parlamento Europeo 12 de xaneiro do 2005 Sí: 500 a 137 Non hai
Flag of Slovenia.svg Eslovenia 1 de febreiro de 2005 Sí: 79 a 4[4]
Flag of Italy.svg Italia 6 de abril de 2005 Sí: Cámara Baixa: 436 a 28.
Sí:. Cámara Outa: 217 a 16
Flag of Greece.svg Grecia 19 de abril do 2005 Sí: 268 a 17.
Flag of Slovakia.svg Eslovaquia 11 de maio de 2005 Sí: 116 a 27 Pendente
Flag of Spain.svg España 18 de maio do 2005 Sí: Cámara Baixa: 319 a 19.
Sí: Cámara Outa: 225 a 6
Flag of Austria.svg Austria 25 de maio de 2005 Sí. Cámara Baixa: 182 a 1.
Sí. Cámara Outa: 59 a 3
Flag of Germany.svg Alemaña 27 de maio de 2005 Sí: Cámara Baixa: 569 a 23.
Sí: Cámara Outa: 66 a 3.
Pendente
Flag of Latvia.svg Letonia 2 de xuño de 2005 Sí: 71 a 5[5]
Flag of Cyprus.svg Chipre 30 de xuño de 2005 Sí: 30 a 19
Flag of Malta.svg Malta 6 de xullo de 2005 Sí: 65 a 0
Flag of Luxembourg.svg Luxemburgo 25 de outubro de 2005 Sí: 57 a 1
Flag of Belgium.svg Bélxica 8 de febreiro de 2006 Sí. Cámara Baixa: 118 a 18
Sí. Cámara Outa: 54 a 9.
Sí: Parlamento Rexional de Bruselas: 69 a 10.
Sí: Parlamento da Comunidade Alemá: 21 a 2.
Sí: Parlamento Rexional de Valonia
Sí: Parlamento da Comunidade Francesa.
Sí: Parlamento Rexional Flamengo: 84 a 29.
(Tódolos gobernos rexionais tamén aprobaron o tratado, cumprindo os requisitos do proceso de ratificación belga.)
Pendente
Flag of Estonia.svg Estonia 9 de maio de 2006 Sí: 73 a 1 Pendente
Flag of Finland.svg Finlandia 12 de maio de 2006
(Expectante) 2006
Sí. Primeira Volta: 104 a 24.
Segunda Volta: Non foi aínda.
 
Flag of Sweden.svg Suecia Posposto indefinidamente  
Flag of the Czech Republic.svg República Checa Posposto indefinidamente  

Países ingresantes [editar]

Os dous países que entrarán na Unión Europea no 2007, Bulgaria e Romanía, xa aceptaron a Constitución Europea como parte do proceso de admisión.

Parlamento Data Resultado Asinatura do Xefe de Estado
Flag of Bulgaria.svg Bulgaria 11 de maio do 2005 Sí: 231 a 1
Flag of Romania.svg Romanía 17 de maio do 2005 Sí: 434 a 0

Notas [editar]

  1. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/02/21/3484312.shtml?idioma=galego O si de España anima ao resto da UE a ratificar a Constitución
  2. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/30/100000070380.shtml?idioma=galego O non francés á Constitución abre unha crise na Unión Europea
  3. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/11/11/3197855.shtml?idioma=galego Lituania, primeiro país en ratificar a Constitución europea
  4. http://www.vieiros.com/nova/40744/o-parlamento-de-eslovenia-ratifica-a-euroconstitucion O parlamento de Eslovenia ratifica a euroconstitución
  5. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/06/02/3784397.shtml?idioma=galego O Parlamento letón aproba a Carta Magna e Suecia opta por esperar a que se reúna o Consello


Unión Europea
EU Insignia.svg

Este artigo forma parte da serie:
Política e goberno
da Unión Europea


Tratados
Roma · Maastricht · Acta Única Europea
Ámsterdam · Niza · Lisboa
Institucións
Comisión

José Manuel Durão Barroso


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Unión Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Banco Central Europeo · Consello Europeo

Outros
Membros · Alongamento · Lei · Euro
Relacións internacionais · Corpos · Axencias

Outros países · Atlas
 Politica portal