Eleccións Xerais 2000 en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O 12 de marzo de 2000, os españois maiores de idade, foron chamados as urnas para renovar as Cortes, por oitava vez dende a Transición.

Nestas eleccións, o Partido Popular conseguiu a maioría absoluta dos escanos, grazas a baixada en votos do PSOE e de Esquerda Unida. José María Aznar revalida o seu cargo como Presidente do Goberno.

Respecto as eleccións de 1996, O PP gañoulle ao PSOE as provincias de Cidade Real, Cáceres, Badaxoz, Córdoba, Almería, Málaga, Cádiz e Santa Cruz de Tenerife.

  • Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foron:

Eleccións Xerais 12 de marzo de 2000

Partido Votos % Escaños Dif.
Partido Popular (PP) 10.321.178 44,52 183 +27
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 7.918.752 34,16 125 -16
Convergència i Unió (CiU) 970.421 4,19 15 -1
Esquerda Unida (IU) 1.263.043 5,45 8 -13
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 353.953 1,53 7 +2
Coalición Canaria (CC) 248.261 1,07 4 =
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 306.268 1,32 3 +1
Partido Andalucista (PA) 206.255 0,89 1 +1
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 194.715 0,84 1 =
Iniciativa per Catalunya - Verds (IC-V) 119.290 0,51 1 +1
Eusko Alkartasuna (EA) 100.742 0,43 1 =
Chunta Aragonesista (CHA) 75.356 0,33 1 +1

As eleccións en cifras[editar | editar a fonte]

Partidos maioritarios por provincias nas eleccións xerais de 2000

O 12 de marzo estaban inscritos no censo electoral 33.969.640 persoas, das cales un 68,71% votou, e un 31,29% abstívose.

  • Outras cifras:
    Votos válidos: 99,32%
    Votos nulos: 0,68%
    Votos a candidaturas: 98,42%
    Votos brancos: 1,58%

Candidatos[editar | editar a fonte]

As eleccións do 12 de marzo de 2000 tiñan como aliciente a aparición dun novo líder para o PSOE, Joaquín Almunia, e do xa anterior Presidente do Goberno José María Aznar. Joaquín Almunia, o candidato socialista, dimitiu trala derrota electoral.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]