Almería
Coordenadas: 36°50′0″N 2°28′3″W / 36.833333°N 2.4675°W
| Almería | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Almería |
||||||||
| Situación xeográfica | ||||||||
| Estado: | ||||||||
| Comunidade Autónoma: | ||||||||
| Provincia: | Almería | |||||||
| Comarca: | Comarca metropolitana de Almería | |||||||
| Xeografía | ||||||||
| Altitude: | 23 msnm | |||||||
| Superficie: | 296.21 km² | |||||||
| Poboación | ||||||||
| Poboación total: | 187,521 hab. (INE 2008) | |||||||
| Densidade de poboación: | 633,07 hab./km² | |||||||
| Xentilicio: | Almeriense Urcitano, -a |
|||||||
| Información | ||||||||
| Código postal: | 04001 - 04009 | |||||||
| Alcalde: | Luis Rogelio Rodríguez-Comendador. (PP) | |||||||
| Sitio na web: | aytoalmeria.es | |||||||
Almería é unha cidade costeira do sur de España, capital da provincia de Almería, en Andalucía. É considerada así mesmo capital da comarca metropolitana de Almería e da comarca turística denominada Costa de Almería.
A cidade sitúase no extremo sueste da Península Ibérica e está rodeada ao oeste pola serra de Gádor, ao norte pola serra Alhamilla e o leste polo val e delta do río Andarax. Ao sur atópase o Mar Mediterráneo. Con arredor de 190.000 habitantes segundo o censo de 2008, Almería é unha cidade de crecente relevancia nos ámbitos económico, cultural e deportivo, e un importante nó de comunicacións grazas ó seu porto e aeroporto internacionais.
Índice |
Historia [editar]
Fundada no 955 por Abderramán III nun emprazamento dominado anteriormente por outras urbes coma a ibera Ucri ou a romana Portus Magnus, Almería desenrolou un importante papel durante o Califato de Córdoba, chegando a ser o porto máis importante do al-Ándalus dos omeias. Alcanzou o seu máximo esplendor durante a taifa, no século XI, converténdose baixo o reinado de Almotacín nun emporio comercial e cultural. Tras a incorporación á Coroa de Castela no 1489, deciman a poboación os piratas, pragas e terremotos. A recuperación non será visible ata finais do século XIX, co rexurdir da minería e a exportación da uva de mesa, e de novo a partir dos anos 1960 do século XX, grazas á explosión da agricultura intensiva, ó turismo, a construción e o mármore.
No ano 2005 foi a sede dos XV Xogos Mediterráneos.
Patrimonio histórico [editar]
Entre o seu patrimonio histórico-artístico, cabe destacar a Alcazaba musulmá (séculos X a XV), a catedral-fortaleza (século XVI), o cargadoiro de mineral ou Cable Inglés (finais do século XIX), ou o Museo de Almería, inaugurado no 2006.
Símbolos populares [editar]
Indalo [editar]
O símbolo por excelencia de Almería e a súa provincia é o indalo, orixinalmente unha pintura rupestre neolítica descuberta na cova dos Letreros (no actual Parque Natural de Serra de María-Los Vélez) en 1868 que representa a un home cazando cun arco.
Nos anos 1940 do século XX, o Movimiento Indaliano idealizou o símbolo, querendo ver nel un home que sostiña o arco da vella. O seu nome foi dado en honor a San Indalecio e proviría en última instancia do ibero indal eccius, «mensaxeiro dos Deuses».
Trátase dun símbolo moi arraigado na sociedade almeriense e é frecuente velo por todos lados. Atopamos un, por exemplo, no escudo da Unión Deportiva Almería.[1]
O sol de Portocarrero [editar]
Outro símbolo moi unido á cidade é o erroneamente chamado sol de Portocarrero, altorrelevo que presenta un radiante sol antropomorfo rodeado de grilandas e que aparece esculpido no testeiro da capela funeraria do bispo Diego Férnandez de Villalán, na catedral de Almería. Por unha confusión histórica, é relacionado tradicionalmente este símbolo con outro bispo da diocese almeriense, Juan del Castillo y Portocarrero, do que toma nome a pesar de ser o mandato deste moi posterior.[2] O escudo da Universidade de Almería, por exemplo, está baseado neste símbolo.[3]
Patróns [editar]
A patroa da cidade é a Virxe do Mar, que celebra a súa festividade o sábado anterior ó último domingo do mes de agosto. A súa imaxe foi atopada na praia de Torregarcía, preto da capital, polo vixía da torre homónima, Andrés de Jaén, o 22 de decembro de 1502.[4] A lenda di que a imaxe, románica, puido formar parte dos restos dun barco naufragado o ser un mascarón de proa que os fieis vestiron como Virxe. Moi preto da torre construíuse a Ermida de Torregarcía en torno a cal se celebra unha romaría o segundo fin de semana de cada xaneiro.
O patrón da cidade e diocese de Almería é San Indalecio, fundador da diocese da antiga Urci no século I e un dos Sete Homes Apostólicos, primeiros evanxelizadores da Península Ibérica por encomenda de San Paulo.[5] A súa festividade se celebra o 15 de maio.
Galería de Imaxes [editar]
-
Escultura dun indalo na praza Marqués de Heredia.
Outras Almerías no mundo [editar]
Filipinas: Almería, provincia de Bilirán.
Estados Unidos: Almeria, unha comunidade no estado de Alabama.
Estados Unidos: Almeria, unha comunidade no estado de Nebrasca.
Notas [editar]
Ligazóns externas [editar]
XV Xogos do Mediterráneo, páxina oficial
|
|||||||