Provincias de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa provincial de España

A provincia é unha división territorial de España, de acordo coa Constitución española. Actualmente, en España hai 50 provincias, que, xunto coas cidades autónomas de Ceuta e Melilla e algunhas posesións insulares menores -que non están suxeitas á división provincial por depender directamente da administración central-, comprenden a totalidade do territorio español.

Índice

Historia [editar]

Precedentes: os primeiros proxectos de división provincial [editar]

Regnorum Hispaniae et Portugalliae.jpg
Mapa da división de 1822 en provincias e rexións de España.

O reformismo borbónico introduciu algúns cambios na organización político-territorial de España, como a creación das audiencias e intendencias. Con todo, seguían prevalecendo en gran parte as divisións herdadas dos Habsburgo, con territorios de extensión desigual e varios enclaves dunhas provincias noutras. Para remediar este estado de cousas, os ilustrados propuxeron unha división racional do Reino. O primeiro proxecto serio foi o elaborado entre 1799 e 1805 polo superintendente de Facenda Miguel Cayetano Soler. Con todo, as convulsións políticas dos anos en que se realizou o proxecto non permitiron a súa realización, que foi retomado polas Cortes de Cádiz pouco despois.

Durante a ocupación francesa, José Bonaparte, polo Real Decreto do 17 de abril de 1810, creou unha nova organización administrativa e territorial, calcada do modelo de departamentos franceses: consistía na división do país nunha serie de prefecturas e subprefecturas que eliminaban as divisións administrativas do Antigo Réxime. Con todo, esta nova división apenas foi operativa pois este goberno tan só controlaba unha pequena parte do territorio español e, por outra banda, Napoleón planeaba a incorporación a Francia das terras ao norte do Ebro.

Pola súa banda, as Cortes de Cádiz retomaban en 1812 os proxectos dos ilustrados: decretaron a supresión dos antigos reinos, provincias e intendencias en que se dividía España, e realizaron unha división do país en provincias, regularizada e racionalizada. Con todo, o proxecto non puido chegar a aplicarse, pois a volta a España do absolutismo da man de Fernando VII deixou sen efectos esta división provincial, ao abolir en 1814 a Constitución de Cádiz, volvéndose ao esquema político-administrativo do Antigo Réxime. Durante o Trienio Liberal (1820-1823) estableceríase de novo a división provincial ensaiada polas Cortes de Cádiz, pero sería de novo suprimida por Fernando VII ao recuperar o poder absoluto. A organización provincial definitiva sería adoptada tras a morte deste en 1833, ao asumir a Rexencia a súa esposa María Cristina de Borbón con apoio dos liberais.

División provincial de 1833 [editar]

Densidades de poboación das provincias españolas en 1857.
Densidades de poboación das provincias españolas en 2007.
Crecemento demográfico das provincias españolas durante o século XX.
Crecemento demográfico das provincias españolas entre 1981 e 2005.

A división provincial actual foi ideada en 1833 por Javier de Burgos sobre os límites dos antigos reinos hispánicos, baseándose nos ideais igualitarios e centralizadores do Novo Réxime xurdido da Revolución francesa. Estableceuse oficialmente como división provincial de España mediante Real Decreto de 30 de novembro. Esta división segue basicamente vixente, salvo pequenos reaxustes territoriais maioritariamente ocorridos nos anos inmediatamente posteriores e coa excepción do decreto-lei promulgado polo directorio de Miguel Primo de Rivera o 21 de setembro de 1927 polo que se dividen as illas Canarias nas dúas provincias actuais.

O número de provincias aumentou cando se recoñeceu como talles aos territorios que integraban a antiga África Occidental Española. En 1958 uníronse os territorios de Río de Oro e Saguia el Hamra, creándose a provincia do Sáhara Español, hoxe Sáhara Occidental. A capital da provincia era El Aaiún e utilizábase a matrícula SH. A administración da provincia foi compartida cos países veciños de Marrocos e Mauritania en 1975 polo Acordo tripartito de Madrid pero non a soberanía, a cal -segundo o Dereito Internacional- seguiría aínda en mans de España. Tamén foi provincia española outro territorio do África Occidental Española, o de Santa Cruz de la Mar Pequeña logo denominado Ifni, capital Sidi Ifni, ocupado por España no século XV, e ao que se concedeu o status de provincia en 1958, entregándose ao país veciño de Marrocos en 1969. E tamén foron dúas provincias ultramarinas desde 1959 a antiga rexión de Guinea Española. Por unha banda, a illa de Fernando Poo (actual Bioko, capital Santa Isabel, actual Malabo, e por outro a provincia de Río Muni, na zona continental, capital Bata, da que tamén dependía o veciño arquipélago de Elobey, Annobón e Corisco. En 1963 ambas as provincias unificáronse nunha, a de Guinea Española, co seu propio Estatuto de Autogoberno (Lei de autonomía de Guinea Ecuatorial de 1963), accedendo á independencia en 1968 como República de Guinea Ecuatorial.

As provincias no actual marco constitucional [editar]

A vixente Constitución española recolle a división provincial do Estado, ao establecer que este se organiza territorialmente en municipios, en provincias e nas Comunidades Autónomas que se constitúan. Todas estas entidades gozan de autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses».

Así mesmo, o artigo 141.1 da Constitución española define a provincia como a «entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de municipios e división territorial para o cumprimento das actividades do Estado».

A Constitución tamén utiliza ás provincias como base para o base do establecemento das Comunidades Autónomas. Por exemplo, o artigo 143 establece que «...as provincias limítrofes con características históricas, culturais e económicas comúns, os territorios insulares e as provincias con entidade rexional histórica poderán acceder ao seu autogoberno e constituírse en Comunidades Autónomas». Deste xeito, en España existen Comunidades Autónomas pluriprovinciais (é dicir, que comprenden varias provincias) e uniprovinciais (é dicir, que comprenden unha soa provincia).

Así mesmo, a provincia é tomada como circunscrición a efectos das eleccións xerais ao Congreso dos Deputados e o Senado.

Organización administrativa [editar]

Con carácter ordinario, o goberno e a administración autónoma de cada provincia corresponden á súa Deputación Provincial.

Con todo, existen diversos réximes distintos do ordinario:

  • As Comunidades Autónomas uniprovinciais e a Foral de Navarra asumen as competencias, medios e recursos que corresponden no réxime ordinario ás Deputacións Provinciais.
  • As Comunidades Autónomas insulares (Canarias e Baleares) gozan de Cabidos ou Consellos insulares.
  • No País Vasco, as Deputacións Forais dos territorios históricos (é dicir, as entidades nas que, á súa vez, divídese territorialmente a Comunidade Autónoma do País Vasco) asumen as competencias das Deputacións Provinciais, así como as demais que lles corresponde como órganos forais en virtude do Estatuto de Autonomía para o País Vasco.

Aspectos estatísticos [editar]

Desde 2003 e para fins estatísticos, baseadas nas normativas europeas e fixadas pola Eurostat, atópanse as unidades NUTS en vigor na Unión Europea. As 50 provincias españolas e as dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla) atópanse clasificadas nos niveis NUTS-3.

Lista das provincias [editar]

Lista alfabética das provincias, a súa capital, comunidade autónoma á que pertence e a lista dos concellos.

Provincia Capital Comunidade autónoma Concellos
Álava.svg Álava Flag of Vitoria.svg Vitoria / Gasteiz Flag of the Basque Country.svg País Vasco Lista
Bandera provincia Albacete.svg Albacete Albacete-Bandera.svg Albacete Bandera Castilla-La Mancha.svg Castela-A Mancha Lista
Alicante (provincia).svg Alacant Flag of Alicante.svg Alacant Flag of the Land of Valencia (official).svg Comunidade Valenciana Lista
Bandera provincia de almeria.gif Almería border‎ Almería Bandera de Andalucía.svg Andalucía Lista
Flag of Asturias.svg Asturias Uvieu flag.svg Oviedo Flag of Asturias.svg Principado de Asturias Lista
Bandera de la provincia de Ávila.svg Ávila Bandera de Ávila.svg Ávila Flag of Castile and León.svg Castela e León Lista
Provincia de Badajoz - Bandera.svg Badaxoz Provincia de Badajoz - Bandera.svg Badaxoz Flag of Extremadura with COA.svg Estremadura Lista
Flag of Barcelona province(official).svg Barcelona Flag of Barcelona.svg Barcelona Flag of Catalonia.svg Cataluña Lista
Bizkaikobanderea.svg Biscaia Flag of Bilbao.svg Bilbao Flag of the Basque Country.svg País Vasco Lista
Flag Burgos Province.svg Burgos Burgos-Bandera.jpg Burgos Flag of Castile and León.svg Castela e León Lista
Bandera de Cáceres.svg Cáceres Bandera de Cáceres.svg Cáceres Flag of Extremadura with COA.svg Estremadura Lista
Bandera cadiz 01.jpg Cádiz Bandera cadiz 01.jpg Cádiz Bandera de Andalucía.svg Andalucía Lista
Flag of Cantabria.svg Cantabria Santander.svg Santander Flag of Cantabria.svg Cantabria Lista
Castelló Bandera de Castelló de la Plana.png Castelló de la Plana Flag of the Land of Valencia (official).svg Comunidade Valenciana Lista
Bandera Provincial de Ciudad Real.png Cidade Real Flag of Ciudad Real.jpg Cidade Real Bandera Castilla-La Mancha.svg Castela-A Mancha Lista
Provincia de Córdoba - Bandera.svg Córdoba Flag of Córdoba, Spain.svg Córdoba Bandera de Andalucía.svg Andalucía Lista
Bandera coruña.png A Coruña Bandera coruña.png A Coruña Flag of Galicia.svg Galicia Lista
Bandera de Cuenca.png Cuenca Bandera de Cuenca.png Cuenca Bandera Castilla-La Mancha.svg Castela-A Mancha Lista
Bandera de la provincia de Granada (España).svg Granada Bandera de Granada.png Granada Bandera de Andalucía.svg Andalucía Lista
Bandera provincia de Guadalajara, Castilla-La Mancha, España.png Guadalaxara Bandera ciudad Guadalajara, Guadalajara, Castilla-La Mancha, España (original).png Guadalaxara Bandera Castilla-La Mancha.svg Castela-A Mancha Lista
Gipuzkoa flag.svg Guipúscoa Bandera de San Sebastián.svg Donostia / San Sebastián Flag of the Basque Country.svg País Vasco Lista
Flag of Province of Huelva with coat of arms.png Huelva Flag of the City of Huelva (official).PNG Huelva Bandera de Andalucía.svg Andalucía Lista
Flag of Huesca (province).svg Huesca Flag of Huesca.svg Huesca Flag of Aragon.svg Aragón Lista
Flag of the Balearic Islands.svg Illas Baleares Palma Palma de Mallorca Flag of the Balearic Islands.svg Illas Baleares Lista
Bandera de León.svg León Bandera de León (ciudad).svg León Flag of Castile and León.svg Castela e León Lista
Bandera de la provincia de Lérida.svg Lleida Flag of Lleida.svg Lleida Flag of Catalonia.svg Cataluña Lista
Flag of Province of Lugo with coat of arms.png Lugo Flag of the City of Lugo, Spain (official).PNG Lugo Flag of Galicia.svg Galicia Lista
Flag of the Community of Madrid.svg Madrid Bandera de Madrid.svg Madrid Flag of the Community of Madrid.svg Comunidade de Madrid Lista
Flag Málaga Province.svg Málaga Flag of Málaga, Spain.svg Málaga Bandera de Andalucía.svg Andalucía Lista
Flag of the Region of Murcia.svg Murcia Bandera de Murcia.svg Murcia Flag of the Region of Murcia.svg Rexión de Murcia Lista
Bandera de Navarra.svg Navarra Bandera Pamplona.svg Pamplona / Iruña Bandera de Navarra.svg Comunidade Foral de Navarra Lista
Provincia de Ourense - Bandera.svg Ourense Bandera de Ourense.svg Ourense Flag of Galicia.svg Galicia Lista
Palencia prov bandera.png Palencia Palencia.PNG Palencia Flag of Castile and León.svg Castela e León Lista
Provincia de Las Palmas - Bandera.svg As Palmas Banderalaspalmasgc.png As Palmas de Gran Canaria Flag of the Canary Islands.svg Canarias Lista
Flag of the Province of Pontevedra.PNG Pontevedra Bandera de Pontevedra.svg Pontevedra Flag of Galicia.svg Galicia Lista
Flag of La Rioja (with coat of arms).svg A Rioxa Bandera de Logroño.png Logroño Flag of La Rioja (with coat of arms).svg A Rioxa Lista
Bandera de Salamanca.svg Salamanca Bandera de Salamanca.svg Salamanca Flag of Castile and León.svg Castela e León Lista
Flag Segovia province.svg Segovia Bandera de Segovia.svg Segovia Flag of Castile and León.svg Castela e León Lista
Bandera-diputacion-sevilla.jpg Sevilla BanderaSevilla1.svg Sevilla Bandera de Andalucía.svg Andalucía Lista
Flag Soria province.svg Soria Bandera de Soria.svg Soria Flag of Castile and León.svg Castela e León Lista
Bandera actual de la provincia de Tarragona.svg Tarragona Bandera de Tarragona.svg Tarragona Flag of Catalonia.svg Cataluña Lista
Provincia de Santa Cruz de Tenerife - Bandera.svg Santa Cruz de Tenerife Banderastacruztfe.png Santa Cruz de Tenerife Flag of the Canary Islands.svg Canarias Lista
Provincia Teruel.PNG Teruel Bandera de Teruel.svg Teruel Flag of Aragon.svg Aragón Lista
Bandera Provincia de Toledo.svg Toledo Bandera de Toledo.svg Toledo Bandera Castilla-La Mancha.svg Castela-A Mancha Lista
Valencia Flag of the Land of Valencia (official).svg Valencia Flag of the Land of Valencia (official).svg Comunidade Valenciana Lista
Banderaprovvalladolid.svg Valladolid Bandera valladolid.svg Valladolid Flag of Castile and León.svg Castela e León Lista
Bandera provincia Jaén contorno hispanofrancés.svg Xaén Bandera de Jaén.svg Xaén Bandera de Andalucía.svg Andalucía Lista
Bandera de la provincia de Gerona.png Xirona Bandera de Gerona.png Xirona Flag of Catalonia.svg Cataluña Lista
Bandera de Zamora.svg Zamora Bandera de Zamora.svg Zamora Flag of Castile and León.svg Castela e León Lista
Flag of Zaragoza province (with coat of arms).svg Zaragoza Bandera de Zaragoza.svg Zaragoza Flag of Aragon.svg Aragón Lista

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]