Bruxelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bruxelas (en francés Bruxelles, en neerlandés Brussel, en alemán Brüssel) é a capital de Bélxica e funciona na práctica como capital da Unión Europea.

Bruxelas
Coat of Arms of Brussels.svg
Bandeira Escudo
Mapa
BelgiumBrussels.png
Información
País Flag of Belgium.svg Bélxica
Rexión Bruxelas-Capital
Superficie 32.61 km2
Poboación 153.659 (2007)
Densidade 4.440 h/km²
Alcalde Freddy Thielemans
Cattedrale Bruxelles.jpg
www.bruxelles.be Páxina Oficial
Concello de Bruxelas

Índice

[editar] Bruxelas na actualidade

Bruxelas é a principal cidade do concello de Bruxelas, unha dos 19 municipios que compoñen a rexión da capital de Bélxica.

A capital é unha rexión da Bélxica de seu, xuntamente con Flandres e Valonia, mais é un enclave en Flandres. A primeiros de xaneiro de 2006 a cidade tiña unha poboación de 153.659 habitantes, a rexión tiña unha poboación de 1.067.162 habitantes, nunha área de 161 km², o que lle confire unha densidade poboacional de 6.601 habitantes por km². A aglomeración urbana, que se estende para alá das fronteiras da rexión, ten preto de 1.774 mil habitantes.

[editar] Linguas

Bruxelas é unha cidade oficialmente bilingüe; unha maioría dos habitantes teñen como lingua o francés (85-90 %), e unha minoría importante ten o neerlandés (10-15%). O holandés, na súa variedade brabanzoa, é a lingua histórica de Bruxelas[1] . O francés foi durante séculos apenas falado pola alta-burguesía e a nobreza. Tornouse unha lingua popular durante o dominio de Francia, e despois de 1830, coa inmigración de moitos franceses (algúns deles revolucionarios) e moitos valóns, atraídos polas novas autoridades belgas.

[editar] Universidades

Bruxelas ten varias universidades, dúas das cales son a Université Libre de Bruxelles (ULB) e a Vrije Universiteit Brussel (VUB).

[editar] Notas

  1. Brussels Encyclopædia Britannica.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas