Cuba

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

República de Cuba
Bandeira de Cuba Escudo de Cuba
Bandeira Escudo
Lema nacional: Patria y Libertad
Himno nacional: La Bayamesa
 
 
Capital
 • Poboación
La Habana
2’201.610 hab. (2002)
Cidade máis poboada La Habana
Lingua oficial Español
Forma de goberno Estado socialista
Raúl Castro
Independencia
- Guerra hispanoamericana
- recoñecida
10 de decembre de 1898 de España
20 de maio de 1902 de Estados Unidos
1 de xaneiro de 1959 recoñecida en Cuba
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 105º
110.860 km2
desprezable
n/d km
3.735 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 71º
11.382.820 est.
103 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 86º
US$ 45.510'000.000 est.
US$ 4.000 est.
Moeda Peso cubano CUP)
Xentilicio Cubano, -a
Fuso horario
 • en verán
UTC - 5
UTC - 4
Dominio Internet .cu
Prefixo telefónico +53
Prefixo radiofónico CLA-CMZ / T4A-T4Z / COA-COZ
Código ISO 192 / CUB / CU
Membro de: ALADI, ALBA, G20, G77, NOAL, ONU
Tódolos países do mundo

Cuba é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do Mar do Caribe. Os países máis próximos son: as Bahamas a noreste; o Haití, a sureste; os EEUU, a norte; a colonia británica das Ilhas Cayman, ao sur; e a Xamaica tambén a sur. A súa capital é La Habana. Ten 100.860 km2 de superficie e tiña unha poboación duns 11.864.000 habitantes no 2002.

Índice

[editar] Historia

Ver artigo principal: Historia de Cuba.

A República de Cuba é actualmente o único estado socialista de América. No 1959, Fidel Castro liderou unha revolución contra o ditador Fulgencio Batista e dous anos máis tarde instaurou un rexime de orientación marxista e partido único. Entre o 17 e o 21 de Abril do 1961, preto de 1500 exilados cubanos recrutados, patrocinados e entrenados pola CIA dos Estados Unidos tentaron unha invasión frustrada na Baía dos Porcos.

[editar] Política

Ver artigo principal: Política de Cuba.

[editar] Provincias

Cuba está dividida en 14 provincias con 169 concellos, alén dun concello especial (a Isla de la Juventud).


Imaxe:CubaSubdivisions.png
  1. Isla de la Juventud (Illa da Xuventude)
  2. Pinar del Río
  3. La Habana
  4. Ciudad de la Habana
  5. Matanzas
  6. Cienfuegos
  7. Villa Clara
  8. Sancti Spíritus
  1. Ciego de Ávila
  2. Camagüey
  3. Las Tunas
  4. Granma
  5. Holguín
  6. Santiago de Cuba
  7. Guantánamo


[editar] Xeografía

Ver artigo principal: Xeografía de Cuba.

Cuba é un arquipélago constituído pola maior illa das Antillas chamada Cuba, a Illa da Juventud (anteriormente chamada Illa dos Piñeiros), e outros 4.195 cayos, illotes e illas adxacentes. Está situada no Mar das Antillas (ou Mar Caribe), preto da costa dos Estados Unidos e México.Os seus límites son ao norte co Estreito da Florida, ao leste co Paso dos Ventos, ao sur co Mar Caribe e o oeste co Golfo de México.

Superficie: 110.922 quilómetros cadrados.

[editar] Economía

Ver artigo principal: Economía de Cuba.

[editar] Demografía

Ver artigo principal: Demografía de Cuba.

Cuba é unha sociedade multiracial, as orixes da inmensa maioría da poboación son europeos, pois a poboación indíxena foi exterminada por mor da invasión española ou por enfermidades traidas por eles nos séculos XV e XVI.

o 65,05% da poboación é de raza branca, o resto repártese entre mestizos e afroamericáns.

Segundo o último censo do goberno cubán (2002):

  • Poboación : 11 177 743 hab.
  • Idade promedio : 35.1 años.
  • Densidade : 101.7 hab/km²
  • Maiores de 60 años: 14.7 %
  • Homes : 49.97 %
  • Mulleres : 50.03 %
  • Brancos : 65.05 %
  • Negros  : 10.08 %
  • Mulatos : 24.86 %
  • Poboación urbá : 75.9 %


[editar] Outros datos

  • A Esperanza de vida ao nacer é de 77 anos, 78,7 para as mulleres e 74,8 para os homes, sendo un dos paises de latinoamérica e do terceiro mundo con maior esperanza de vida
  • Como media, os habitantes maiores de 15 anos teñen 9'5 anos de estudo
  • Taxa de desemprego: 2,3%
  • Índice de Pobreza Humana dentro de 78 paises en desenvolvimento: 5,1%, O segundo máis baixo
  • Índice de Desenvolvimento de Xénero: Posto 21 de 104 paises analisados
  • Taxa de alfabetización adultos: 99,5%
  • Taxa de escolarización :
    • Primaria (por neno de 6 - 11) : 99,1
    • Secundaria (12 - 14) : 96,3
  • Habitantes por médico : 165


[editar] Cultura

Ver artigo principal: Cultura da Cuba.

O xornal oficial do rexime é o Granma

Escritores Cubanos


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


[editar] Tópicos diversos

Para ter unha idea concreta acerca da Cuba dos últimos anos, pola voz de que nela viveu ata ao exilio, ver o libro "Antes que anochezca", de Reinaldo Arenas. Existe tamén a versión cinematográfica "Before night falls" (dirixido por Julian Schnabel, con Javier Bardem no principal papel).

Eliseo Alberto no seu libro <<Dos Cubalibres "Nadie ama más a Cuba que yo">>, apresenta unha Cuba a través dos grandes nomes da cultura cubana e latinoamericana (músicos, cantores, pintores, escritores, etc.).


[editar] Bibliografía

ARENAS, Reinaldo (1992), Antes que Anochezca, State of Reinaldo Arenas e Tusquets Editores, ISBN 972-41-1295-0

ALBERTO, Eliseo (2004), Dos Cubalibres "Nadie quiere más a Cuba que yo", Ediciones Península e Atalaya, ISBN 84-8307-626-8


[editar] Ligazóns externas


Países do mundo | Caribe
Antiga e Barbuda - Bahamas - Barbados - Cuba - Dominica - Rep. Dominicana - Granada - Haití - Saint Kitts e Nevis - San Vicente e Granadinas - Santa Lucía - Trinidade e Tobago - Xamaica
Países con estatus especial no Caribe

Aruba (Holanda) | Antillas Holandesas (posesións de Holanda)
Guadalupe - Martinica (posesións de Francia)
Anguila - Illas Virxes Británicas (posesións de Reino Unido)
Illas Virxes Americanas - Porto Rico (posesións de Estados Unidos)

Ferramentas persoais
Outras linguas