Cabo de Gata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°43′19″N 2°11′35″W / 36.72189°N 2.19297°W / 36.72189; -2.19297

Faro e panorámica do Cabo de Gata

O cabo de Gata é un cabo localizado no sur da península Ibérica, fronte ao mar Mediterráneo, pertencente ao municipio de Níjar, na provincia de Almería, Andalucía. O cabo e a súa zona de proximidade forman parte do Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Ptolomeo refírese ao cabo de Gata coma Charidemou Acra, que significa "o que o vento levou á beira do mar".

Con posterioridade, Aviano, na súa Ora maritima refírese a el como Iugum Veneris (Cabo de Venus), en referencia á deusa de orixe tartésica que os romanos identificaron con Afrodita. Para venerala levantaron un templo no Cerro da Testa.

A abundancia de ágatas no terreo, que dera lugar ao nome fenicio, fixo retomalo durante a Idade Media, sendo coñecido como Cabo das Ágatas. Por contracción fonética, acabou impoñéndose o que é empregado na actualidade.

Outra posibilidade que se baralla é que o término veña dunha palabra latina adoptada polos árabes. De "capita" (lido esdrúxulo), pasaría en árabe a "qabta" por síncope do "i", o que sería actualmente un pleonasmo: o cabo de "Cabo" traducido.

Faro[editar | editar a fonte]

En 1863 foi construído o faro do cabo de Gata, de 18 metros de altura, con escintileos cada 30 segundos a máis de 50 metros sobre o nivel do mar, onde se pode observar desde 30 millas de distancia. No século XX acompañouse coa casa do faro e outras instalacións arredor.

Este faro foi construído sobre o castelo de san Francisco de Paula (1738), que máis tarde foi desartillado pola guerra da independencia de España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabo de Gata