Francos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia de Francia
Adhémar de Monteil à Antioche.jpeg

Antigüidade

Idade Media

Época moderna

Época contemporánea

Véxase tamén:

Cronoloxía de Francia

Os francos aparecen nos inicios do primeiro milenio nas fontes latinas. O termo designa probabelmente unha liga ou confederación de pobos xermánicos instalados na ribeira dereita do Rin inferior, alén das fronteiras do Imperio Romano, e que non se sometían ao Imperio ou a outro pobo máis importante.[1] O latín francus, franci tende a probar que se chamaban así posto que frank significa "libre" en lingua xermánica. Dado que a raíz frank non pertence á lingua germánica primitiva, pénsase tamén que podería derivar de frei-rancken (libere vacantes) que significa viaxeiros libres.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Os pobos francos entraban a miúdo en competencia cos alamáns (germ. Alle Männer, todos os homes), outro grupo de tribos xermánicas estabelecidas máis ao sur na marxe dereita do Rin.

A lingua ou variedades lingüísticas orixinalmente faladas polos francos encóntranse vinculadas ao grupo etnolingüístico indoeuropeo, rama xermana occidental (como os anglos, os frisóns e os Saxóns) distinta do grupo xermano oriental, ao cal pertencen, sobre todo, os godos. O fráncico constitúe o resultado moderno destas falas francas. Considérase a miúdo un dialecto do alemán falado en parte de Lorena (Francia), Luxemburgo, Bélxica xermanófona (Eupen) e a Alemaña renana.

No século III, os francos participan na grande invasión de 256-257, ao lado doutros pobos xermánicos que entran no Imperio romano para practicaren a pillaxe. Posteriormente participaron en numerosas incursións . Con todo, o século IV constitúe para Roma un período de recuperación. Cara ao final do Imperio, entre os séculos IV e V, os francos colaboran co exército romano na defensa das fronteiras, daquela en gran parte non romanizadas, loitando contra outras tribos inimigas de Roma.


Os merovinxios[editar | editar a fonte]

Dinastía Merovinxia
Rei de todos os francos
Reis de Neustria
Reis de Austrasia
Faramundo 420-428
Clodión 428-448
Meroveo 448-457
Khilderico I 457-481
Clodoveo I 481 - 511
  Khildeberto I 511-558
  Clotario I 511-561
  Clodomiro 511-524
  Teodorico I 511-534
    Teodeberto I 534-548
    Teodebaldo 548-555
Clotario I 558-561
  Cariberto I 561-567
  Khilperico I 561-584
    Clotario II 584-629
  Gontrán 561-592
    Khildeberto II 592-595
    Teodorico II 595-613
    Sixeberto II 613
  Sixeberto I 561-575
    Khildeberto II 575-595
    Teodeberto II 595-612
    Teodorico II 612-613
    Sixeberto II 613
Clotario II 613-629
  Dagoberto I 623-629
Dagoberto I 629-639
  Cariberto II 629-632
    Khilperico de Aquitania 632
  Clodoveo II 639-658
    Clotario III 658-673
    Teodorico III 673
    Khilderico II 673-675
    Teodorico III 675-691
  Sixeberto III 634-656
     Khildeberto III      656-661
    Clotario III 661-662
     Khilderico II 662-675
     Clodoveo III 675-676
     Dagoberto II 676-679
Teodorico III 679-691
Clodoveo IV 691-695
Khildeberto III 695-711
Dagoberto III 711-715
  Khilperico II 715-721
  Clotario IV 717-718
Khilperico II 718-721
Teodorico IV 721-737
Khilderico III 743-751

Entre as tribos francas que entran cedo ao servizo do Imperio encóntrase a dos salios. O seu antepasado lendario, Meroveo, un personaxe case divino segundo os ritos xermánicos, é para eles a principal fonte de lexitimidade do poder real.

No entanto, no século V, o seu rei tamén se converte en procónsul da Galia, é dicir, un soberano xermánico provisto de insignias romanas e que se fai chamar xeneral. Os francos estabelécense entón no que se denominará Neustria e as súas funcións militares confírenlles un poder importante neses tempos avoltos.

Probabelmente en 481, Clodoveo (xerm. Hlodowecus, que dá máis tarde os nomes Ludovic ou Ludwig en Alemaña e Louis en Francia) convértese en rei dos francos en Tournai. Pero para consolidar o seu poder na Galia romana precisa máis que o poder divino que lle confire a mitoloxía tribal xermánica, especialmente para se impor perante os bispos, os patricios e a poboación galorromana, maioritariamente cristiá e latinófona.

Instalado en Soissons tras a vitoria definitiva sobre o xeneral galorromano Siagrio, Clodoveo segue os consellos da súa muller, Clotilde, convertida ao catolicismo, e do bispo de Reims. A historiografía clásica di que durante unha batalla importante contra os alamáns, a batalla de Tolbiac, Clodoveo promete converterse á relixión cristiá católica se sae victorioso. Ao gañar cumpre a súa palabra e recibe o bautismo en 496 ou 498 en Reims, xunto cos seus 3000 guerreiros. Como consecuencia, o cristianismo difúndense entre un pobo franco que continuaba sendo maioritariamente pagán.

Despois dunha serie de vitorias sobre os seus rivais, en particular, sobre os burgundios, Clodoveo érguese pois como un duns primeiros reis xermanos de Occidente en adoptar a relixión cristiá dominante, a de Roma, á diferenza dos visigodos, longobardos e alamáns, que eran arianos.

Coa súa conversión, Clodoveo gaña o apoio das elites galorromanas e consegue fundar unha dinastía duradeira (a cal toma o nome do seu ascendente xermánico): os merovinxios.

Estabelecidos en Neustria, os merovinxios reinan na Galia até mediados do século VIII. Os seus soberanos máis coñecidos son Dagoberto I e a raíña Brunehaut. Hai que sinalar que nesta época, como baixo a dinastía carolinxia que virá despois, non se fala de Francia, senón de Reino dos Francos (Regnum Francorum) xa que os reis xermanos, de feito, non reinan sobre un territorio, senón sobre os seus súbditos. O reino franco viviu varias segregacións e distribucións, dado que os francos dividían a propiedade entre os fillos superviventes, e a falta dun amplo sentido da res publica, concibían o reino como unha propiedade privada de grandes dimensións. Esta práctica explica en parte a dificultade de describir con precisión tanto as datas como as fronteiras xeográficas de calquera dos reinos francos, así como de determinar quen gobernaba en cada unha das rexións. O baixo nivel de alfabetización durante a hexemonía dos francos agrava o problema, xa que se conservan moi poucos documentos escritos. De todos os xeitos, podemos dicir que basicamente se distinguían dous dinastías de líderes que se sucederon respectivamente: en primeiro lugar os merovinxios e despois os carolinxios.

Os primeiros francos[editar | editar a fonte]

Estatua de Carlomagno (tamén chamado Karl der Große, "Carlos o grande") en Frankfurt, Alemaña.

Non se sabe moito dous inicios da historia dos francos. O cronista galorromano Gregorio de Tours, autor da Historia Francorum (‘Historia dos francos’) que cobre o período que chega ata o ano 594, é a nosa fonte principal. Nela cita á súa vez como fontes a Sulpicio Alexandre e a Frixerido (os cales seríannos descoñecidos de non ser por el), ademais de aproveitar a súa propia relación persoal con moitos francos insignes. Aparte da Historia de Gregorio, existen ademais outras fontes romanas anteriores, como Amiano Marcelino e Sidonio Apolinar.

Os estudosos modernos dedicados ao período das migracións suxeriron que o pobo franco podería xurdir da unificación de grupos pobos xermánicos anteriores máis pequenos (Usipetes, Tenchteri, Sugambri e Bructeri), que habitaban o val do Rin e os territorios situados inmediatamente ao leste. Esta unión podería estar relacionada co aumento do caos e as insurreccións acontecidas na zona como resultado da guerra entre Roma e os marcomanni, que comezara no ano 166; así como os conflitos derivados desta durante a segunda metade do século II e o século III. Pola súa banda, Gregorio afirma que os francos viviron orixinalmente en Panonia, pero que máis tarde se asentaron ás beiras do Rin. Existe unha rexión ao nordeste da actual Holanda (ao norte do que unha vez foi a fronteira romana) que leva o nome de Salland, e podería recibir ese nome dos salios.

Cara ao ano 250, un grupo de francos, aproveitándose da debilidade do Imperio Romano, chegou ata Tarragona (en Hispania), ocupando esta rexión durante unha década antes de que as forzas romanas os dobregasen e expulsasen de territorio romano. Uns corenta anos despois, os francos tomaron o control da rexión de Scheldt, interferindo nas rutas marítimas de Bretaña. Os romanos pacificaron a rexión, pero non expulsaron aos francos.

As etnias da liga dos francos[editar | editar a fonte]

Os pobos que constituían a liga dos francos comprendían probabelmente os Chamavi, os Chatti, os Ansibarii ou Ampsivarii, os Bructeri, os Quadi, os francos salios (establecidos preto do río Sale e das bocas do Yssel), os Cherusci, os Angrivarii, os Hattuarii (quizais son os mesmos cós Chasuarii), os Tubantes, os Tenchteri ou Tencteri, os Usipetes, os Sugambri ou Sicambri e os Chauci ou Chauchi, establecidos ao nordeste dos frisios, normalmente máis relacionados cos saxóns que cos francos.

O Imperio Franco[editar | editar a fonte]

Fundación[editar | editar a fonte]

Entre os anos 355 e 358, o emperador Xuliano volveu atoparse coas vías fluviais do Rin baixo o control dos francos, e unha vez máis volveu a pacificalos. Roma concedeulles unha parte considerábel da Galia Bélxica, momento a partir do cal pasaron a ser foederati do Imperio Romano. Aínda hoxe séguense falando en Flandres (Bélxica) e Holanda o holandés, unha lingua de orixe xermánica. Deste xeito, os francos convertéronse no primeiro pobo xermánico que se asentou de xeito permanente dentro de territorio romano[3].

Desde a súa rexión, os francos conquistaron gradualmente a maior parte da Galia romana ao norte do Loira e ao leste da Aquitania visigoda. Nun principio, axudaron a defender as fronteiras en calidade de aliados. Por exemplo, cando unha invasión levada a cabo no seu maior parte por tribos xermánicas orientais cruzou o Rin no ano 406, os francos loitaron contra estes invasores. Esta invasión avanzou principalmente cara aos territorios ao sur do río Loira (na rexión de Paris, o control romano perdurou ata o ano 486, unha década despois da caída dos emperadores de Rávena, en parte grazas ás alianzas cos francos.)

Os merovinxios[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Merovinxios.

O que nos chegou sobre os reinos dos primeiros xefes francos, Faramundo (aproximadamente entre 419 e 427) e Clodio (aproximadamente entre 427 e 447, parece ter máis de mito que de realidade, e a súa relación coa dinastía dos merovinxios permanece pouco clara.

Gregorio menciona a Clodión (Chlodio) como o primeiro rei que iniciou a conquista da Galia ao tomar Camaracum (actual Cambrai) e expandir a fronteira ata o río Somme. Isto probabelmente levou o seu tempo; Sidonio relata como Aecio tomou aos francos por sorpresa, facéndoos retroceder (probabelmente ao redor de 431). Este período marca o inicio dunha situación que se prolongaría durante séculos: os francos xermánicos convertéronse en soberanos dun número cada vez maior de súbditos galorromanos.

En 451, Aecio pediu axuda aos seus aliados xermánicos en chan romano para repeler unha invasión dos hunos. Mentres que os francos salios o apoiaron, os renanos loitaron en ambos bandos, dado que moitos deles vivían fóra do Imperio. As fontes de Gregorio identifican sen demasiada seguridade a Meroveo (Merovech) como o rei dos francos e posíbel fillo de Clodión. Meroveo foi sucedido no trono por Khilderico I, en cuxa tumba, descuberta en 1653, se atopou un anel que o identificaba como rei dos francos.

Clodoveo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Clodoveo I.

Clodoveo I, fillo de Khilderico I comezou unha campaña militar coa intención de consolidar os varios reinos francos na Galia e Renania, dentro da cal se enmarca a derrota de Siagrio en 486. Esta vitoria supuxo o fin do control romano na rexión de París.

Na Batalla de Vouillé (507), Clodoveo, coa axuda dos burgundios, derrotou aos visigodos, expandindo o seu reino ao leste, ata os Pireneos.

A conversión de Clodoveo ao cristianismo, tralo seu matrimonio coa princesa católica burgundia Clotilde en 493, puido axudar a achegalo ao Papa e a outros soberanos cristiáns ortodoxos. A conversión de Clodoveo supuxo a conversión do resto de francos. Ao profesar a mesma fe que os seus veciños católicos, os recentemente cristianizados francos atoparon moito máis facilmente a aceptación por parte da poboación local galorromana que os arios, os visigodos, os vándalos ou os burgundios. Desta forma, os merovinxios deron lugar á que co tempo sería a dinastía de reis máis estábel de Occidente.

Esta estabilidade, con todo, non se estendía á vida cotiá durante a era merovinxia. Aínda que en tempos dos romanos existía un certo grao de violencia (sobre todo na etapa final), a introdución da práctica xermánica de recorrer á violencia para liquidar disputas e conflitos legais levou a un certo grao de anarquía. Isto afectou ao comercio, que se chegou a ver interrompido ocasionalmente, dificultando de xeito crecente a vida cotiá, o que desembocou nunha progresiva fragmentación e localización da sociedade en vilas. A alfabetización, aparte das igrexas e mosteiros, era practicamente nula.

Os soberanos merovinxios, seguindo a tradición xermánica, tiñan o costume de dividir as súas terras entre os seus fillos. Isto resultaba nunha constante división, reunificación e nova división dos territorios, o cal á súa vez desembocaba no asasinato e a guerra entre as principais familias. Así que, aínda que Clodoveo expulsou aos visigodos da Galia, ao morrer en 511, os seus catro fillos repartíronse o seu reino, e durante os seguintes dous séculos os seus descendentes compartiron a coroa.

O área franca se expandiu aínda máis baixo o reinado dos fillos de Clodoveo, chegando a cubrir a maior parte da actual Francia, pero incluíndo tamén zonas ao leste do río Rin, tales como Alamannia (o actual suroeste de Alemaña) e Turinxia (desde 531). Saxonia, en cambio, permaneceu fóra das fronteiras francas ata ser conquistada por Carlomagno séculos máis tarde.

Tras unha reunificación temporal dos reinos separados baixo o reinado de Clotario I, os territorios francos volveron dividirse en 561 en Neustria, Austrasia e Borgoña, que foran anexionadas polos francos por medio de matrimonios e invasións.

En cada reino franco, o mordomo de palacio exercía as funcións de xefe de estado. Unha serie de mortes prematuras que comezaron coa de Dagoberto I en 639 desembocaron nunha sucesión de reis menores de idade. A comezos do século VIII, isto permitira aos maiores austrasios consolidar o poder da súa propia liñaxe, o cal levou á fundación dunha nova dinastía: os carolinxios.

Os Carolinxios[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Carolinxios e Imperio Carolinxio.
Dinastía Carolinxia
Pipínidas
Arnúlfidas
Carolinxios
Despois do Tratado de Verdún (843)


Tradicionalmente considérase que o reinado carolinxio comeza coa deposición do último rei merovinxio, co consentimento do Papa, e a ascensión ao poder en 751 de Pipino o Breve, pai de Carlomagno. Pipino sucedera ao seu pai, Carlos Martel, como maior de palacio dun reino franco reunido e reconstruído a partir das partes anteriormente independentes.

Pipino reinou como rei electo. Aínda que este tipo de eleccións eran pouco frecuentes, había unha regra xeral na lei xermánica que establecía que o rei se apoiaba nos seus homes principais. Estes homes reservábanse o dereito de elixir a un novo líder digno de reinar de entre os membros do clan dominante, no caso de que considerasen que o vello rei non puidese conducilos a batalla vitoriosa. Mentres que no que máis tarde sería Francia o reinado pasou a ser hereditario, os reis do tardío Sacro Imperio Romano Xermánico non foron capaces de abolir a tradición da elección, e continuaron sendo rexedores electos ata a desaparición do Imperio en 1806.

Pipino consolidou a súa posición en 754 ao fraguar unha alianza co papa Estevo III, quen obsequiou ao rei dos francos unha copia da ‘’Doazón de Constantino’’ en París, e o unxiu a el e á súa familia nunha maxestosa cerimonia en Saint-Denis, declarándoo patricius Romanorum (protector dos romanos). O ano seguinte Pipino cumpriu a promesa feita ao Papa e recuperou o exarcado de Rávena, recentemente perdido ante os longobardos, entregándollo ao Papa no canto de llo devolver ao emperador bizantino. Pipino entregou tamén os territorios reconquistados nos arredores de Roma, dando pé á creación dos Estados Pontificios na ‘’Doazón de Pipino’’, que deixou na tumba de San Pedro. O pontífice tiña boas razóns para esperar da reconstruída monarquía franca que proporcionase unha base de poder leal (potestas) na creación dunha nova orde mundial, centrado na figura do Papa.

Carlomagno[editar | editar a fonte]

Trala morte de Pipino no 768, os seus fillos Carlos e Carlomán volveron repartirse o reino entre eles. De todos os xeitos, Carlomán retirouse a un mosteiro e morreu pouco tempo despois, deixando ao seu irmán como único rei. Este pasaría máis tarde a ser coñecido como Carlomagno, en francés Charlemagne e en alemán Karl der Große; un personaxe poderoso, intelixente e relativamente culto, que se convertería nunha lenda para a historia posterior tanto de Francia como de Alemaña. Carlomagno restableceu un equilibrio de poder entre o Emperador e o Papa.

A partir do ano 772, Carlos conquistou e derrotou aos saxóns para incorporar o seu reino ao Imperio Franco. Esta campaña sumouse á práctica de líderes cristiáns non romanos que provocaban a conversión dos seus veciños pola forza. Os misioneiros católicos francos, xunto a outros de Irlanda e da Inglaterra anglosaxoa, penetraran en territorio saxón desde mediados do século VIII, resultando nun aumento dos enfrontamentos cos saxóns, que se resistían aos empeños misioneiros acompañados de incursións militares. O principal opoñente saxón de Carlos, Widukind, aceptou ser bautizado no 785, como parte duns acordos de paz, pero outros líderes saxóns continuaron coa loita. Trala súa vitoria no 787 en Verdún, Carlos ordenou a matanza masiva de miles de prisioneiros saxóns pagáns. Tras varios levantamentos máis, os saxóns sufriron a derrota definitiva no 804. Isto expandiu o Imperio Franco cara ao leste, ata o río Elba, algo que o Imperio Romano só intentou unha vez, e no que fallou na batalla do bosque de Teutoburgo (9). Para poder cristianizar con máis efectividade aos saxóns, Carlos fundou varias dioceses, entre as que se contan as de Bremen, Münster, Paderborn e Osnabrück.

Ao mesmo tempo, (773-774), Carlos conquistou os longobardos, incluíndo deste xeito o norte de Italia na súa esfera de influencia. Renovou o donativo ao Vaticano e a promesa ao papado de continuar a protección por parte dos francos.

No 788, Tasilón, dux (duque) de Baviera, rebelouse contra Carlos. Tras esmagar a revolta, Carlos incorporou Baviera ao seu reino. Ademais de expandir os horizontes dos seus dominios, reduciu de xeito drástico o poder e a influencia dos Axilolfingas (a familia de Tasilón), outra das familias influentes de entre os francos e os seus potenciais rivais. Ata o 796, Carlos continuou expandindo o seu reino aínda máis cara ao sueste, ata a actual Austria e a partes de Croacia.

Lista de reis francos salios[editar | editar a fonte]

dinastía Merovinxia


(división do reino)
SOISSONS REIMS ORLÉANS PARIS
Clotario I (511-558) Teodorico I (511-534) Clodomiro (511-524) Khildeberto I (511-558)
Teodeberto I (534-548) Clodoaldo (524) -->SOISSONS
Teodebaldo (548-555) -->SOISSONS
-->SOISSONS

(regnum francorum)


(división do reino)
Neustria (SOISSONS) Austrasia (METZ) Borgoña (ORLÉANS) PARIS
Khilperico I (561-584) Sixeberto I (561-575) Gontrán (561-592) Cariberto I (561-567)
Clotario II (584-612) Khildeberto II (575-595) -->Austrasia -->Neustria
Teodeberto II (595-612) Teodorico II (595-613)
-->Borgoña Sixeberto II (613)
-->Neustria

(regnum francorum)


(división do reino)
Neustria Austrasia Aquitania
Dagoberto I (629-639) Dagoberto I (629-634) Cariberto II (629-632)
Clodoveo II (639-656) Sixeberto III (634-656)

(regnum francorum)


(división do reino)
Neustria Austrasia
Clotario III (657-673) Khilderico II (657-673)

(regnum francorum)


(división do reino)
Neustria Austrasia
Teodorico III (675-679) Clodoveo III (675)
Dagoberto II (675-679)

(regnum francorum)

O mordomo de palacio Pipino (III) "o Breve" foi coroado rei e fundará a dinastía carolinxia.

Lista de Reis francos ripuarios[editar | editar a fonte]

Desde ese momento os francos ripuarios e os salios quedan baixo o mesmo rei, Clodoveo I dos Salios.

Os carolinxios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Dinastía Carolinxia.
Europa no ano 870.

A partir do final do século VII, nunha época marcada por loitas sanguentas entre os francos de Neustria (no oeste romance) e de Austrasia (no leste germanófono), os últimos merovinxios exercen só un papel de soberanos nominais ou rituais. O poder esfarélase progresivamente e pasa ás mans dos aristócratas rurais. A influencia da cultura latina vai esmorecendo durante os dous séculos anteriores. Ademais, unha crise económica sen precedentes afecta ao conxunto do Occidente antigo: débese, en particular, á clausura de moitas vías comerciais co mundo mediterráneo debido ás conquistas árabes.

Neste contexto comeza a ascensión dunha nova familia. Entre os verdadeiros detentores do poder, os funcionarios de palacio en Austrasia toman o control de facto do conxunto do Reino dos Francos, antes de expulsaren publicamente o último merovinxio e formaren a súa propia dinastía: trátase dos pipínidas, posteriormente coñecidos baixo o nome de carolinxios. Preocupado de lexitimar o seu golpe de estado, os pipínidas vinculan as súas orixes a Francus, un troiano lendario, vinculado de súa vez con Roma.

O poder dos carolinxios sinala a entrada real na Idade Media: a Galia desaparece das fontes e convértese, xunto coa Xermania, en Francia, mentres que o centro do poder se desloca para ao leste, das antigas cidades episcopais para os ámbitos rurais dos condes carolinxios. Paradoxalmente, ao mesmo tempo, os literatos, conscientes da desaparición da cultura grecolatina, tentan facela rexurdir: é o Renacemento carolinxio. Carlomagno, o segundo pipínida, coróase el mesmo en Roma como Emperador dos francos e dos romanos no ano 800. Pero estas tentativas de restaurar o Imperio de Occidente fracasan finalmente. Mediante o Tratado de Verdún (843), os netos de Carlomagno dividen entre eles o imperio e poñen fin ao gran Reino dos Francos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Michel Rouche, Clovis, Ediciones Fayard, 1996, p. 75.
  2. Cellarius, Notitias orbis antiqui, Leipzig, 2 volúmenes, 1701, in Schwarz, Remarques sur l'ancienne géographie de Cellarius (Comentarios sobre a antiga xeografía de Cellarius).
  3. [Mapa