Gallaecia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Historia de Galiza
Prehistoria
O Megalitismo
Idade de Bronce
Idade Antiga
Cultura Castrexa
Gallaecia
Reino Suevo
Idade Media
Reino da Galiza
A Época altomedieval
A Galicia feudal
Idade Moderna
Idade Contemporánea
O Século XIX
A Restauración
Século XX
A Segunda República
A época franquista
Presente

A Gallaecia foi unha provincia romana do Noroeste da Península Ibérica que abranguía o que hoxe é a comunidade autónoma de Galicia, o Norte de Portugal e as provincias españolas de Asturias, León e Zamora. A súa capital estaba en Bracara Augusta (Braga).

Índice

[editar] Orixe

Os romanos déronlle o nome de Gallaecia ao noroeste da Península Ibérica polos callaeci, que constituían unha amálgama de pobos máis ou menos celtizados que vivían entre o Douro e o Miño, que os romanos coñecen pola primeira vez coa chegada de Décimo Xunio Bruto ao norte do Douro no 139 a.C.

Os salvaxes celtas da Gallaecia fan a súa entrada na historia escrita no século I d.C na épica Púnica de Silio Itálico sobre a Primeira Guerra Púnica dun xeito que aínda hoxe nos é familiar, dous mil anos despois:

Fibrarum et pennae diuinarumque sagacem / flammarum misit dives Callaecia pubem, / barbara nunc patriis ululantem carmina linguis, / nunc pedis alterno percussa verbere terra, / ad numerum resonas gaudentem plaudere caetras —Libro III. 344-347

"A rica Gallaecia envía a súa xuventude, coñecedora da adiviñación polas entrañas das bestas, polo voo das aves e polas chamas divinas, a cal ou ben berraba bárbaros cánticos nas súas linguas patrias ou ben, tras golpearen a terra con golpes alternos de pé, se aledaba en bater ritmicamente os sonoros escudos".


[editar] Límites e divisións

División eclesiástica de Galicia. Obsérvase que os límites dalgúns bispados coinciden grandemente cos antigos conventi romanos. Ademais moitos dos actuais arciprestados fan referencia a entidades étnicas prerromanas como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos
División eclesiástica de Galicia. Obsérvase que os límites dalgúns bispados coinciden grandemente cos antigos conventi romanos. Ademais moitos dos actuais arciprestados fan referencia a entidades étnicas prerromanas como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos

.

Gallaecia, desde a reforma de Diocleciano, dividíase nos seguintes conventos:

[editar] Historia

Os Callaeci ("kallaikoi" en grego) enfróntanse ás forzas romanas no 137 a.C. nunha batalla no río Douro, que resulta unha derrota para eles e Décimo Xunio Bruto volta vencedor, e recibe do Senado o título de Callaecus. Decimo Xuño Bruto non pretendeu ocupar a zona sur da Galiza para conseguir riquezas, senón que levou a cabo unha expedición de castigo contra este pobo, que se dedicaba a realizar incursions bélicas e de saqueo na área lusitana.

Partiu do Portus Cale, que se corresponde co actual Porto. As súas lexións avanzaron pola costa co apoio da frota e ocuparon unha serie de castros costeiros. Estableceu unha guarnición no lugar da actual Valença e despois internouse cara a Braga. Após dunha batalla vitoriosa avanzou cara o Limia e ocupou a cidade de Lambrica, para cruzar posteriormente o rio Miño.

Estas campañas non tiveron unha grande importancia e limitáronse a unha zona xeográfica moi concreta: o sur da Gallaecia, con especial incidencia na zona costeira.

O mesmo xuízo histórico merecen unha serie de expedicions posteriores coma as de P. Craso do 96- 94 a. C. ou a de Xulio César no 62 a. C. na que, movido polo seu desexo de obter riquezas, chegaria cunha expedición até Brigantium

Límites da Gallaecia trala división de Diocleciano no 298.
Límites da Gallaecia trala división de Diocleciano no 298.

Pero a conquista definitiva do noroeste da península non se realizará ata o emperador Augusto entre o 26 e o 19 a.C. no contexto das guerras cántabras
Ao primeiro, Augusto inclúe o territorio da actual Galicia na Lusitania, pero xa no 13 a.C. pasa á Hispania Citerior. O mesmo Augusto, reforma a división provinciaa de Hispania no 27 a.C, asignando a Gallaecia á provincia Tarraconense. Con Caracalla quizais formou parte, xa con Asturias e Cantabria, da Hispania Nova Citerior Antoniana, (214), pero non foi ata a reforma de Diocleciano -quen dividiu Hispania no 298 en sete provincias- que se constitúa a Provincia da Gallaecia.

Durante a época Flavia prodúcense unha serie de decisións que tiveron un profundo calado político. A concesión do Ius Latii trouxo consigo un profundo cambio tanto no ámbito urbano, co incremento da poboación nos núcleos urbanos xa existentes e a creación de novos, como no rural. Isto traería consigo un aumento xeralizado da riqueza da poboación, que na práctica na Gallaecia non se ten constatado a través dos achádegos arqueolóxicos. O retraso económico sería maior no convento Lucense que no Bracarense se comparamos estos territorios cos máis desenvolvidos da Península Ibérica e agravóuse máis cos Antoninos.

Deste xeito, hoxe en día, non se pode falar para Gallaecia da existencia dunha economía baseada no uso cotidiano da moeda. Gallaecia vivíu fundamentalmente sobre a base dunha economía natural baseada no troco, ata mediados do século III e, máis claramente, ata o século IV.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Balboa Salgado, Antonio (1996), Gallaecia nas fontes clásicas, Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-512-0.
  • García Fernández-Albalat, Blanca (1990), Guerra y religión en la Gallaecia y la Lusitania antiguas, Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-475-8. (en castelán)
  • Tranoy, A. (1981), La Galice Romaine. Recherches sur le nord-ouest de la péninsule ibérique dans l’Antiquité, Paris, Diffusion de Boccard. ISBN.

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais