Provincia de Alacant
| Capital | Alacant |
| Área | 5.816 km² |
| Poboación | 1.926.285 hab. (2010) |
| Densidade | 329,61 hab./km² |
| Concellos | 141 |
| Xentilicio | Alacantino/a |
A provincia de Alacant (Alicante en castelán) é a máis meridional da Comunidade Valenciana. Limita ao norte coa provincia de València, ao sur coa Rexión de Murcia, ao oeste con Murcia e a provincia de Albacete (Castela - A Mancha), e ao leste co mar Mediterráneo. A súa capital é a cidade homónima de Alacant.
A súa área abrangue 5.863 km², cunha poboación de 1.632.349 habitantes (2003).
As cidades da provincia que superan os 50.000 habitantes son Alacant (305.911 hab.), Elx (207.163 hab.), Torrevella (77.943 hab.) - dita Torrevieja en castelán -, Orihuela (67.731 hab.) - en castelán Orihuela -, Benidorm (64.267 hab.), Alcoi (60.036 hab.) e Elda (54.086 hab.).
Índice |
Xeografía física [editar]
Orografía [editar]
A provincia posúe un relevo bastante montañoso e accidentado, salvo algúns vales fluviais do sur. As súas montañas son unha prolongación do sistema Bético, conformando varios cordais paralelos, dirixidos de suroeste a norleste, entre os que se encontran as serras de Mariola, da Carrasqueta, de Crevillent, de Salines, do Maigmó, do Cid ou de Bernia. O cume provincial é o pico de Aitana, na serra homónima, con 1.558 m de altitude, ao que lle segue o Puig Campana, con 1.406 m, e o Montcabrer, na serra de Mariola, con 1.389 m.
As zonas planas corresponden, sobre todo, á zona Sur-Sueste, onde conflúen as zonas baixas de dous vales, o do río Segura e o do río Vinalopó, posibilitando unha zona de veiga e hortas.
Hidrografía [editar]
A provincia de Alacant tan só conta cun curso de auga saliente, o río Segura, que flúe nos seus últimos 36 km polo Sur da provincia, na comarca da Vega Baixa ou Baix Segura. O río autóctono máis importante é o Vinalopó, que atravesa Elda e Elx. Outros cursos dignos de sinalar son, de Norte a Sur, os ríos Serpis, Girona, Gorgos, Algar, Amadorio, Monnegre e a Rambla de les Ovelles.
Comarcas [editar]
As comarcas nas que se divide a provincia son:
- El Comtat, 26.319 habitantes, capital: Cocentaina. Sita entre as serras de Mariola e Aitana, predomina nela a indústria téxtil e a agricultura de secaño.
- Alcoià, con dúas subcomarcas claramente diferenciadas:
- Valls d'Alcoi, 67.853 habitantes, capital: Alcoi. Destaca pola agricultura de secaño (oliveiras) e a indústria téxtil.
- A Foia de Castalla, 39.380 habitantes, capital: Castalla, pero a cidade máis poboada é Ibi. Destaca na industria do xoguete.
- La Marina Alta, 166.786 habitantes, capital: Dénia. É a comarca máis chuviosa e está dedica ao turismo.
- La Marina Baixa, 154.939 habitantes, capital: La Vila Joiosa. Cidade máis poboada: Benidorm. Eminentemente turística, sobreasae polas súas praias e o seu interior montañoso. Ten unha subcomarca moi pintoresca: Vall de Guadalest.
- O Alt Vinalopó, 50.870 habitantes, capital Villena. Agricultura de regadío e industria de calzados.
- O Vinalopó Mitjà, 158.932 habitantes, capital Elda. Industria de calzado, do mármore e outras. Viños e acios para mesa.
- O Baix Vinalopó, 255.676 habitantes, capital: Elx. Agricultura de regadío e máis industria do calzado. Na costa turismo.
- O Alacantí, 420.561 habitantes, capital: Alacant. Comarca de servizos e turística, fortemente urbanizada.
- O Baix Segura (tamén coñecida como Vega Baixa), 291.033 habitantes, capital: Orihuela, pero a cidade máis poboada é Torrevella. Agricultura de regadío (hortalizas e cítricos), con turismo en todo o territorio.
A faixa costeira (Dénia, Xàbia, Calp, Benidorm, La Vila Joiosa, Alacant, Santa Pola, Torrevella) forman a chamada Costa Blanca. Nesta zona destaca a área metropolitana de Alacant-Elx, que con 725.395 habitantes é a 8ª maior aglomeración española.
Ligazóns externas [editar]
- Deputación Provincial de Alicant
- Datos e cifras da provincia de Alicant Unidad de Documentación da Deputación de Alicant
- A provincia de Alicant no Rexistro de Entidades Locais da Generalidad Valenciana
|
|||||||