Cuenca, España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuenca, España
Escudo de Cuenca.svg Bandera de Cuenca.png
Situación xeográfica
Cuenca, Spain location.png
Estado: España España
Comunidade Autónoma: Castela-A Mancha Castela-A Mancha
Provincia: Cuenca
Comarca: Serranía Media
Xeografía
Altitude: 686 msnm
Superficie: 911,06 km²
Poboación
Poboación total: 56.189 hab. (2010)
Densidade de poboación: 61,67 hab./km²
Xentilicio: conquense
Información
Código postal: 16000
Alcalde: Francisco Javier Pulido (PP)
Sitio na web: www.cuenca.es


Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cuenca.
Panorámica de Cuenca, ponte de San Pablo, Casas Colgadas e Catedral.

Cuenca é unha cidade de España, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É a capital da provincia de Cuenca e está situada na confluencia dos ríos Xúcar e Huécar, que forman profundos cañóns. En 2008 a súa poboación era de 54.600 habitantes, sendo a sexta cidade de Castela-A Mancha.


Índice

[editar] Xeografía

[editar] Localización

A cidade divídese en dúas zonas ben diferenciadas: a cidade antiga, situada sobre un cerro rochoso bordeado polas fouces do río Xúcar ao Norte e o seu afluente o río Huécar ao sur, desembocando este último no primeiro na parte baixa da cidade antiga, pouco antes do chamado Ponte de San Antón. Ao Oeste e Sur da cidade antiga, e separada polo río Huécar, esténdese a cidade nova en dirección Norte-Sur. A altitude da cidade oscila entre os 920 metros da cidade nova e os pouco máis de 1.000 da parte máis alta da cidade antiga.

[editar] Climatoloxía

Climograma de Cuenca

O clima de Cuenca é mediterráneo continental, con temperaturas frías no inverno e suaves no verán, cunha importante oscilación térmica diaria durante todo o ano, máis acusada nos meses de máis calor. As precipitacións son máis abundantes que na súa contorna debida á orografía montañosa da Serranía de Cuenca, polo que se superan os 500 mm. presentando un mínimo de choivas nos meses de verán.

Observatorio de Cuenca[1]
1971?2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec TOTAL
Temp. máxima (°C) 9,4 11,4 14,2 15,7 20,1 25,9 30,7 30,3 25,5 18,6 13,1 10,0 18,8
Temp. mínima (°C) -0,7 0,2 1,7 3,9 7,6 11,7 14,7 14,8 11,3 6,8 2,7 0,7 6,3
Precipitacións (mm) 45 41 32 56 60 44 15 17 37 53 49 58 507

As marcas de temperatura rexistrados no Observatorio de Cuenca son os 39,6° do 30 de xullo de 1981 e os -17,8° do 3 de xaneiro de 1971.

[editar] Historia

Non se coñece con precisión a orixe histórica da cidade. No século IX d.C., existía unha fortaleza árabe, denominada Conca, e dependente do emirato de Valencia, xa na época dos reinos taifas, e que, posteriormente pasou ao poder do rei sevillano Al-Maramit. Logo caíu dentro do dominio almorábide. Foi tomada por Afonso VIII en 1177. Foi Afonso X « o Sabio » quen concedeu o título de cidade a Cuenca.

Durante a Guerra de Independencia española foi asediada e saqueda polas tropas francesas; sorte que tamén correu durante a Terceira Guerra Carlista en 1874.

[editar] Lugares de interese

Catedral de Cuenca

A parte amurallada de Cuenca foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Cabe destacar entre os monumentos desta cidade:

Entre os varios edificios relixiosos pódense salientar: o Seminario - a igrexa de San Pedro - ruínas da Igrexa de San Pantaleón - ruínas do castelo co Arco de Bezudo - Convento de San Pablo, hoxe Parador nacional - igrexa de Santa Cruz - igrexa de San Felipe Neri - igrexa de San Andrés - igrexa do Salvador - igrexa de San Antón - igrexa de San Nicolás.

[editar] Festas

  • Festas de San Mateo, do 18 ao 21 de setembro (declarada de interese turístico rexional). Son as festas que rememoran a conquista de Cuenca por Afonso VIII de Castela. Nestes días as penas enchen as rúas de casco antigo da cidade de colorido, música e a tradicional "zurra", unha bebida feita a base de viño, froitas e outros segredos. Tamén corren vaquillas na Praza Maior.
  • Semana Santa de Cuenca[2][3], declarada de Interese Turístico Internacional.
  • Feira e festas de San Xián, a finais de agosto.

[editar] Cidades irmás

[editar] Notas

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas