Senado de España
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Senado é a cámara de representación territorial. Componse de 259 senadores, distribuídos da seguinte maneira:
- 4 senadores por cada unha das 47 provincias peninsulares.
- 3 senadores por Gran Canaria, Mallorca e Tenerife (cada unha).
- 2 senadores por Ceuta e Melilla (cada unha).
- 1 senador por Ibiza-Formentera, Menorca, Fuerteventura, La Gomera, El Hierro, Lanzarote e La Palma (cada unha).
- Cada Comunidade Autónoma designa un senador e outro máis por cada millón de habitantes residentes no seu territorio.
O Senado é elixido por catro anos.
Entre as súas funcións está:
- Integración territorial:
-
- Autorización de acordos entre Comunidades Autónomas.
- Toma de medidas para forzar ás Comunidades Autónomas a cumprir a legalidade.
- Control do Fondo de Compensación Interterritorial.
- Lexislativa.
- Control e impulso político.
- Control da política exterior.
Índice |
[editar] Composición
Eleccións celebradas o: 14 de marzo de 2004
A Lexislatura comezou o: 13 de abril de 2004
Distribución de Senadores:
- Grupo Parlamentario Popular en el Senado: 126 senadores:
- Grupo Parlamentario Socialista: 96 senadores:
-
- Partido Socialista Obrero Español (PSOE): 90 senadores.
- Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezquerra (PSE-EE): 4 senadores.
- Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE (PSdeG-PSOE): 2 senadores.
- Grupo Parlamentario Entesa Catalana de Progrés: 16 senadores:
- Grupo Parlamentario de Senadores Nacionalistas Vascos: 7 senadores:
-
- Eusko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV): 7 senadores.
- Grupo Parlamentario Catalán en el Senado de Convergencia i Unió: 6 senadores:
- Grupo Parlamentario de Senadores de Coalición Canaria: 4 senadores:
- Grupo Parlamentario Mixto: 4 senadores:
[editar] Mesa do Senado 2011-2015
- Presidente: Pío García Escudero (PP)
- Vicepresidente 1º: Juan José Lucas (PP)
- Vicepresidente 2º: Yolanda Vicente (PSOE)
- Secretario 1º: Ramón Rabanera (PP)
- Secretario 2º: Matías Conde (PP)
- Secretario 3º: Carmen Alborch (PSOE)
- Secretario 4º: Manuel Plana (CiU)
- Secretario Xeral - Letrado Maior: Manuel Cavero Gómez

[editar] Véxase tamén
Composición do Senado de España