Provincia das Palmas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia das Palmas
Provincia de Las Palmas
Provincia de Las Palmas - Bandera.svg Provincia de Las Palmas - Escudo.svg
Provincia Las Palmas.png
Capital As Palmas de Gran Canaria
Área 4.066 km²
Poboación 1.083.502 hab. (2010)
Densidade 263,16 hab./km²
Concellos 34

As Palmas (en castelán, Las Palmas) é unha provincia española das dúas que forman a comunidade autónoma das Illas Canarias, e está formada polas illas de Gran Canaria, Fuerteventura e Lanzarote, así como por unha serie de seis illas menores (Alegranza, La Graciosa, Montaña Clara, Lobos, Roque del Este e Roque del Oeste), que son as illas máis orientais do arquipélago, e que suman unha área de 4.066 km². Conta cunha poboación de 1.083.502 habitantes (2010), sendo a 13ª provincia española en número de habitantes e a primeira de Canarias.

A súa capital é a cidade das Palmas de Gran Canaria, sita na illa de Gran Canaria, que é tamén a capital das Canarias xunto con Santa Cruz de Tenerife.

A provincia xurdiu en 1927 coa separación desta provincia coa ata entón única provincia do arquipélago, a Provincia de Canarias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia das Palmas Modificar a ligazón no Wikidata