Carbón

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


O carbón é unha rocha sedimentaria de cór negra ou marrón, con grande contido de carbono. É utilizada en diversos procesos industriais, destacando a produción de enerxía, procesos siderúrxicos e a industria química. A formación de carbón procede da acumulación de materia orgánica eminentemente vexetal durante millóns de anos. En España as minas de carbón son moi abundantes en Asturias, norte de Palencia, O Bierzo, Teruel, Andalucía e Galicia.

Índice

[editar] Tipos de carbón

Tradicionalmente distínguense catro tipos de carbón, en función do seu contido mineral: - turba: 60% de carbono. - lignito: 70% de carbono. - hulla: 80 a 85% (o máis apreciado en minaría). - antracita: 90% ou máis de carbono.

[editar] Minas galegas

Explotación de lignito polo método alemán (con rotopala)

En Galicia explotáronse dous grandes depósitos de lignito pardo en Meirama (Limeisa) e As Pontes, polo método alemán (adaptado as condición dos xacementos) nunhas explotacións que foron punteiras entre as minas a ceo aberto de carbón, pero que hoxe están en fase de peche e restauración. Na Limia tamén se localizou un depósito de lignito de certa entidade, similar aos anteriormente mencionados, pero nos se estimou rendíbel a súa explotación.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns

Ferramentas persoais