Ovella
| Ovella | ||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
| Especie | ||||||||||||||||
| Ovis aries |
Unha ovella é un ruminante ungulado cuadrúpede laúdo, femia da especie Ovis aries. O macho desta especie chámase carneiro e xeralmente presenta cornos longos e en espiral (nalgunhas razas a femia tamén os posúe). Orixinouse a partir da domesticación do muflón en Oriente Próximo 9.000 anos antes de Cristo.
Existen máis de 800 tipos de ovellas no mundo, en hábitats tan diversos como desertos e altas montañas.
O grupo de ovellas chámase rabaño e o cercado onde se meten chámase curro, zarrado ou mallada.
Índice |
[editar] Descrición
As femias xeralmente teñen unha soa cría (año), aínda que poden chegar a parir até tres, despois dun período de xestación que dura 150 días.
[editar] Aproveitamento
A súa carne e leite aprovéitanse como alimento. Co leite poden elaborarse derivados lácteos, entre os que sobresae o queixo. Coa súa la elabóranse distintos produtos, especialmente roupa. O coiro é outro subproduto amplamente utilizado.
A produción de carne de ovino en Galicia ascendeu a 624 toneladas en 2004 (Consellería de Medio Rural, 2004).
Canto ó consumo de carne, mentres que a nivel nacional era de 2,36 kg por habitante e ano, en 2008, en Galicia era de 2,06 kg, fronte a un consumo total de carne de 50,58 e 52,56 kg por habitante e ano, respectivamente [1]. Cómpre advertir que as estatísticas oficiais non discriminan o consumo de carne de ovino do de caprino pero, a efectos comparativos, lémbrese que en 2004 a produción de carne desta segunda especie foi de 117 toneladas fronte ás 624 toneladas da primeira.
[editar] A gandería
Segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño [1], o censo do gando ovino en España vai descendendo lenta pero progresivamente desde cifras ó redor dos 24 millóns de cabezas en 1990 ata os 19.952.282 en 2008. Castela e León, con 4.145.751 cabezas, e Estremadura, con 4.107.161, son as comunidades com maior censo de gando ovino, mentres que Galicia contaba cun censo de 265.152 cabezas, distribuídas como segue:
| Provincia | Número de cabezas |
|---|---|
| A Coruña | 41.031 |
| Lugo | 74.667 |
| Ourense | 108.704 |
| Pontevedra | 40.750 |
[editar] A ovella na cultura popular galega
- Artigo principal: A ovella na cultura popular galega.
[editar] Cantigueiro
- Meu siñor Santo Tomé,/ sodes un santo moi bo,/ pois sodes can polo to/ e carneiro polo me.
- Miña nai ten tres ovellas/ todas tres mas ha de dar,/ unha cega, outra coxa,/ outra xa non pode andar.
- Nós dacá e vós dalá,/ somos tantos coma vós;/ nós comémo-lo carneiro/ e os cornos son para vós.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de ovellas de Galicia.
[editar] Notas
- ↑ Anuario de estadística 2008, 859-860.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Bibliografía
- Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño: Anuario de estadística 2008.
- Consellería do Medio Rural: Anuario de Estatística Agraria 2004.