Adolfo Suárez
| Adolfo Suárez González | |
![]() |
|
|
73.er Presidente do Goberno de España 2.º da Transición (1975-1977) 1.er período da Constitución de 1978 |
|
|---|---|
| 3 de xullo de 1976 – 25 de febreiro de 1981 | |
| Monarca | Juan Carlos I |
| Precedido por | Carlos Arias Navarro |
| Sucedido por | Leopoldo Calvo-Sotelo |
|
|
|
| 11 de decembro de 1975 – 3 de xullo de 1976 | |
| Precedido por | José Solís Ruiz |
| Sucedido por | Ignacio García López |
|
|
|
| 28 de outubro de 1982 – 26 de maio de 1991 | |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 25 de setembro de 1932 (80 anos) Cabreros (Ávila) |
| Partido | FET de las JONS, UCD e CDS |
| Cónxuxe | Amparo Illana Elórtegui |
| Profesión | Avogado, político |
Adolfo Suárez González, nado en Ávila o 25 de setembro de 1932, foi presidente do Goberno español entre 1976 e 1981. No ano 1981 o Rei concedeulle o título de Duque de Suárez.
Traxectoria [editar]
Doutor en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, desempeñou diversos cargos na ditadura franquista axudado por Fernando Herrero Tejedor, que foi o seu protector. Desta forma, en 1958, pasa a formar parte da "Secretaría Xeral do Movemento" ascendendo, en 1961, a Xefe do Gabinete Técnico do Vicesecretario Xeral, procurador das Cortes por Ávila en 1967 e gobernador civil de Segovia en 1968. En 1969 é designado Director Xeral de Radio-Televisión Española, permanecendo no cargo até 1973.
O 11 de decembro de 1975, é nomeado Secretario Xeral do Movemento no primeiro goberno de Carlos Arias Navarro.
Cando en xullo de 1976 o Rei Xoán Carlos I lle encagou a formación de goberno, Suárez era un descoñecido para a maioría do pobo. Para comezar a desmantelación franquista, confeccionou un grupo de políticos de diferentes ideoloxías: falanxistas "conversos", socialdemócratas, liberais, democristiáns, etc. Nesta tarefa contou coa axuda de Torcuato Fernández Miranda, que logrou a autoliquidación das Cortes franquistas e sacar adiante a Lei de Reforma Política.
O 15 de xuño de 1977, por primeira vez en España dende 1936, celebráronse eleccións xerais libres. Nestas, Adolfo Suárez resultaba vencedor, á fronte dun grupo de partidos de centrodereita baixo o nome de UCD (Unión de Centro Democrático). As Cortes saídas desas eleccións, aprobaron a Consitución de 1978 que sairía a referndo popular o 6 de decembro.
O 3 de marzo de 1979, Suárez gañaba por segunda vez unhas eleccións xerais, e iniciaba o seu terceiro mandato. Esta etepa estivo chea de dificultades políticas, sociais e económicas, que o levaron a presentar a súa dimisión o 29 de xaneiro de 1981. Na mensaxe ao país dixo:
Yo no quiero que el sistema democrático de convivencia sea, una vez más, un peréntesis en la Hisotria de España
Pouco despois de dimitir creou con outros ex dirixentes da UCD o partido Centro Demorático y Social (CDS), co que se presentou as eleccións do 28 de outubro de 1982, sendo elixido deputado por Madrid. Revalidou o escano nas eleccións seguintes até que en 1991 dimitiu como dirixente do CDS.
En 1996 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias da Concordia pola súa importante contribución á transición española e á democracia, da que se lle considera o grande artífice.
O fillo de Adolfo Suárez, Adolfo, fixo público nun programa de Televisión Española que o ex-presidente sufría Alzheimer dende facía anos, polo que nin se lembraba de que fora Presidente do Goberno e que non coñecía a ninguén.
| Predecesor: Ninguén |
Presidente de España 1976 - 1981 |
Sucesor: Leopoldo Calvo Sotelo |
