Judo
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Judo en (xaponés: 柔道) é unha arte marcial, un deporte e unha filosofía con orixe no Xapón. O judo evoluiu a partir do Jujitsu e foi fundado por Jigoro Kano (嘉納治五郎) en 1882. A pesar de ser unha arte marcial completa, o judo tamén se practica como deporte oficial dos Xogos Olímpicos dende 1964 na competición masculina e 1992 na feminina. No occidente, o aspecto deportivo do judo é probabelmente o máis difundido.
Homes e mulleres combaten separadamente (a pesar de moitas veces treinaren xuntos), e os atletas son divididos por clases de idade e categoría de peso, incluíndo unha clase libre en que todos os pesos poden participar.
O Judo é practicado sobre esteiras especiais chamadas tatamis que poden ser de palla de arroz cubertas por lona de algodón ou poden ser sintéticas fabricadas a partir de polímeros de borracha. Os practicantes (judocas) visten un equipamento de algodón branco, composto por casaco, calza e unha cinto. A cor do cinto indica a graduación do judoca.
Nunha competición de judo, dous judocas enfróntanse sopre o tapete, encanto un árbitro xulga o combate, sendo os pontos e as penalidades dos atletas rexistradas nun placar. O ippon é o "KO" do judo. Un golpe bon, mais menos perfecto, chámase waza-ari e vale medio punto. Dous deses garanten unha vitoria. A loita pode ser decidida pola acumulación de pontos menores, como o yuko ou o koka. Calquera falta (keikoku e shido) cometida por un dos judocas durante un combate (shiai) acrescenta puntos no placar do seu adversario. Se a falta fose grave, como o hansoku-make, dá a vitoria inmediata ao oponente.
Índice |
Regras e penalidades [editar]
- Ippon: É o golpe que deixa o adversario sen acción e ten un efecto equivalente ao KO no boxeo. Quen o consegue garante a vitoria. Pode ser obtido cun golpe de técnica en pé, inmobilización do opoñente por trinta segundo (osae-komi), chave de brazo (kansetsu) ou estrangulamento (shime-waza).
- Waza-ari: Vale medio ippon. Dous waza-ari tamén dan a vitoria. Un waza-ari pode ser unha técnica de proxección mal executada ou unha inmobilización por 25 segundos.
- Yuko: Golpe menos perfecto que o waza-ari. Técnica de proxección mal executada ou inmobilización inferior a 20 segundos.
- Koka: Cando o opoñente bate unha parte do corpo no chan despois da caída ou unha inmobilización superando os dez segundos. É un golpe menos perfecto que aínda vale a anotación dos xuíces.
- Shidó: É unha penalidade leve. O adversario gaña o equivalente a un koka.
- Chui: Falta media. O adversario recibe os puntos equivalentes a un yuko.
- Keikoku: Pena grave. O loitador recibe medio punto. O outro judoca recibe esa puntuación por medio do wazari.
- Hansoku-make: Desclasificación en xeral
- Kumikata: É unha pegada en que o loitador colle pola gola do judogui do judoca adversario.
Graduación(Cintos) [editar]
-
- Descrición
- 8. Kyu
-
- Branco
- 7. Kyu
-
- Cinza
- 6. Kyu
-
- Azul
- 5. Kyu
-
- Amarelo
- 4. Kyu
-
- Laranxa
- 3. Kyu
-
- Verde
- 2. Kyu
-
- Roxa
- 1. Kyu
-
- Marron
- 2º Dan *3º Dan *4º Dan *5º Dan
-
- Negro
- 6º Dan *7º Dan *8º Dan
-
- Vermello / Branco
- 9º Dan *10º Dan
-
- Vermello