Demografía de España
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
España ten unha poboación de 45.200.737 habitantes ao 1 de xaneiro de 2007, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE). Trátase do quinto país máis poboado da Unión Europea; con todo, a súa densidade de poboación (89,6 hab/km² segundo INE 2007) é menor que a da maioría doutros países de Europa Occidental.
Índice |
Poboación por idade [editar]
| Distribución por idade da poboación española (1900)[1] | |
|---|---|
| Grupo de idade | % |
| 0 a 14 anos | 33,52 % |
| 15 a 29 anos | 24,36 % |
| 30 a 44 anos | 19,24 % |
| 45 a 59 anos | 13,94 % |
| 60 a 74 anos | 7,51 % |
| 75 anos e máis | 1,42 % |
| Distribución por idade da poboación española (2006)[2] | |
|---|---|
| Grupo de idade | % |
| 0 a 14 anos | 14,26 % |
| 15 a 29 anos | 20,35 % |
| 30 a 44 anos | 25,10 % |
| 45 a 59 anos | 18,66 % |
| 60 a 74 anos | 13,58 % |
| 75 anos e máis | 8,05 % |
A idade media da poboación residente en España no ano 2006 era de 40,1 anos: 38,7 anos para os homes e 41,4 anos para as mulleres.[3] O 15,3 % da poboación tiña menos de 16 anos, o 69 % tiña entre 16 e 65 anos, mentres que o 15,7 % da poboación tiña máis de 65 anos. Ameazada a sociedade española dun envellecemento irreversible da poboación, a chegada de inmigrantes desde os anos 1990 freou este proceso: a idade media da poboación estranxeira residente en España era de 32,8 anos no 2004, fronte a 41,0 anos de media dos nacionais.
As comunidades autónomas que presentaban unha maior porcentaxe de poboación maior de 65 anos eran, segundo INE 2006, Castela e León (22,60 %), Asturias (21,96 %), Galicia (21,48 %) e Aragón (20,47 %). Doutra banda, as rexións onde esta franxa de idade tiña un menor peso eran Melilla e Ceuta, as illas Canarias (12,35 %), a Murcia (13,80 %), Baleares (13,84 %), Madrid (14,48 %) e Andalucía (14,7 %).[4]
Segundo a Organización Mundial da Saúde, no ano 2005 a esperanza de vida en España estaba situada nos 80,3 anos de media: 76,9 os homes e 83,6 as mulleres.[5]
Poboación por sexo [editar]
En total había no 2006 en España 22.608.498 mulleres (50,57 % do total da poboación) e 22.100.466 homes (49,43 %).[6] O número de mulleres supera ao de homes en todas as comunidades autónomas agás nas Illas Baleares, Illas Canarias, Murcia, Castela-A Mancha e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Os homes son maioritarios entre a poboación menor de 49 anos, mentres que a partir dos 50 anos as mulleres son máis numerosas.
- Proporción homes/muller en España:
-
- Ao nacemento: 1,07 homes/muller
- Menos de 30 anos: 1,06 homes/muller
- Entre 30 e 65 anos: 1,02 homes/muller
- Máis de 65 anos: 0,73 homes/muller
- Total poboación: 0,98 homes/muller
-
Natalidade e mortalidade [editar]
Segundo os datos do INE para o 2005, téñense os seguintes datos relacionados coa natalidade en España:[7]
- Taxa bruta de natalidade: 10,75 por mil.
- Taxa global de fecundidade: 41,95 por mil.
- Número medio de fillos por muller: 1,346
- Idade media ao nacemento do primeiro fillo: 29,33 anos.
- Idade media á maternidade: 30,90 anos.
- Porcentaxe de nados de nai non casada: 26,57 %.
Datos relacionados coa mortalidade en España para o ano 2005:[8]
- Taxa bruta de mortalidade: 8,93 por mil.
- Taxa de mortalidade infantil: 3,79 por mil nados vivos.
As principais causas de mortalidade en España para o ano 2001 foron [9]
- Para homes, os principais grupos de causas de mortalidade foron os tumores (orixe do 32,5 % do total das defuncións), enfermidades do sistema circulatorio (29,63 %), enfermidades do sistema respiratorio (11,85 %), causas externas (5,91 %) e enfermidades do sistema dixestivo (5,34 %).
- Para homes, as causas concretas de mortalidade que provocaron un maior número de defuncións foron a isquemia cardíaca (11,56 %), o cancro de pulmón (8,63 %), enfermidades cerebro-vasculares (7,91 %) e a enfermidade pulmonar obstructiva crónica (5,99 %).
- Para mulleres, os principais grupos de causas de mortalidade foron as enfermidades do sistema circulatorio (39,86 %), os tumores (21,47 %), enfermidades do sistema respiratorio (8,79 %) e enfermidades do sistema dixestivo (4,87 %).
- Para mulleres, as causas concretas de mortalidade que provocaron un maior número de defuncións foron as enfermidades cerebro-vasculares (12,68 %), a isquemia cardíaca (9,7 %), a insuficiencia cardíaca (7,36 %) e outras enfermidades do corazón (5,05 %).
O crecemento vexetativo da poboación española no 2005 foi do 1,82?.[10]
Distribución da poboación [editar]
| Pob. | ||
|---|---|---|
| Andalucía | 8.059.461 | 17,83 % |
| Cataluña | 7.210.508 | 15,95 % |
| Comunidade de Madrid | 6.081.689 | 13,45 % |
| Comunidade Valenciana | 4.885.029 | 10,8 % |
| Galicia | 2.772.533 | 6,13 % |
| Castela e León | 2.528.417 | 5,59 % |
| País Vasco | 2.141.860 | 4,73 % |
| Canarias | 2.025.951 | 4,48 % |
| Castela-A Mancha | 1.977.304 | 4,37 % |
| Rexión de Murcia | 1.392.117 | 3,07 % |
| Aragón | 1.296.655 | 2,86 % |
| Estremadura | 1.089.990 | 2,41 % |
| Principado de Asturias | 1.074.862 | 2,37 % |
| Illas Baleares | 1.030.650 | 2,28 % |
| Comunidade Foral de Navarra | 605.876 | 1,34 % |
| Cantabria | 572.824 | 1,26 % |
| A Rioxa | 308.968 | 0,68 % |
| Ceuta | 75.861 | 0,17 % |
| Melilla | 66.871 | 0,15 % |
A densidade de poboación de España, de 88,59 hab./km² no 2006, é menor que a da maioría doutros países de Europa Occidental e a súa distribución ao longo do territorio é moi irregular.
Así, a poboación española concéntrase predominantemente en dúas zonas:
- Costa e zonas próximas: as zonas de costa e os vales próximos son as máis densamente poboadas e onde se atopan os principais núcleos de poboación e as súas áreas metropolitanas (exceptuando a Madrid), por exemplo Barcelona que estende a súa área de influencia por toda a costa catalá, Valencia, Alacant-Elx-Murcia, Sevilla-Cádiz-Málaga-Granada, Bilbao-Guipúscoa-Santander, Asturias, A Coruña-Vigo, Palma de Mallorca, etc.
- Madrid: é unha zona moi poboada, a cidade principal é a maior de España e a súa área metropolitana é a cuarta maior da Unión Europea (só superada por París, Londres e a rexión do Ruhr), na cal atópanse cidades como Móstoles, Alcalá de Henares, Fuenlabrada, Alcorcón, Leganés, Xetafe, etc., que superan os 100.000 habitantes. Esta zona é tan poboada grazas a que Madrid é a capital de España e a súa influencia esténdese xa polas provincias de Toledo e Guadalaxara formando unha ampla rexión metropolitana.
Con todo, todo o interior sofre problemas de despoboamento; nesta parte do territorio, soamente pódense destacar Zaragoza e Valladolid.
Dez principais provincias por poboación [editar]
| Absoluta | Relativa (densidade) (en hab./km²) | ||
|---|---|---|---|
|
|
||
As sete provincias máis poboadas concentran ao 45,32% da poboación española, mentres que nas quince con menor número de habitantes (sen contar a Ceuta e Melilla) só vive o 8,03% do total. Ningunha das vinte e dúas provincias menos poboadas ten costa, mentres que, salvo Madrid, as quince provincias máis poboadas teñen todas acceso ao mar.
Áreas metropolitanas [editar]
As áreas metropolitanas que excedían en 2005 os 300.000 habitantes son as seguintes:[11]
Ademais, para as dúas maiores áreas metropolitanas, pódese falar dun territorio máis extenso que as engloba: trátase da Rexión urbana de Madrid (con 6.380.229 habitantes) e da Rexión urbana de Cataluña (con 5.239.927 habitantes).
Municipios por número de habitantes [editar]
- Artigo principal: Lista de municipios de España por poboación.
- Véxase tamén: Evolución demográfica dos municipios de España.
Os municipios de máis de 150.000 habitantes en 2006 son os seguintes:
|
|
Municipios por densidade demográfica [editar]
Clasificación dos municipios de máis de 200.000 habitantes en 2005 segundo a densidade demográfica de habitantes por quilómetro cadrado no territorio do municipio:
|
|
Distribución da poboación por illas [editar]
Illas de España por poboación (INE 2006):
|
- Véxase tamén: Illas de España.
Evolución demográfica [editar]
- Artigo principal: Evolución da poboación española na época precensal.
| Evolución da poboación española[12] | |
|---|---|
| Ano | Poboación |
| 1594 | 8.206.791 |
| 1769 | 9.159.999 |
| 1787 | 10.268.150 |
| 1797 | 10.541.221 |
| 1833 | 12.286.941 |
| 1846 | 12.162.872 |
| 1857 | 15.464.340 |
| 1877 | 16.622.175 |
| 1887 | 17.549.608 |
| 1900 | 18.616.630 |
| 1910 | 19.990.669 |
| 1920 | 21.388.551 |
| 1930 | 23.677.095 |
| 1940 | 26.014.278 |
| 1950 | 28.117.873 |
| 1960 | 30.582.936 |
| 1970 | 33.956.047 |
| 1981 | 37.742.561 |
| 1991 | 39.433.942 |
| 2001 | 40.499.791 |
| 2006 | 44.708.964 |
Desde 1976, o afundimento da taxa de fertilidade provocou un enlentecimiento no crecemento da poboación española, chegándose a prever a ameaza dun crecemento negativo para o 2030. Con todo, a chegada masiva de inmigrantes desde finais dos noventa permitiu un novo despegamento no número de habitantes do país: de feito, este fenómeno provocou unha taxa de crecemento, en torno ao 1,7% anual desde o 2001, máis ben propia de países africanos ou asiáticos. O crecemento vexetativo, aínda baixo, empezou a crecer grazas á maior taxa de fertilidade dos novos residentes.
Poboación estranxeira [editar]
- Artigo principal: Inmigración en España.
Segundo o censo INE 2006, o 9,27% da poboación de España é de nacionalidade estranxeira. A inmigración a gran escala empezou a mediados da década dos noventa; desde o 2000, España recibiu o segundo maior número de inmigrantes de todo o mundo en termos absolutos (tras Estados Unidos) e a taxa de inmigración máis elevada do planeta. A maioría dos inmigrantes que chegan a España proveñen de Iberoamérica (nun 36,21%), seguido de Europa Occidental (21,06%), Europa do Leste (17,75%) e o Magreb (14,76%). A distribución xeográfica dos estranxeiros é moi irregular, concentrándose ao longo das costas mediterránea e canaria e en Madrid e arredores, en xeral acentuando aínda máis as xa profundas diferenzas rexionais de poboación do país.
Relixión [editar]
- Artigo principal: Relixión en España.
O 79,6% da poboación declárase católica, o 18,7% declárase non crente ou atea, e o 1,7% restante declárase crente doutra relixión (musulmáns, ortodoxos, protestantes, xudeus, etc.), segundo unha enquisa do CIS realizada no 2005.Estudo do CIS, 2005, pregunta 35 É importante recalcar, con todo, que moitos españois fanse chamar católicos aínda que realmente non sexan practicantes: o 53,3% dos españois que se definen como crentes dalgunha relixión di non ir a misa ou a outros oficios relixiosos case nunca, mentres que o 17,5% di ir a estes case todos os domingos e festivos ou varias veces por semana.
Notas [editar]
- ↑ INE, Instituto Nacional de Estadística. Series históricas de datos censales. [1]
- ↑ INE, Instituto Nacional de Estadística. Revisión del Padrón municipal 2006. Población por edad (año a año) y sexo [2]
- ↑ INE, Instituto Nacional de Estatística. Revisión do Padrón municipal 2006. Poboación por idade (ano a ano) e sexo [3]
- ↑ INE, Instituto Nacional de Estatística. Revisión do Padrón municipal 2006. Poboación por sexo, comunidades e provincias e idade (ata 85 e máis) [4]
- ↑ OMS, Organización Mundial da Saúde. Life Tables for WHO Members States [5], World Health Statistics 2007 Highlights and Tables[6]
- ↑ INE, Instituto Nacional de Estatística. Revisión do Padrón municipal 2006. Poboación por idade (ano a ano) e sexo [7]
- ↑ INE, Instituto Nacional de Estatística. Indicadores demográficos básicos [8]
- ↑ INE, Instituto Nacional de Estatística. Indicadores demográficos básicos [9]
- ↑ CNE, Centro Nacional de Epidemiología. [10]
- ↑ INE, Instituto Nacional de Estatística. Indicadores demográficos básicos [11]
- ↑ Proyecto Audes. Datos de población oficiales del INE (01-01-2005). Real Decreto 1358/2005, de 18 de noviembre. (Datos de conurbación para Madrid, Barcelona, Valencia y Sevilla. Datos de área metropolitana para el resto)
- ↑ Fuente: INE, Instituto Nacional de Estadística. Estimaciones de población, censos y cifras oficiales de población.
El censo de 1594 es un Vecindario realizado por la Corona, de tipo aproximativo. El censo de 1769, realizado por el Conde de Aranda, y el de 1833 (censo de la Policía), son considerados por el INE de escasa fiabilidad. El censo de 1787 corresponde al censo del conde de Floridablanca, y el de 1791 (publicado en 1801) fue realizado por Godoy. Los primeros censos oficiales modernos y más fiables son los realizados a partir de 1857 [12]. Los censos posteriores a 1900 se pueden consultar en Inebase. Series históricas de población
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Instituto Nacional de Estatística. Menú de datos estatísticos sobre demografía e poboación
- Instituto Nacional de Estatística. Análise da poboación de España segundo o censo a 1 de xaneiro de 2005 (pdf)
- Páxina do INE sobre series históricas de poboación
- Historia dos censos de poboación en España (pdf)
- Población de España - datos y mapas. Página de la Universidad de Castilla La Mancha