Peñón de Alhucemas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°12′48″N 3°53′22″W / 35.21333°N 3.88944°W / 35.21333; -3.88944

Peñón de Alhucemas, vista da costa marroquina.
Mapa dos territorios de soberanía española no Norte de África

O Peñón de Alhucemas é un illote do Mediterráneo occidental, pertencente a España e situado na baía homónima, a 450 m da costa de Marrocos.

Integra, xunto con dous illotes deshabitados, o illote de Tierra e o de Mar, as illas Alhucemas. Ambos illotes fóronlle cedidos por Marrocos en 1957, tras acceder este último país á independencia.

O penedo mide uns 170 metros de longo por 86 de largo, conta cunha extensión superficial aproximada de 0,15 km² e ten unha altitude máxima de 27 metros. Dispón dunha igrexa, un faro, varias casas, un porto e un forte con almacéns. É o punto de amarre de varios cabos submarinos unidos a Melilla, Ceuta e á Península Ibérica[Cómpre referencia].

Custódiano de forma permanente forzas militares pertencentes ao Corpo de Regulares de Melilla.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]