Sistema Central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pico Almanzor é o monte máis alto da Serra de Gredos e tamén do Sistema Central.

O Sistema Central é unha cordilleira situada no centro da Península Ibérica que ten unha orientación oeste-leste en a súa metade oeste, e orientación suroeste-nordés na súa metade este. Ten unha lonxitude aproximada de 600 km e vai desde o centro de Portugal ao Sistema Ibérico, situado no centro-nordés de España.

Constitúe a separación natural entre Castela e León, ao norte, e Castela-A Mancha, Comunidade de Madrid e Estremadura, ao sur. Tamén representa a división da Meseta Central entre a submeseta norte e a Submeseta Sur. Salvo algunha excepción menor, constitúe a divisoria entre as concas do Douro e do Texo.

A maior elevación do sistema é o pico Almanzor (2.592 m), situado na Serra de Gredos. As montañas do Sistema Central teñen unha prominencia media de 1.200 metros e unha base que oscila dos 500 a 1.200 metros.

O Sistema Central está formado por moitas serras, entre as que cabe destacar: a Serra de Guadarrama, a Serra de Somosierra, a Serra de Gredos e a Serra de Gata.