Lugo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Lugo | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio 1: | Lugués - Lucense |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Lugo |
| Comarca: | Lugo |
| Área: | 329,8 km² |
| Entidades de poboación: | 55 parroquias |
| Capital do concello: | Lugo |
| Latitude e lonxitude: | 43º0'43.24" N 7º33'20.75" W |
| Altitude máxima: | 783 m Monte Picato m. |
| Altitude mínima: | m. |
| Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
| Demografía (2006) | |
| Poboación: | 94.287 hab. |
| Densidade: | 284 hab./km² |
| Uso do galego 3 (2001) | |
| Galegofalantes sobre o total da poboación: | 90,02 % |
| Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
| Sempre: | 27,26 % |
| Ás veces: | 56,17 % |
| Nunca: | 16,57 % |
| Política (2007) | |
| Concelleiros 4: | PPdeG 9 concelleiros (18.428 votos - 35.51 %) BNG 4 concelleiros (7.417 votos - 14.29 %) PSdeG-PSOE 12 concelleiros (23.375 votos - 45.04 %) Outros: - (1.738 votos - 3.35 %) |
| Alcalde: | Xosé Clemente López Orozco (PSdeG-PSOE) |
| Eleccións municipais en: Lugo | |
| Censo electoral (2007) | |
| Total electores: | 82.275 - 100 % |
| Votantes: | 52.236 - 64,49 % |
| Abstencións: | 28.761 - 35,51 % |
| Votos en branco: | 939 - 1,80 % |
| Votos nulos: | 339 - 0,65 % |
| Orzamentos 5 (2000) | |
| Total ingresos: | € |
| Total gastos: | {{{totalgastos}}} € |
| Enderezos | |
| Enderezo físico: | Praza Maior, 1 |
| Teléfono: | 982 297 137/982 297 150/ 982 297 267 |
| Fax: | 982 297 104 |
| Código Postal: | 27.001 |
| Correo electrónico: | |
| Sitio web oficial: | http://www.lugo.es/ |
|
|
|
| Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
- (este artigo é sobre a cidade de Lugo, a información sobre a provincia do mesmo nome está no artigo: Provincia de Lugo).
Lugo é unha cidade galega de orixe romana (aínda que algunhas teses sosteñen que pode estar asentada sobre un castro) fundada no ano -25 que está bañada polo río Miño. É a capital da provincia do mesmo nome.
| Evolución da poboación de: Lugo - desde 1900 ata 2004 - | ||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
| 26.959 | 31.137 | 53.743 | 72.574 | 91.426 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||
Índice |
[editar] Xeografía
A cidade atópase nun outeiro rodeado polos ríos Miño, Rato e Chanca. A diferenza de altitude entre o centro da cidade e as beiras fluviais é considerable e mentres no centro da cidade a altitude é de 465 metros sobre o nivel do mar, no Miño á altura do Paseo Fluvial a altitude é de tan só 364 metros.
[editar] Clima
O clima en Lugo é oceánico continental con invernos fríos e veráns suaves. A temperatura media anual é de 12,0º e as precipitacións abundantes (máis de 1.000 litros ó ano). Con todo, e debido ao seu afastamento do Atlántico, esta cifra de precipitación pode ser considerada baixa en comparanza con comarcas das Rías Baixas ou Santiago.
| 1971-2000 | xan | feb | marz | abr | mai | xuñ | xull | agost | set | out | nov | dec | TOTAL |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temp. media (°C) | 6,0 | 6,7 | 9,3 | 11,0 | 13,0 | 16,3 | 18,2 | 18,7 | 16,7 | 13,1 | 8,9 | 6,2 | 12,0 |
| Precipitacións (mm) | 143 | 120 | 122 | 85 | 89 | 53 | 32 | 34 | 51 | 84 | 123 | 133 | 1067 |
[editar] Etimoloxía e Historia
No ano -26. chegou á que posteriormente sería a Gallaecia un corpo expedicionario romano ao mando de Caius Antistus Vetus para controlar o noroeste peninsular, e estableceu un campamento no territorio da actual Lugo no ano 25 a.C. ao que deu o nome de Lucus Augusti, orixinado posiblemente na divinidade céltica Lugh de cidades como Lugano ou Lyon, e que se converteu na capital da Gallaecia lucense. No ano -14 a cidade deixa de ser un campamento militar e convértese nun asentamento urbano civil, e a partir do ano 50 asístese á expansión da cidade, co asentamento de poboación indíxena dos castros próximos. Entre os anos 260 e 325 a cidade rodéase dunha muralla. Trala conquista sueva, a cidade perdeu a maioría dos seus habitantes, e só comezou a recuperarse no século X.
[editar] Monumentos de interese
Lugo conta coa única muralla romana que conserva todo o seu perímetro orixinal, das innumerables que existían no antigo Imperio Romano. A muralla ten máis de dous quilómetros de extensión e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 30 de novembro do ano 2000. Lugo tamén conta cun balneario de augas termais de orixe romana, unha ponte romana e multitude de mosaicos e outros vestixios romanos.
Outro edificio de interese é a catedral. A súa exposición permanente da hostia consagrada é única no orbe católico, o cal se reflicte no escudo da cidade, coa lenda Hic hoc mysterivm fidei firmiter profitemvr (Cremos con fidelidade neste misterio), en referencia ó misterio da consagración e do corpo de Cristo]" e que se trasladou ó propio escudo de Galicia), museos, institutos, ó campus universitario, ó Parque de Rosalía de Castro, etc...
[editar] Economía
Lugo é unha cidade de servizos, como corresponde á capital dunha provincia deste tipo. As principais actividades son as comerciais, a administración (delegacións da Xunta, de organismos estatais...) e servizos sanitarios e educativos.
O incremento constante da poboación da cidade fai da construción un dos principais sectores económicos do municipio.
A industria é moi escasa e dedícase case en exclusiva á transformación de produtos agrícolas (lácteas,cárnicas, madeira...). A reducida presenza de industrias, a ausencia de medianas e grandes empresas e certo estancamento económico fan de Lugo unha das cidades menos desenvolvidas de Galicia.
[editar] Deporte
Na cidade destacan equipos profesionais como Breogán, Azkar, Ensino... todos eles amplamente coñecidos pola sua participación de maneira frecuente nas máximas categorías nacionais na loita con cidades moito maiores e importantes a nivel económico.
O Club Baloncesto Breogán, participante da Liga LEB Ouro, é un dos clubes históricos no baloncesto español (ocupa a novena posición nese ránking) cunha das mellores afeccións en relación poboación-público. Tras moitos anos na máxima categoría nacional, a liga ACB, descendeu na tempada 2005/06 á LEB. O club logrou a súa mellor clasificación na tempada 84-85, ocupando a sexta posición, o que lle permitiu disputar unha competición europea, a Copa Korac, a seguinte campaña. Algúns xogadores importantes de baloncesto da cidade son Manel Sánchez, Tito Díaz, Suso Fernández ou Fran Vázquez (actualmente no FC Barcelona). A canteira do Breogán está representada polo Club Baloncesto Estudiantes, que disputa actualmente na Liga EBA.
O Azkar Lugo FS xoga actualmente na División de Honra da Liga Nacional de fútbol sala. Trala súa consolidación como un dos fixos da categoría a aposta pola canteira parece que comeza a ser clara nunha cidade na que o fútbol-sala ten o maior número de fichas federativas. No seu palmarés destaca a Recopa de Europa de futbol sala do ano 2005, disputada en Lugo.
No fútbol destaca o CD Lugo, actualmente en Segunda B, que na tempada 92-93 competiu en Segunda Division A. Algúns futbolistas lucenses famosos foron Cantina, Michines, Nacho (SD Compostela e Celta), Jesús Martínez (Valencia), Mandiá e, na actualidade, o porteiro Diego López (Villarreal CF), Trashorras (FC Barcelona), Pablo Álvarez (Deportivo), ou Roberto (Spórting de Xixón).
En baloncesto feminino o Porta XI Ensino participa na Primeira División da Liga Feminina. Os seus maiores logros foron o pase á final da Copa da Raíña en 2001 e a clasificación para as semifinais da Liga na tempada 03-04.
En voleibol, destaca o equipo feminino Emevé.
En deportes individuais cabe destacar ós medallistas olímpicos en piragüismo Ramos Misioné e Chilares, xunto a outros piragüistas como Pedro Cuesta e Valladares. En atletismo destaca a olímpica María Abel, e no golf Katia Fernández. Foi famoso o falecido motociclista José Luis López Mella
Cabe destacar tamén a ampla tradición aeronáutica da cidade. O Real Aeroclub de Lugo conta na actualidade cunha gran flota de aeronaves lixeiras. Organiza anualmente unha concentración aeronáutica na que se dan cita varias disciplinas, desde a competición ata a divulgación do mundo da aviación. A súa base é o aeródromo de Rozas, unha pista de importantes dimensións para a que existen proxectos de ampliación nun futuro.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Lugo
|
O antigo cárcere provincial, hoxe dependencias municipais. Nel estivo, por exemplo, D. Gregorio Sanz |
|||
[editar] Lugueses de sona
- Froilán, patrón da cidade e bispo de León (823-905).
- Xoán Montes Capón, compositor (1840-1899).
- Amador Montenegro Saavedra, escritor e xornalista, fundador do semanario A Monteira (1864-1932).
- Gustavo Freire, compositor (1885-1948).
- Luis Benigno Vázquez Fernández Luis Pimentel, escritor (1895-1958).
- Ángel González López Ánxel Johán, escritor e pintor (1901-1965).
- Ánxel Fole Sánchez, escritor (1903-1986).
- Juan Rof Carballo, médico e ensaísta, fillo do eminente veterinario Juan Rof Codina (1905-1994).
- Julia Minguillón Iglesias, pintora (1906-1965).
- Francisco Martín Iglesias, escritor (n. 1940).
- Xosé Lois García Fernández, escritor (n. 1945)
- Serafín Fanjul, arabista y catedrático de Literatura Árabe (n. 1945)
- Pilar García Negro, política e escritora (n. 1953)
- Sabela Álvarez Núñez, escritora (n. 1954).
- Ricardo Varela Sánchez, político (n. 1955).
- Claudio Rodríguez Fer, escritor (n. 1956).
- Antonio Mourelos Vázquez, actor (n. 1959)
- Fernando Xavier Blanco Álvarez, político (n. 1959)
- Jenaro Castro Muíña, xornalista, presentador de informativos na TVE (n. 1961)
- Miguel-Anxo Murado López, escritor e xornalista (n. 1965).
- Liborio García Ferreiro, xornalista televisivo (n. 1968).
- Xulio Pardo de Neyra, historiador e filólogo (n. 1968).
- Marta Rivera de la Cruz, escritora (n. 1970).
- Luis López Tosar, actor (n. 1971).
- Silvia Jato, modelo e presentadora de televisión (n. 1971).
- María Abel, atleta que participou nos Xogos de Sydney (2000) e Atenas (2004) (n. 1974).
- María Yáñez Anllo, xornalista, editora e guionista (n. 1978)
[editar] Lugares de Lugo
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lugo vexa: Lugares de Lugo.
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
|
Referencias relacionadas con Galicia |
||

