Málaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°43′10″N 4°25′12″W / 36.71944°N 4.42000°W / 36.71944; -4.42000

Málaga
Flag of Málaga, Spain.svg Escudo de Málaga.svg
Málaga desde o monte Gibralfaro
Cuartos de Granada Xardín botánico histórico La Concepción Rúa Marqués de Larios
Praia da Malagueta Festival de Málaga de Cine Español
Alcazaba

Málaga

Situación xeográfica
Málaga en España
Málaga
Málaga
Málaga en Provincia de Málaga
Málaga
Málaga
País España
Comunidade Autónoma Andalucía
Provincia Málaga
Comarca Málaga-Costa del Sol
Xeografía
Altitude 8 msnm
Superficie 398,25 km²
Poboación
Poboación 566.447 hab. (2008)
Densidade 1.434,04
Xentilicio malagueño
malacitano
Información
Código postal 29001-29018
Alcalde Francisco de la Torre Prados (PP)
Páxina web www.malaga.eu

Málaga é unha cidade do sur de España, capital da provincia de Málaga, en Andalucía. Está situada no extremo oeste do litoral meridional do mar Mediterráneo, a pouco máis de 100 km ao leste do estreito de Xibraltar.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Cos seus 560.631 habitantes en 2006, a cidade de Málaga é a sexta en poboación de toda España. A súa área metropolitana conta con 1.099.004 hab., sendo a quinta máis populosa do estado. Demograficamente é a zona urbana máis densamente poboada (ademais de ser a capital) do conxunto de localidades que se localizan ao longo de 180 km da costa mediterránea, coñecidos como a Costa do Sol. Málaga é candidata a «Cidade Europea da Cultura» para o ano 2016.

A cidade de Málaga encóntrase rodeada de sistemas montañosos (Montes de Málaga). Dous ríos, o Guadalmedina e o Guadalhorce, pasan pola urbe, desembocando no Mediterráneo.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada por fenicios, procedentes de Tiro, co nome de Malaka, entre os séculos VIII e VI a.C. O nome parece que significou "porto de refuxio", segundo Nieto Ballester.

Cerca de seis séculos despois, os romanos ocuparon a cidade, xunto co resto de Hispania.

No século VIII, sería ocupada polos musulmáns, que converteron a cidade nun importante centro comercial. Málaga pertenceu primeiro ao Califato de Córdoba. Mais logo da caída da dinastía Omeia (Umayyad), foi capital do seu propio reino, ata que pasou a depender do reino de Granada. Durante o período islámico, fo denominada Mālaqah (árabe مالقة).

Málaga pasou a dominio cristián en 1487, durante a guerra contra Granada emprendida polos Reis Católicos.

Durante a sublevación militar contra a IIª República, Málaga foi ocupada por tropas italianas e, logo, sufriría unha forte represión. O boom turístico dos anos 1960, axudou ao impulso económico da cidade e as áreas próximas da Costa do Sol.

Economía[editar | editar a fonte]

Cidade comercial, ten ademais no turismo unha das súas principais fontes de ingresos, fomentado polo importante aeroporto, ademais da crecente importancia do turismo de buques de cruceiro. O porto de Málaga está nun proceso de gran transformación para se converter en porto base de cruceiros, así como nun importante nodo de tráfico de contedores.

Tamén hai que destacar o pulo da cidade en industrias de novas tecnoloxías, localizadas principalmente no Parque Tecnolóxico de Andalucía, así como no sector da construción. A cidade é sede da Asociación Internacional de Parques Tecnolóxicos IASP, do proxecto Málaga Valley e27 e da principal entidade bancaria de Andalucía, a Caixa de Aforros Unicaja; así como das empresas malagueñas de moda infantil Mayoral e Charanga, da construtora Sando, do líder europeo en placas solares Isofotón ou a fabricante de teléfonos móbeis Vitelcom e outras multinacionais como Fujitsu España, Epcos (Siemens) ou as cervexas San Miguel.

Turismo e sitios de interese[editar | editar a fonte]

Tras o devir histórico de varias civilizacións, a cidade conta co Teatro Romano, construído no século siglo I d.C. Así como o castelo de Gibralfaro de base fenicia, construído polo rei Yusuf I na época árabe, e a Alcazaba, belo palacio-fortaleza, da mesma época.

Logo da conquista cristiá da cidade, edificouse a Catedral de Málaga ou Catedral da Encarnación, que ten como característica máis coñecida a de estar inacabada. A falla dunha das súas torres fai que os malacitanos a alcuñen, cariñosamente, como "La Manquita".

Do século XIX é o monumento a José María Torrijos, liberal español, que foi executado na cidade xunto a seus compañeiros, descansando os seus restos sob o grande obelisco, erguido, na súa honra, na céntrica Praza da Mercé.

Casa natal de Picasso

A cidade é tamén coñecida por ser o lugar de nacemento do famoso pintor Pablo Ruiz Picasso, contando cun dos tres museos de maior importancia no mundo sobre o artista, así como a súa casa natal, sita tamén na Praza da Mercé, onde se conservan obxectos da infancia do artista máis célebre do século XX. O Museo Picasso de Málaga e mais o Centro de Arte Contemporáneo, CAC Málaga, reciben unha grande afluencia de visitantes. Esta oferta cultural levou a que Málaga optase por solicitar a candidatura de Capital Europea da Cultura para o ano 2016.

Ademais, os picos de afluencia turística prodúcense en Semana Santa e durante a Feira de Málaga, no mes de agosto, mes no que acrecentan a visitas dada a calidade das praias malagueñas.

Festas[editar | editar a fonte]

A destacar:

  • Semana Santa, con vistosas procesións. Está declarada de interese turístico internacional.
  • Desde o segundo venres de agosto até o domingo da semana seguinte celebra a Feira de Agosto. Desde días previos ata o final da semana festiva, ten lugar tamén a Feira Taurina de Agosto de Málaga, con sede na Malagueta, o seu coso taurino.


Clima[editar | editar a fonte]

Vista do porto e da cidade

O clima de Málaga é mediterráneo subtropical húmido. A temperatura media anual é de 18 °C, sendo a máxima media de 25.4 °C en agosto e a mínima media de 11.9 °C en xaneiro. A suavidade domina o clima invernal, sendo moi excepcionais as xeadas, mentres os veráns son calorosos, normalmente húmidos excepto cando sopra o terral, un vento seco do interior, que eleva as temperaturas. Nestas situacións Málaga ten superado os 44 °C (1978 e 1994).

A humidade media é de 66 %, con 43 días de chuvia anuais, concentrados nos meses máis fríos, de feito entre os meses de novembro e xaneiro cai o 50% da precipitación media anual, que é de 524 mm. A irregularidade das chuvias evidénciase en episodios torrenciais de grande virulencia, sendo o récord de Málaga os 313 mm rexistrados no observatorio do aeroporto o 27 de setembro de 1957, e a chea do 14 de novembro de 1989. Anualmente hai 2.815 h de sol.

Nuvola apps kweather.png Parámetros climáticos promedio no Observatorio do Aeroporto de Málaga (1971-2000)
xan feb mar abr mai xun xul ago set out nov dec TOTAL
Temp. máxima (°C) 16,6 17,7 19,1 20,9 23,8 27,3 29,9 30,3 27,9 23,7 19,9 17,4 22,9
Temp. mínima (°C) 7,3 7,9 9,0 10,4 13,4 17,1 19,7 20,5 18,2 14,3 10,8 8,4 13,1
Precipitacións (mm) 81 55 49 41 25 12 2 6 16 56 95 88 524

Con todo os valores referidos ao aeroporto, sito a 10 km de distancia da cidade, son só indicativos, pois a propia Málaga ten un clima algo diferente.

Distritos[editar | editar a fonte]

A cidade de Málaga está organizada en once distritos.

Distrito Distrito Mapa da cidade
1 Centro 7 Carretera de Cádiz Distritos Málaga.svg
2 Este 8 Churriana
3 Ciudad Jardín 9 Campanillas
4 Bailén-Miraflores 10 Puerto de la Torre
5 Palma-Palmilla 11 Teatinos-Universidad
6 Cruz de Humilladero

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de Imaxes de Málaga.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Málaga

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]