Heinrich Himmler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heinrich Himmler

Heinrich Luitpold Himmler, nado en Múnic o 7 de outubro de 1900 e finado en Luneburgo, Baixa Saxonia, o 23 de maio de 1945, foi o Comandante en Xefe (Reichsführer) das SS e máis tarde Ministro de Interior e fugazmente Comandante dos exércitos do Rin durante o sitio de Berlín. Xestionou non só a orde da matanza metódica e sistemática de millóns de xudeus, polacos, xitanos e homosexuais, senón tamén de miles de prisioneiros testemuñas de Jehová e rusos, moitos dos cales foron usados en experimentos. Foi a man dereita de Hitler durante o período da Alemaña nazi.