Papel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Diferentes tamaños de papel.

O papel é un composto de fibras unidas tanto física (por estaren entrelazadas a modo de malla) como quimicamente (por pontes de hidróxeno).

Crese que foi inventado na China por Ts'ai Lun no ano 105 a.C.

As fibras para a súa fabricación requiren algunhas propiedades especiais, como alto contido de celulosa, baixo custo e fácil obtención: razóns polas cales as máis comunmente usadas son as vexetais. O material máis comunmente usado é a polpa de madeira de árbores, principalmente piñeiros (polo prezo e pola calidade da fibra, moi longa) e eucaliptos (moi barata e resistente). Outros materiais como o algodón e o cáñamo tamén poden ser utilizados na confección do papel.

No comezo da chamada "era dos computadores", prevíase que o consumo de papel ía diminuír bastante, pois ficaría obsoleto. Porén, esta previsión foi desmentida na práctica: a cada ano, o consumo de papel vén sendo maior.

De feito, os escritorios consomen moito máis papel despois da introdución de computadores. Iso pode ocorrer ben por que cos computadores, o acceso á información aumentou moito (aumentando a oferta de informacións, aumenta tamén a demanda), ou ben pola facilidade do uso de computadores e impresoras, o que permite que o uso do papel sexa menos racional que outrora (escribir a man ou a máquina dactilográfica demandaba moito máis esforzo, diminuíndo o ímpeto de gastar papel con materiais inútiles). De feito, a porcentaxe de papeis impresos que nunca serán lidos é bastante alta na maior parte dos escritorios (especialmente os que dispoñen de impresoras a láser (que imprimen moitas páxinas por minuto).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]