Comunidade autónoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Política
Poderes
Executivo | Lexislativo | Xudicial
Formas de goberno
Monarquía | República | Anarquía
Réximes e sistemas
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia
Tipos de poder
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo
Clases de estado
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República
Conceptos
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País
Procesos
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby
División administrativa
Cantón | Comunidade autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia
Cargos e postos
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador
Disciplinas
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía política | Historia política | Metapolítica | Política internacional | Teoría política | Xeopolítica
Ideoloxías
Esquerdismo | Dereitismo

Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá

Actitudes
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neoimperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposición | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidismo | Bipartidismo | Unipartidismo

Abstención | Amnistía | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

Características[editar | editar a fonte]

A estrutura do Estado Español en Comunidades Autónomas recóllese na Constitución española de 1978. O artigo 2 recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que compoñen o Estado. Esta disposición baséase na premisa da unidade indisoluble do estado español, que aparece citada como patria común de todos os españois. Non obstante, dende diversos sectores nacionalistas[1] ou de esquerdas[2] este segundo artigo constitucional é presentando coma un punto excluínte e de discordia ao negar o dereito de autodeterminación aos pobos que a día de hoxe están baixo a tutela do Estado, tendo especial relevancia aqueles considerados nacións.

O texto da Constitución establece os poderes que poden ser asumidos polas Comunidades Autónomas e aqueles que só se lle poden atribuír ó Estado.

A división política e administrativa de España ten a forma de 17 comunidades autónomas, ademais de Ceuta e Melilla, cuns estatutos de autonomía que lles outorgan o rango de Cidades autónomas.

A promulgación da Constitución Española de 1978, que recolle o dereito de autonomía das nacionalidades e rexións que compoñen o estado español, supuxo un cambio total con respecto ao réxime anterior, que se baseaba en plans centralizados tradicionais. Isto daba resposta a un problema que xa xurdira repetidamente na historia de España como resultado das diferentes identidades sobre as que se construíu a unidade do estado español. Unha parte significativa da povoación nega aínda hoxe que concorde con esta unidade do estado español mentres non se recoñeza totalmente a existencia de soberania nacional das nacións do estado minorizadas.

Tras a ratificación da Constitución Española, e como resultado da posta en funcionamento dos principios contidos no Título VIII, no curso duns poucos anos completouse o proceso de instauración das 17 Comunidades Autónomas e foron aprobados os seus estatutos. Foron tamén dotadas do seu propio órgano de goberno e institucións representativas.

Comunidades Autónomas de España[editar | editar a fonte]

Mapa das comunidades autónomas de España


  Nome Capital autonómica Provincias Capital provincial
Bandera de Andalucía.svg Andalucía Sevilla Almería Almería
Cádiz Cádiz
Córdoba Córdoba
Granada Granada
Huelva Huelva
Málaga Málaga
Sevilla Sevilla
Xaén
es. Jaén
Xaén
es. Jaén
Flag of Aragon.svg Aragón Zaragoza Huesca Huesca
Teruel Teruel
Zaragoza Zaragoza
Flag of Asturias.svg Principado de Asturias
ast. Principáu d'Asturies
Oviedo
ast. Uviéu
Asturias
ast. Asturies
Oviedo
ast. Uviéu
Flag of the Balearic Islands.svg Illas Baleares
cat. Illes Balears
Palma Illas Baleares
cat. Illes Balears
Palma
Flag of the Basque Country.svg País Vasco
eu. Euskadi
Vitoria
eu. Gasteiz
Áraba
eu. Araba
Vitoria
eu. Gasteiz
Guipúscoa
eu. Gipuzkoa
Donostia
Biscaia
eu. Bizkaia
Bilbao
eu. Bilbao / Bilbo
Flag of the Canary Islands.svg Canarias As Palmas de Gran Canaria e
Santa Cruz de Tenerife
As Palmas
es. Las Palmas
As Palmas de Gran Canaria
es. Las Palmas de Gran Canaria
Santa Cruz de Tenerife Santa Cruz de Tenerife
Flag of Cantabria.svg Cantabria Santander Cantabria Santander
Bandera Castilla-La Mancha.svg Castela-A Mancha
es. Castilla-La Mancha
Toledo Albacete Albacete
Cidade Real
es. Ciudad Real
Cidade Real
es. Ciudad Real
Cuenca Cuenca
Guadalaxara
es. Guadalajara
Guadalaxara
es. Guadalajara
Toledo Toledo
Flag of Castilla y León.svg Castela e León
es. Castilla y León
Valladolid Ávila Ávila
Burgos Burgos
León León
Palencia Palencia
Salamanca Salamanca
Segovia Segovia
Soria Soria
Valladolid Valladolid
Zamora Zamora
Flag of Catalonia.svg Cataluña
cat. Catalunya
Barcelona Barcelona Barcelona
Xirona
cat. Girona
Xirona
cat. Girona
Lleida Lleida
Tarragona Tarragona
Flag of Extremadura (with coat of arms).svg Estremadura
es. Extremadura
Mérida Badaxoz
es. Badajoz
Badaxoz
es. Badajoz
Cáceres Cáceres
Flag of Galicia.svg Galicia Santiago de Compostela A Coruña
A Coruña
Lugo Lugo
Ourense Ourense
Pontevedra Pontevedra
Flag of the Community of Madrid.svg Comunidade de Madrid
es. Comunidad de Madrid
Madrid Madrid Madrid
Flag of the Region of Murcia.svg Rexión de Murcia
es. Región de Murcia
Murcia Murcia Murcia
Flag of Navarre.svg Comunidade Foral de Navarra
eu.Nafarroa
Pamplona
eu. Iruñea
Navarra
eu. Nafarroa
Pamplona
eu. Iruñea
Flag of La Rioja (with coat of arms).svg A Rioxa
es. La Rioja
Logroño A Rioxa
es. La Rioja
Logroño
Flag of the Land of Valencia (official).svg Comunidade Valenciana
cat. Comunitat Valenciana
Valencia
cat. València
Alacant
es. Alicante
Alacant
es. Alicante
Castelló Castelló de la Plana
Valencia
cat. València
Valencia
cat. València

As dúas cidades autónomas son:

Comunidades autónomas por superficie[editar | editar a fonte]

Lista de comunidades autónomas españolas ordenadas por superficie.

Lugar
Nome
Superficie
Porcentaxe
1 Castela e León 94.223 km² 18,6%
2 Andalucía 87.268 km² 17,2%
3 Castela-A Mancha 79.463 km² 15,7%
4 Aragón 47.719 km² 9,4%
5 Extremadura 41.634 km² 8,2%
6 Cataluña 32.114 km² 6,3%
7 Galicia 29.574 km² 5,8%
8 Comunidade Valenciana 23.255 km² 4,6%
9 Rexión de Murcia 11.313 km² 2,2%
10 Principado de Asturias 10.604 km² 2,1%
11 Comunidade Foral de Navarra 10.391 km² 2,1%
12 Comunidade de Madrid 8.028 km² 1,6%
13 Illas Canarias 7.447 km² 1,5%
14 País Vasco 7.234 km² 1,4%
15 Cantabria 5.321 km² 1 %
16 A Rioxa 5.045 km² 1,0%
17 Illas Baleares 4.992 km² 1 %
Ceuta e Melilla 33 km² 0,01%
TOTAL 505.988 km² 100%

Comunidades autónomas por poboación[editar | editar a fonte]

Lista de comunidades autónomas españolas ordenadas por poboación (datos do padrón municipal de habitantes, INE á data 01/01/2013).

Lugar[cando?]
Nome[cando?]
Población[cando?]
Porcentaxe[cando?]
Densidade[cando?]
1 Andalucía 8.394.209 17,85 % 96,83 hab./km²
2 Cataluña 7.465.619 15,98 % 234,83 hab./km²
3 Comunidade de Madrid 6.409.216 13,75% 809,00 hab./km²
4 Comunidade Valenciana 4.998.464 10,84 % 220,05 hab./km²
5 Galicia 2.761.730 5,92 % 94,52 hab./km²
6 Castela e León 2.517.157 5,42 % 27,15 hab./km²
7 País Vasco 2.174.474 4,63 % 301,99 hab./km²
8 Illas Canarias 2.105.851 4,51 % 285,59 hab./km²
9 Castela-A Mancha 2.094.957 4,48 % 26,62 hab./km²
10 Rexión de Murcia 1.459.671 3,12 % 129,95 hab./km²
11 Aragón 1.338.495 2,85 % 28,21 hab./km²
12 Illas Baleares 1.110.399 2,36 % 222,97 hab./km²
13 Estremadura 1.101.303 2,35 % 26,58 hab./km²
14 Principado de Asturias 1.067.457 2,35 % 101,99 hab./km²
15 Comunidade Foral de Navarra 638.390 1,36 % 61,79 hab./km²
16 Cantabria 589.651 1,26 % 111,47 hab./km²
17 A Rioxa 319.003 0,68 % 59,67 hab./km²
18 Ceuta 84.504 0,17 % 4.335,58 hab./km²
19 Melilla 83.762 0,17 % 6.380,16 hab./km²
TOTAL 47.190.493 100 % 93,51 hab/km²

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]