Transnistria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República Moldava Pridnestroviana
Република Молдовеняскэ Нистрянэ
(Republica Moldovenească Nistreană)
Приднестрóвская Молдáвская Респýблика
(Pridnestróvskaya Moldávskaya Respúblika)
Придністровська Молдавська Республіка
(Prydnistrovs'ka Moldavs'ka Respublika)
Bandeira de Transnistria Escudo de Transnistria
Bandeira Escudo
Lema: Polo dereito a vivir nesta tierra[1]
Himno nacional: Glorificámoste, Transnistria[1]
 
Transnistria-mapa.png
 
Capital
 • Poboación
Tiráspol
Tiraspol Coat-of-Arms.gif

n/d
Linguas oficiais
Ruso1


Romanés
Moldavo2


Ucraíno

Forma de goberno República presidencialista
Yevgeny Shevchuk
Pyotr Stepanov
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecida
de Moldavia
2 de septembro de 1990
Recoñecida unicamente por tres estados non membros da ONU3
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

4163 km²
2,35
n/d km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade

518.700 (2010)[2]
124,6 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2009)
 • PIB per cápita

$ 960,9 millóns[3]
$ 1830,2
IDH n/d
Moeda Rublo de Transnistria4
Xentilicio transnistrio/a
Fuso horario
 • en verán
EET (UTC+2)
EEST (UTC+3)
Dominio de Internet Ningún5
Prefixo telefónico +373, +373 5, +373 2
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d

1 O ruso é o principal idioma oficial e a lingua vehicular.
2 Lingüisticamente igual ao romanés.
3 Só Abjasia, Osetia do Sur e Nagorno-Karabakh recoñeceron a súa independencia.
4 O leu moldavo utilízase nas localidades que están baixo o control moldavo e na zona de seguridade.
5 En ocasións utilízase .ru e .md

Tódolos países do mundo
Rexións do antigo Principado de Moldavia repartidas nos estados modernos.
O edificio lexislativo en Tiráspol cunha estatua de Lenin diante do mesmo.
Casa do Concello en Tiráspol.

Transnistria (nalgúns casos escrito como "Transdniéster", "Transdniestria" ou "Cisdniéster") é un territorio separatista de Moldavia situadoado principalmente entre o río Dnister e a fronteira oriental da República de Moldavia con Ucraína. Desde a súa declaración de independencia en 1990 e, especialmente despois da Guerra de Transnistria en 1992, é gobernada como a República Moldava Pridnestroviana (RMP), tamén coñecida como "Pridnestrovia"), un Estado non recoñecido que reclama o territorio ao leste do río Dnister, a cidade de Bender e as súas localidades circundantes situadas na beira oeste deste río. A República de Moldavia non recoñece a secesión e considera que os territorios controlados poa RMP son parte da rexión autónoma moldava de Stînga Nistrului (literalmente, "a ribeira esquerda do Dnister>"),[4] [5] [6] oficialmente denominada Unidade Territorial Autónoma Transistria, cun status xurídico especial.[7]

Tras da disolución da Unión Soviética, as tensións entre o goberno de Moldavia e as autoridades do Estado separatista en Tiráspol culminaron nunha conflito militar que comezou en marzo de 1992 e concluíu por un alto eo fogo en xullo de 1992. Como parte deste acordo, unha Comisión de Control Conxunta tripartita (Rusia, Moldavia e Transnistria) supervisou as medidas de seguridade na zona desmilitarizada, comprendendo 20 localidades a ambos os lados do río. Pero aínda que se mantivoo o alto ao fogo, o status político do territorio continúa sen resolverse: aínda que Transnistria non é internacionalmente recoñecida, é de feito un Estado independente,[8] [9] [10] [11] organizado como unha República presidencialista, co seu propio Gobern, Parlamento, exército, policía, sistema postal e moeda. As súas autoridades tamén adoptaron unha Constitución, bandeira, himno nacional e un escudo. Porén, tras un acordo entre Moldavia e Ucraína en 2005, todas as empresas de Transnistria que traten de exportar mercadorías a través da fronteira con Ucraína deben estar rexistradas en Moldavia.[12] Este acordo implementouse despois de que a Misión de asistencia fronteiriza da Unión Europea en Moldavia e Ucraína (EUBAM) iniciara a súa actividade en 2005.[13] A maioría dos transnistrios son cidadáns da República de Moldavia,[14] pero tamén hai moitos con cidadanía rusa e ucraína.

Transnistria é ás veces comparada con outras zonas de conflito postsoviéticas conxeladas, como Nagorno-Karabakh, Abjasia e Osetia do Sur (precisamente, os únicos estados que recoñecen a Transnistria.[15] [16] Os dous últimos, ademais de recoñeceren a Transnistria como un Estado independente, estableron relacións diplomáticas con ela a cambio do seu recoñecemento a través da Comunidade para a Democracia e os Dereitos das Nacións.[17]

Historia[editar | editar a fonte]

Na alta Idade Media a rexión estaba poboada polas tribos eslavas dos uliches e os tíveros e ás veces por nómades túrquicos como os pechenegos e os cumanos. Formou parte do Rus de Kiv en varias ocasións, e foi parte integrante da Union de Lublin. A zona pasou a estar baixo o control do Imperio otomán en 1504 e case tres séculos despois, en 1792, foi cedida ao Imperio ruso. Nese tempo, a poboación estaba composta maioritariamente por moldavos-rumanos e eslavos, existindo ademais unha poboación nómade tártara.

O final do século XVIII marcou a colonización rusa e ucraína da rexión, coa intención de defender o que naquel entón era a fronteira suroccidental do Imperio ruso.

Século XX[editar | editar a fonte]

Tras a Revolución rusa, a rexión formou parte do Territorio Moldavo Autónomo na República Socialista Soviética de Ucraína. A poboación moldavo-falante continuaba formando unha parte importante da poboación, e nas escolas impartíanse clases de lingua moldava (romanés).

Durante a Segunda Guerra Mundial foi anexionada á Romanía do Eixe. Entre decembro de 1941 e febreiro de 1942, en Transnistria foron asasinados polas tropas romanesas máis de 100 000 xudeus.

Desde o principio das hostilidades na fronte oriental, Romanía controlaba o territorio situado entre os ríos Dnister e Bug, chamado Transnistria. Durante meses os soldados romaneses participaron activamente na limpeza étnica sobre os civís xudeus organizada polas Waffen-SS. Pero coa evolución da guerra en contra dos intereses alemáns, os romaneses adoptaron unha posición menos comprometida.

Despois da Segunda Guerra Mundial, Transnistria incluiuse, xunto coa Besarabia, na República Socialista Soviética de Moldavia, mentres que a Besarabia meridional quedou incluída na República Socialista Soviética de Ucraína.

Na década de 1940, as autoridades soviéticas deportaron poboación romanesa de Transnistria cara a Siberia e Casaquistán, acusados colaboren co exército alemán e os seus aliados romaneses durante a guerra, sendo reemprazados por ucraínos e rusos. Á maioría dos romaneses permitíuselles retornar en 1950, durante o proceso de desestalinización.

Naquela época a maior parte das inatalacións industriais da República Socialista de Moldavia estaban situadas en Transnistria, mentres que o resto do país continuaba cunha economía baseada na agricultura. En 1990 o 40 % do PIB de Moldavia e o 90 % da súa produción eléctrica correspondían a Transnistria.

O 14º Exército soviético estivo acantoado alí desde 1956, e a súa presenza prolongose até despois da descomposición da Unión Soviética para controlar os arsenais de armas e munición creados en tempos soviéticos para posíbeis operacións no sueste de Europa en caso dunha Terceira Guerra Mundial. Rusia aínda está en negociacións con Transnistria e Ucraína co fin de obter dereito de tránsito para transportar o material militar.

A Guerra Civil[editar | editar a fonte]

En 1989, a República de Moldavia, cuxa capital é Chisinau - Kishinev, proclamou o moldavo como lingua oficial do país, e comezaron algunhas negociacións para a reunificación con Romanía. Os eslavos da ribeira oriental do río Dnister proclamaron a República Moldava do Transniéster (PMR, das súas siglas en ruso) o 2 de setembro de 1990, e estalou unha guerra civil en 1992 que causou aproximadamente 1 500 mortes. A guerra rematou tras o alto ao fogo negociado por representantes moldavos, transnistrios, rusos e ucraínos.

Á parte do acordo de alto ao fogo, oficializouse a presenza do 14º Exército ruso na zona. Os moldavos considérano un elemento supostamente non-neutral, cando non hostil; para os transnistrios é unha garantía de protección necesaria e xusta. Porén, o goberno moldavo non ten actualmente ningunha capacidade de control sobre a rexión.

A pesar que en 1994 chegouse a un acordo con Moldavia para a retirada das tropas rusas de Transnistria, aínda non foi ratificado pola Duma rusa, nin parece existir vontade rusa para cumplilo.

O 17 de decembro de 2006 celebrouse un referendo que ratificou, de facto, a independencia de Transnistria. A opción independentista colleitou o 97,2 % de votos.[18]

Crise de 2004[editar | editar a fonte]

A Autoridade Transnistria comezou a pechar colexios que usaban o idioma moldavo en grafías latinas, e varios profesores e pais que protestaron a medida foron detnidos. O goberno moldavo decidiu decretar un bloqueo para illar a zona rebelde do resto do país. Transnistria respondeu cunha serie de actos destinados a desestabilizar a situación económica en Moldavia: ao estar a maioría de plantas de enerxía construidas en Transnistria durante os tempos soviéticos, a crise xerou cortes de enerxía en varias zonas de Moldavia.

Actualmente a OSCE está negociando unha solución para a situación.

Estatus político[editar | editar a fonte]

Transnistria está recoñecida internacionalmente como unha parte da República de Moldavia, aínda que está controlada polo goberno separatista, que declarou a independencia en 1990. Unicamente a República de Abjasia, a Repúiblica de Osetia do Sur e a República de Nagorno-Karabakh (tres estados sen recoñecemento maioritario dentro da comunidade internacional) recoñecen a independencia de Transnistria.[19] [20]

Entre 300 000 e 400 000 cidadáns (a maioría da poboación) adquiriron pasaportes moldavos en 2007, xa que ningún Estado recoñece a documentación emitida polas autoridades de Transnistria.[21] Rusia abriuo un consulado en Tiráspol, contra a vontade de Moldavia.[22]

Política[editar | editar a fonte]

Transnistria continúa utilizando simboloxía soviética.

Transnistria ten un sistema multipartidista cun parlamento unicameral, chamado Consello Supremo de Transnistria, formado por 43 membros electos mediante representación proporcional. O presidente é elixido polo voto popular para un mandato de cinco anos.[23]

Igor Smirnov, ex funcionario da República Socialista Soviética de Moldavia, foi o xefe de Estado desde 1991 até 2011.[24] Nas eleccións celebradas o 10 de decembro de 2006, obtivo o 82,4 % dos votos.[25] Algúns observadores internacionais que supervisaron as eleccións declararon que os comicios foron libres e democráticos.[26]

O principal partido político é República, de tendencia fortemente nacionalista, sendo o único partido gobernou o país. As principais forzas de oposición son o Partido Comunista de Transnistria (de ideoloxía marxista-leninista) e Renovación (de tendencia conservadora).

A pesar de continuar utilizando simboloxía soviética, como a fouce e o martelo na bandeira e no escudo nacional, o goberno afirma non ser comunista, enfatizando que os dous principais partidos políticos móstranse favorábeis ao desenvolvemento dunha economía de mercado coa participación de empresas privadas.[27]

Yevgeny Shevchuk é o actual xefe de Estado, logo de obter o 38,5 % dos votos na primeira volta das eleccións celebradas o 11 de decembro de 2011 e o 73,8 % dos sufraxios na segunda volta o 25 de decembro.[28] Asumiu o cargo o 30 de decembro de 2011.

Dereitos humanos[editar | editar a fonte]

A situación dos dereitos humanos na rexión foi criticada por varios gobernos e organizacións internacionais. No seu informe anual correspondente a 2008, a organización conservadora estadounidense Freedom House cualificou a Transnistria como un territorio "non libre".[29]

De acordo co informe de 2006 presentado polo Departamento de Estado estadounidense, "o dereito dos cidadáns a cambiar de goberno foi restrinxido; as autoridades aplican a tortura, promoven arrestos e detencións ilegais, ademais de limitar a liberdade de expresión, a liberdade de prensa e impedir o rexistro de grupos relixiosos minoritarios"; Ademais, agrega que "a rexión é unha zona propicia para o tráfico de persoas", sinalando que "a homosexualidade é ilegal, e os gays e lesbianas están suxeitos á discriminación gobernamental e social".[30]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Río Dnister en Tiráspol.

Transnistria non ten saída ao mar, pero si ten fronteiras con Besarabia (é dicir, o resto de Moldavia) ao oeste (411 km) e con Ucraína (405 km) ao leste. Trátase dun estreito val que se estiende en dirección norte-sur ao longo da beira do río Dnister, que forma unha fronteira natural ao longo da súa maior parte, colindante co resto de Moldavia. Tiráspol, a capital e a cidade máis grande de Transnistria, ten ao redor de 160 000 habitantes.

O territorio controlado por Transnistria é na súa maioría (pero non totalmente) coincidente coa marxe esquerda (oriental) do río Dnister. Inclúe dez cidades e vilas, e 69 concellos, cun total de 147 entidades de poboación. Seis municipios da marxe esquerda (Cocieri, Molovata Noua, Corjova, Pirita, Coşniţa e Doroţcaia) mantivéronse baixo o control do goberno de Moldavia despois da Guerra de Transnistria en 1992, como parte do distrito de Dubăsari. Están situados ao norte e ao sur da cidad de Dubăsari, que á súa vez está baixo control de Transnistria. A vila de Roghi de Molovata Noua tamén está controlada por Tiráspol (Moldavia controla as outras nove das dez aldeas dos seis municipios).

Na ribeira oeste, a cidade de Bender e catro concellos (que teñen un total de seis aldeas) ao leste, sueste e sur, na beira oposta do río Dnister da cidade de Tiráspol (Proteagailovca, Gisca, Chiţcani e Cremenciug), son controlados polas autoridades del Transnistria.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 1989, a poboación era de 679 000 habitantes, incluíndo todas as localidades da zona de seguridade, incluso aquelas que se encontran baixo control moldavo. De acordo co censo de 2004, a poboación era de 555 347 habitantes, excluíndo as áreas baixo control moldavo.[31] [32]

De acordo con este censo, o principal grupo étnico é o moldavo (ao que pertene o 31,9 % da poboación), seguido do ruso (cun 30,4 %) e o ucraníno (co 28,8 %). Existen grupos menores de búlgaros, polacos, alemáns, xudeus, gagauzos, bielorrusos e outros, que conforman o 8,9 % restante. Un 64,2 % da poboación pertence a algún grupo eslavo, como rusos, ucranínos, búlgaros, polacos ou bielorrusos.

Relixión[editar | editar a fonte]

As estatísticas oficiais mostran que o 91 % da poboación de Transnistria profesa o cristianismo ortodoxo oriental, ademais dun 4 % que pertence ao catolicismo romano.[33] Os católicos romanos encóntranse principalmente no norte de Transnistria, onde vive unha notábel minoría polaca.[34]

O goberno local apoiou a restauración e construción de novas iglesias ortodoxas. Afirma que na República hai liberdade de culto e das crenzas relixiosas, e que 114 congregacións están rexistradas oficialmente. Porén, en data tan recente como 2005, presentáronse supostamente obstáculos para o rexistro dalgúns grupos relixiosos, en particular as Testemuñas de Xehová.[35] En 2007, a estadounidense Christian Broadcasting Network denunciou a persecución de protestantes en Transnistria.[36]

Banco Central de Transnistria.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Transnistria é mixta. Durante a década de 1990 produciuse un proceso de privatización de empresas.[37] A economía baséase na industria pesada, xeración de enerxía eléctrica e manufacturas téxtiles. Estes tres sectores suman o 80 % do total da produción industrial.[38] O PNB situábase sobre os 420 millóns de dólares en 2005, segundo fontes propias.[39]

O Banco Central de Transnistria é o encargado da emisión da moeda local, o rublo de Transnistria, que é convertíbel segundo unha taxa de cambio flotante. Unicamente ten validez dentro deste territorio.[38]

Divisións administrativas de Transnistria[editar | editar a fonte]

Divisións administrativas de Transnistria.

Transnistria está dividida en cinco raions (departamentos ou distritos):

e unha municipalidade:

Ademais, Bender (Tighina; Бендéры), situada na ribeira occidental do Dnister (en Besarabia), xeograficamente fóra de Transnistria, non é oficialmente parte do territorio de Transnistria —tal como se define polas autoridades centrais— pero está controlada de facto polo goberno transnistrio, que a considera parte da súa organización administrativa.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Country facts
  2. "Население Приднестровья за полгода сократилось на 3,5 тыс. человек," Novy region 2, 2010-09-07. NR2.ru
  3. Доклад о социально-экономическом развитии ПМР в 2009 году
  4. CIA World factbook Moldova. territorial unit: Stinga Nistrului (Transnistria)
  5. Herd, Graeme P.; Jennifer D. P. Moroney (2003). Security Dynamics in the Former Soviet Bloc. ISBN 041529732X. 
  6. Zielonka, Jan (2001). Democratic Consolidation in Eastern Europe. ISBN 019924409X. 
  7. Закон № 173 от 22.07.2005 об основных положениях особого правового статуса населенных пунктов левобережья Днестра (Приднестровья)
  8. Jos Boonstra, Senior Researcher, Democratisation Programme, FRIDE. Moldova, Transnistria and European Democracy Policies, 2007
  9. Gerald Hinteregger, Hans-Georg Heinrich (editores), Russia — Continuity and Change, Hinteregger, Gerald; Heinrich Hans-Georg (2004). Russia — Continuity and Change. (editores). p. 174. ISBN 3211223916. 
  10. Rosenstiel, Francis; Edith Lejard, Jean Boutsavath, Jacques Martz (2002). Annuaire Europeen 2000/European Yearbook 2000. ISBN 9041118446. 
  11. Barry Bartmann, Tozun. Bahcheli (2004). De Facto States: The Quest for Sovereignty. ISBN 0714654760. 
  12. Misión de asistencia fronteiriza da Unión Europea en Moldavia e Ucraína (EUBAM), novembro de 2007 (en inglés)
  13. www.eubam.org
  14. Der n-tv Atlas. Die Welt hinter den Nachrichten. Bertelsmann Lexikon Institut. 2008. páxina 31
  15. OSCE: De Gucht Discusses Montenegro Referendum, Frozen Conflicts, GlobalSecurity.org, Radio Free Europe/Radio Liberty, May 2006
  16. Vladimir Socor, Frozen Conflicts in the Black Sea-South Caucasus Region, IASPS Policy Briefings, 1 de marzo de 2004
  17. "Абхазия, Южная Осетия и Приднестровье признали независимость друг друга и призвали всех к этому же". http://www.newsru.com/russia/17nov2006/aup.html. 
  18. Transnistria anuncia el resultado final del referendum
  19. Georgia: Russia moves to recognize South Ossetia, Abkhazia (en inglés).
  20. In detail: The foreign policy of Pridnestrovie
  21. Nearly 400 thousand transnistrians have Moldovan passports (en inglés)
  22. THE EASTERN CHALLENGE: IS TRANSNISTRIA THE KEY TO THE CAUCASUS? (en inglés)
  23. Parliament of the Pridnestrovian Moldavian Republic (en inglés)
  24. Sanctions against Transnistria (Republic of Moldova)
  25. Transdnestr: Opposition presidential contender Safonov insists protest voting was higher (en inglés)
  26. http://pridnestrovie.net/observers.html (en inglés)
  27. FAQ, Moldova/Pridnestrovie relations
  28. [http://en.wikipedia.org/wiki/Transnistrian_presidential_election,_2011
  29. Freedom House: Country Report (en inglés)
  30. Country Reports on Human Rights Practices (en inglés)
  31. Datos oficiais do censo de 1989 (en ruso), por Olvia Press
  32. 2004 Census: PMR urban, multilingual, multicultural (en inglés)
  33. http://www.unhcr.org/refworld/country,,,COUNTRYPROF,RUS,,4954ce57c,0.html
  34. http://ceumonitor.group.googlepages.com/Transnistria_ethnicity.jpg/Transnistria_ethnicity-full.jpg
  35. http://www.state.gov/g/drl/rls/irf/2005/51569.htm
  36. http://www.cbn.com/cbnnews/133101.aspx
  37. Moldova: Regional tensions over Transdniestria (en inglés)
  38. 38,0 38,1 Money: Pridnestrovie's own currency (en inglés)
  39. Transnistria announces GDP forecast (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Transnistria

Documentos[editar | editar a fonte]

Información desde Transnistria[editar | editar a fonte]

Outras[editar | editar a fonte]