Baeza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Baeza.

Baeza é unha vila andaluza pertencente á provincia de Jaén. En 2008 tiña 16.197 habitantes. É coñecida polo seu legado monumental, sendo declarada, xunto a Úbeda, cidade Patrimonio da humanidade pola Unesco e ser unha das tres sedes da Universidade Internacional de Andalucía.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Coñecida no romancero popular como Nido Real de Gavilanes, foi un punto crave na conquista de Al-Andalus polos reis cristiáns, ao servir de atalaia sobre o río Guadalquivir. A súa posesión asegurou as costas castelás e a ameaza para os reinos que estaban na ribeira esquerda do Gran Río.

Tanta importancia tivo a súa conquista, (1227), que o rei Fernando III decide que a partir dese momento a bandeira real, que logo sería a española, teña sobre si a aspa ou cruz de San Andrés, pois atribúe ao apóstolo e á súa intercesión a milagrosa conquista. E durante séculos, ata Carlos III, será o símbolo distintivo das bandeiras españolas, e aínda hoxe o rei Juan Carlos apoia todo o seu escudo na Cruz de San Andrés, en cuxa festividade, 30 de novembro se conquistara a cidade de Baeza. Tres séculos despois a raíña Isabel I, medorenta de que a nobreza lle discutise o seu poder, mandou derrubar o seu Alcázar, do que só queda algún resto.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baeza