Porco
| Porco | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Sus domesticus | ||||||||||||
O porco (tamén coñecido como cocho ou marrán) é un mamífero tipicamente doméstico, de nome científico Sus scrofa, aínda que algúns autores danlle o nome de Sus domesticus (ou Sus scrofa domesticus) para o diferenciar do porco bravo ou xabarín, ao cal se lle atribúe o nome de Sus scrofa.
Índice |
[editar] Historia
O porco domesticouse hai uns 5.000 anos. Paradoxalmente, o porco chegou a Europa dende Turquía, lugar onde este animal non aparece na gastronomía tradicional debido a ser agora un país islámico e esa relixión prohibe o consumo deste mamífero.
Aínda que o porco é doméstico e non existe salvaxe na natureza, si existen porcos asilvestrados, que adoitan causar estragos nos cultivos.
O porco críase pola súa carne, directamente ou transformada en embutidos ou outros produtos cárnicos. Entre outros, do porco saen o lacón, o xamón, o touciño ou o chourizo. Tamén se cría para obter un coiro suave e para facer as cerdas dos cepillos.
En Galicia, a crianza do porco goza de gran tradición. Isto demóstrase na popular matanza do porco de San Martiño ou a fama de xamóns coma o de Lalín ou o da Cañiza[1].
[editar] Terminoloxía
Entre outros nomes para porco en galego temos o de cocho ou marrán. Dependendo da idade, poden recibir tamén os seguintes nomes:
- bácoro ou bacoriño
- leitón
- rancho
- marrote
O porco macho adulto denomínase verrón, cacheiro ou cachaceiro. Se se dedica a cubri-las femias, porco da semente, porco colludo e porco pai.
[editar] Razas de porco doméstico
- Véxase tamén: Lista de razas de porcino.
[editar] Porco celta
A raza de porco celta é unha variedade que até comezos do século XX era a maioritaria en Galiza. Despois de estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, en 1999 púxose en marcha a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta. O apoio público coa creación dun rexistro da raza e a difusión das cualidades deste animal está a favorecer o rexurdimento da cabana maioritaria en Galiza, antes de se ver desprazada por novas razas que ofrecían un maior crecemento.
[editar] Outras razas
[editar] O porco na cultura popular
O porco e os seus produtos constitúen un importante elemento na gastronomía galega. Así, non pode estrañar que estea presente en numerosas festas gastronómicas repartidas por toda Galicia:
- Festa do Lacón: a mediados do mes de xullo, en Silleda (Pontevedra).
- Festa do Porquiño á Brasa: último domingo de agosto, en Amil (Pontevedra).
- Festa do Porquiño á Brasa: 16 de novembro, en Vilaxoán (Vilagarcía, Pontevedra).
[editar] Galería de imaxes
[editar] Notas
- ↑ Refraneiro popular: Para porcos, na Cañiza.