Reino de Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regne de València
Reino de Valencia

1239–1707
Bandeira Escudo
Himno: Himne del Regne de València
Extensión e estrutura do Reino de Valencia.
Capital Valencia
Lingua Catalán/Valenciano
Goberno Monarquía
Lexislatura Cortes de Valencia
Historia
 • Establecido 1239
 • Disolución 1707
Moeda Diner

O Reino de Valencia (en valenciano: Regne de València) é o antigo reino pertencente á Coroa de Aragón que abranguía grande parte das actuais terras valencianas. Hoxe en día o Rei de España continúa ostentando o título de Rei de Valencia.

Tecnicamente, o reino existiu mentres estiveron en vigor os Furs de València, a partir do 1238 ou 1239 até os Decretos de Nueva Planta no 1707. Así mesmo, este nome vaise utilizar até o século XIX. De feito algunhas vilas da Cuenca e de Toledo, aínda din bajar al Reino, referíndose ao País Valenciano. Tamén utilizase a miúdo nalgunhas tradicións, como por exemplo a Cabalgata do Reino nas festas das Fallas.

Formación[editar | editar a fonte]

A conquista[editar | editar a fonte]

Fases da conquista do Reino de Valencia até o actual País Valenciano
Pintura mural no castelo de Alcanyís que representa a entrada de Jaume I de Aragón en Valencia en 1238

Nas Cortes de Tortosa de 1225, o rei Xaime I acordou coa súa nobreza a necesidade de expansión cara as terras do sur, nese momento dominadas polos febles gobernantes árabes. O proceso de Reconquista vai comezar co grande fracaso do asedio sobre Peníscola ao non contar coa la presencia militar aragonesa.

Conquistadas as Illas Baleares, os esforzos militares de Jaume I diríxense de novo cara os territorios islámicos do sur. No ano 1233 planificouse a campaña de Alcañiz, desenvolvida en tres etapas:

  • A primeira dirixida ás terras do litoral norte, coa captura de Borriana no ano 1233 e outros enclaves, por exemplo Peníscola.
  • A segunda abrangue a zona central coa conquista de Valencia (1238) e as terras chas até o río Xúcar, para facelo as cortes xerais de Montsó de 1236 concederon a axuda necesaria e o papa Gregorio IX deu á empresa o carácter de cruzada. Puig tomouse en agosto de 1237, co fracaso dunha escuadra enviada polo rei de Tunes en auxilio de Valencia. As capitulacións asináronse o 28 de setembro e o rei entrou na cidade o 9 de outubro.
  • A terceira fase abrangue dende 1243 até 1245 e chega até os límites estipulados para a conquista entre Aragón e Castela no Tratado de Almizra no ano 1244, asinado entre Jaume I e o infante Afonso de Castela para delimitar as áreas de reconquista das Coroas de Castela e Aragón. As terras ao sur da liña Biar-Busot-La Vila Joiosa quedaron reservadas para Castela. Posteriormente, os territorios do Reino de Murcia situados ao norte da beira do Segura son incorporadas ao reino de Valencia por Xaime II trala Sentenza Arbitral de Torrelles (1304) e Elx (1305).

A creación do Reino[editar | editar a fonte]

A nobreza aragonesa consideraba as terras conqueridas en Valencia como unha prolongación dos seus señoríos. Xaime I, porén, tiña un estilo político extratemporal que na actualidade se podería nomear coma federalismo, tal como se demostrou coa estabelecemento da Cancellaria de Barcelona, e unhas cortes propias para cada reino, cousa que permitiu a creación dunha consciencia diferenciadora de cada territorio durante o seu reinado. Así, converteu Valencia nun reino propio (1239), formando unha entidade política, xurídica e económica propia expresada nos Furs de Valencia, as Cortes Valencianas, moeda propia, e unida dinasticamente á Coroa de Aragón, feito que vai provocar a irada reacción da nobreza aragonesa. Para contrarrestar a nobreza insubordinada, o Rei vai favorecer decididamente aos municipios e a burguesía, e posteriormente outorgou á Cidade de Valencia unha ordenación política e administrativa: o costum, de carácter municipal, que vai ser revisada no ano 1251. Os Foris et consuetudines Valentiae foron confirmados polo rei no ano 1271 e vanse estender por todo o reino a pesares da oposición da nobreza aragonesa, desexosa de manter a súa lexislación, cousa que vai xerar unha pugna foral non resolta até o 1329 co trunfo dos foros valencianos.

A repoboación[editar | editar a fonte]

O reino foi repoboado por cataláns e aragoneses, aínda que a poboación musulmá continuou sendo maioritaria até o século XVI, cando aínda era un terzo da poboación. Se antes a lei islámica discriminara cristiáns e xudeus antes da reconquista, a falta de respecto por parte dos cristiáns cara aos pactos e as capitulacións asinadas cos mudéxares na presa de Valencia, en que había o compromiso de protexer as riquezas dos musulmáns, as súas crenzas, a súa lingua, a súa lexislación, entre outros, levaron a constantes tensións sociais. No ano 1251, para aplacar as tensións Jaume I ocupou a cidade de Xàtiva promulgando un edito o 22 de setembro con condicións de rendicións suaves para os musulmáns, equivalentes ás asinadas en Valencia. De xeito contraproducente, o papa Clemente IV facía presión infrutuosamente a Jaume I para que borrase toda presenza islámica no seu reino, coñecedor das súas profundas conviccións relixiosas, por restaurar o carácter cristián das terras. Non van volver saír dado que os musulmáns eran unha importante capa social traballadora difícil de substituír.

Revoltas mudéxares[editar | editar a fonte]

Os mudéxares, habitantes musulmáns do reino de Valencia, protagonizaron tres revoltas que puxeron en grave perigo o novo reino, todas elas lideradas polo cabdil Al-Azraq. Na primeira delas (1244), e coa axuda de Castela, chegaronse a independizar do reino os territorios ao sur do Xúcar. Na segunda (1248-1258), Al-Azraq estivo a piques de matar a Jaume I nunha emboscada, pero finalmente as tropas da confederación aragonesa recuperaron, sen demasiada resistencia, tódalas prazas perdidas. Al-Azraq foi capturado e desterrado do reino. Finalmente, a terceira revolta (1276), estendeuse por tódalas comarcas do sur do antigo reino de Valencia. Al-Azraq foi asasinado nesta revolta, pero o seu fillo continuou liderándoa.

Política contemporánea[editar | editar a fonte]

A pesares dos Decretos de Nueva Planta (1707), o nome "Reino de València" continuouse utilizando para referirse ao territorio valenciano, por exemplo nas Cortes de Cádiz. Coa división provincial española, no 1833, a palabra acabou desaparecendo, substituído polo de "Rexión Valenciana" para o conxunto das tres provincias. Coa transición española o movemento blaveiro quixo recuperar o termo "Reino de València", para denominar así a actual Comunidade Valenciana. É isto, fundamentalmente, o que xerou unha forte critica sobre este termo. Na actualidade, en terminoloxía académica utilízase o termo "Reino de Valencia" para referirse unicamente ao período 1238-1707.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]