Suevos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Algunhas das tribos en Xermania durante o Imperio Romano. As tribos suevas e hermiónicas están en maxenta.

Os suevos foron un grupo de pobos xermánicos mencionados por vez primeira por Xulio César en relación coa campaña de Ariovisto na Galia, c. -58.[1] Mentres que César os considerou como unha única tribo xermánica, numerosa e belicosa, autores posteriores como Tácito, Plinio e Estrabón especifican que os suevos "non constitúen, como os Chatti ou Tencteri, unha soa nación. Actualmente ocupan máis da metade de Xermania, e están divididos en varias tribos con distintos nomes, malia que todos son chamados de xeito xeral como suevos".[2] "Outrora, a etnografía clásica aplicou o termo "suevo" a tantas tribos xermánicas que se cre que nos primeiros séculos despois de Cristo ben puidera ser un substituto de "xermanos"."[3]

Os autores clásicos consideraron que os suevos, en comparanza con outras tribos xermánicas, eran moi móbiles e non moi dependentes da agricultura.[4] Varios grupos de suevos trasladáronse dende o Mar Báltico e o río Elba, converténdose nunha ameaza ó Imperio Romano nas fronteiras dos ríos Rin e Danubio. Cara a fina do imperio, os alamáns, un grupo de tribos suevas, asentáronse nos Campos Decumanos e posteriormente cruzaron o Rin e ocuparon a rexión de Alsacia. Un reduto deles ficou na rexión hoxe chamada Swabia, unha área do suroeste de Alemaña cuxo nome moderno procede dos suevos. Outros movéronse cara a Gallaecia e estabeleceron o Reino Suevo de Galicia, que durou 170 anos antes de ser integrado no Reino Visigodo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Estatua de bronce romana dun xermano axeonllado, co peiteado con forma de "nó suevo" (50–150 AD)

Os etimólogos identificaron o nome como procedente do protoxermánico, *swēbaz, baseado na raíz *swē-, que significa "o propio" pobo, ou no pronome reflexivo de terceira persoa;[5] ou tamén pode proceder da raíz protoindoeuropea *swe-.[6] As fontes etimolóxicas listan os seguintes nomes étnicos como procedentes da mesma raíz: Suiones, Semnones, Samnitas, Sabelli, Sabinos, que indican a posibilidade dun nome étnico indoeuopeo antigo, "a nosa propia xente".

Historia[editar | editar a fonte]

Territorio poboado polos suevos no ano 125 en tempos do emperador Hadriano.
A Península Ibérica por volta do ano 560.
Reino suevo

Nas súas migracións, os suevos dirixíronse cara ao sur e o oeste, quedando un tempo na área da Alemaña moderna. Aínda existe unha rexión alemá chamada Suabia (Schwaben) que vén equivaler ao antigo reino de Württemberg no moderno estado de Baden-Württemberg e a zona sudoccidental de Baviera, con centro en Ulm. Nesta época, varias tribos separáronse do grupo central dos suevos para formar os alamáns, de onde, a través do francés, nos chega o nome de Alemaña.

Os primeiros contactos coñecidos entre os suevos e os romanos datan do século I a.C., na Guerra das Galias Ariovisto enfrontouse con César, e posteriormente estableceron relacións comerciais que se traduciron nunha certa romanización.

Aproveitando a conxelación das augas do Rin, o 31 de decembro do 406 os suevos xunto a alanos e vándalos atravesaron o limes que separaba os pobos xermánicos do Imperio Romano. Non está clara a razón para traspasar o límite, pero probablemente a presión demográfica unida ós problemas internos que viña atravesando o Imperio, aumentado coa falta de soldados que vixiasen a fronteira cos que contaba Estilicón, o encargado de defender o imperio dos xermanos e á desconfianza que deste tiña o emperador Honorio.

Tras permanecer un tempo na Galia, os suevos establecéronse na Gallaecia cara o ano 409. Debido ao seu escaso número (entre as vinte mil e as trinta e cinco mil persoas) estiveron agrupados. O seu réxime de goberno era a monarquía. Os reis suevos esténdense desde Hermerico no ano 409 ata Andeca, que no ano 585 foi derrotado polo rei visigodo Leovixildo.

Da súa estanciana Gallaecia quedan palabras de orixe sueva en lingua galega e lingua portuguesa, como o termo lawerka, que deu laverca (en alemán Lerche).

Reis suevos de Gallaecia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista de reis suevos.

Os visigodos conquistaron aos suevos no 585.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Menzel, Wolfgang; Mrs. George Horrocks (Translator); Edgar Saltus (Supplementary Chapter) (MDCCCXCIX). Germany from the Earliest Period: Volume I. Nova York: Peter Fenelon Collier. p. 89. 
  2. Tácito Germania sección 8, tradución de H. Mattingly.
  3. «Germanic Tribes». Late Antiquity. Harvard University Press. 1999. p. 467. ISBN 9780674511736. 
  4. "Caes. Gal. 4.1". Perseus.tufts.edu. http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus:text:1999.02.0001:book=4:chapter=1&highlight=suevi. Consultado o 1 de maio de 2014.
  5. "Swābaharjaz" (PDF). Lexikon över urnordiska personnamn. Institutet för språk och folkminnen, Sweden. p. 16. http://www.sofi.se/images/NA/pdf/urnord.pdf. Consultado o 11 de outubro de 2007.; para un significado alternativo como "libre, independente", véxase "Swabia, Sweden". Placenames of the World: Origins and Meanings of the Names for 6,600 Countries, Cities, Territories, Natural Features and Historic Sites: Second Edition. Jefferson, Carolina do Norte e Londres: McFarland & Company, Inc., Publishers. 2006. pp. 363, 364. ISBN 0786422483.
  6. Pokorny, Julius. "Root/Lemma se-". Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch. Indo-European Etymological Dictionary (IEED), Department of Comparative Indo-European Linguistics, Leiden University. pp. pages 882–884. http://www.indoeuropean.nl/cgi-bin/startq.cgi?flags=endnnnl&root=leiden&basename=%5Cdata%5Cie%5Cpokorny. (German language text); locate by searching the page number.Köbler, Gerhard (2000). "*se-" (PDF). Indogermanisches Wörterbuch: 3. Auflage. p. page 188. http://www.koeblergerhard.de/germanistischewoerterbuecher/indogermanischeswoerterbuch/idgS.pdf. (German language text); the etymology in English is in Watkins, Calvert (2000). "s(w)e-". Appendix I: Indo-European Roots. The American Heritage Dictionary of the English Language: Fourth Edition. http://www.bartleby.com/61/roots/IE509.html. Some related English words are sibling, sister, swain, self.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suevos Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]