Cefditoren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cefditoren
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Cefditoren é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. Está formulado coma cefditoren-pivoxilo. Na parede intestinal, esta molécula é hidrolizada en cefditoren e pivolato, que se elimina por vía renal en forma de pivolato de carnitina[1].

Foi comercializado baixo os nomes de Meiact e Spectracef.

Espectro de acción[editar | editar a fonte]

Cefditoren presenta actividade fronte microorganismos grampositivos (Staphylococcus aureus, Streptococcus pneumoniae e Streptococcus pyogenes) e gramnegativas (Haemophilus influenzae, Haemophilus parainfluenzae e Moraxella catarrhalis. Tamén presenta actividade, aínda que máis discreta fronte a Neisseria e diversos tipos de enterobacteriáceas (Shigella, Serratia, Citrobacter e Enterobacter). Non ten actividade fronte a Enterococcus, Pseudomonas aeruginosa nin Bacteroides.

Dosificación[editar | editar a fonte]

A dose estándar é de 200 ou 400 miligramos cada 12 horas. Soamente existe formulación oral. A dose debe ser axustada en poboación pediátrica e insuficiencia renal.

Embarazo e lactación[editar | editar a fonte]

Cefditoren está catalogado coma categoría B da FDA. Poden detectarse trazas de cefditoreno no leite materno en mulleres que reciben o medicamento polo que se debe ser prudente no seu emprego[2].

Interaccións con outros fármacos[editar | editar a fonte]

Non debe ser administrado en pacientes con déficit primario de carnitina nin aos alérxicos ás proteínas do leite, por que a formulación contén caseinato sódico. A administración conxunta con inhibidor da bomba de protóns ou antiácidos reduce a absorción gástrica.

Efectos secundarios[editar | editar a fonte]

Están descritas molestias gastrointestinais, fundamentalmente diarrea. Tamén cefalea, eosinofilia, elevación de transaminases e vaxinite por Candida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155. 
  2. "Ficha técnica de "cefditoren" da FDA" (PDF). Consultado o 12 setembro 2018.