Provincia de Valladolid
| Capital | Valladolid |
| Área | 8.110 km² |
| Poboación | 533.640 hab. (2010) |
| Densidade | 65,80 hab./km² |
| Concellos | 225 |
| Xentilicio | Vallisoletano/a |
A provincia de Valladolid está situada na Comunidade Autónoma de Castela e León, con capital na cidade homónima. Ten unha poboación de 513.712 habitantes (2005), repartidos entre 255 concellos, que abranxen unha superfície de 8.202 km². Limita ao norte co provincia de Palencia, polo leste con Burgos, polo suleste con Segovia, polo suroeste con Salamanca, polo oeste con Zamora, e polo noroeste con León.
A provincia de Valladolid posúe un pequeno enclave, Roales, entre a linde das provincias de León e Zamora.
Xeografía [editar]
Sita na Meseta Norte, a provincia caracterízase polo seu terreo chairo, con elevacións de escasa importancia, O seu clima é de tipo mediterráneo continentalizado, con invernos secos e fríos, e veranos calorosos. O nivel das precipitacións é de tipo mediterráneo.
A rede hidrográfica está dominada polo río Douro e os seus afluentes.
Comarcas de Valladolid [editar]
Na provincia de Valladolid existen 8 comarcas históricas:
- Tierra de Campos
- Páramos del Esgueva
- Tierra de Pinares
- Campo de Peñafiel
- Campiña del Pisuerga
- Tierra del Pan
- Tierra del Vino (Valladolid) (existe outra "Tierra del Vino" en Zamora)
- Tierra de Medina
|
|||||||